Kassym-Jomart Tokayev
Kassym-Jomart Kemelyevich Tokayev (casaco: Қасым-Жомарт Кемелұлы Тоқаев, ruso: Касым-Жомарт Кемелевич Токаев), nado en Almati o 17 de maio de 1953, é un político e diplomático casaco, actual Presidente de Casaquistán.
Accedeu ao cargo o 20 de marzo de 2019, sucedendo a Nursultan Nazarbayev, primeiro presidente do país, que dimitiu o día anterior despois de 29 anos no cargo.[1][2][3] Foi Presidente do Senado de Casaquistán de 2007 a 2011[4] e de 2013 a 2019. Tokayev exerceu como Primeiro Ministro de Casaquistán de 1999 a 2002 e como director xeral da Oficina de Nacións Unidas en Xenebra de 2011 a 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kassym-Jomart Tokayev naceu o 17 de maio de 1953 en Alma-Ata (hoxe Almati), naquel momento capital da República Socialista Soviética de Casaquistán. O seu pai, Kemel Tokayev (1923–1986), era un veterano da segunda guerra mundial e un coñecido escritor casaco. A súa nai, Turar Shabarbayeva (1931–2000), traballaba no Instituto de Linguas Estranxeiras de Almati.
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1970, Tokayev uniuse ao Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova. No seu quinto ano, foi enviado a cursos de adestramento na embaixada soviética en China durante seis meses. Despois da graduación do Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova en 1975, Tokayev uniuse ao Ministerio de Relacións Exteriores da Unión Soviética e foi enviado á Embaixada soviética en Singapur. En 1979, regresou ao Ministerio de Relacións Exteriores da URSS. En 1983, foi a China para recibir cursos na Universidade de Lingua e Cultura de Pequín. En 1984–1985, serviu no Ministerio de Relacións Exteriores. Foi entón destinado á embaixada soviética en Pequín onde estivo até 1991 como Segundo Secretario, Primeiro Secretario, e Asesor. En 1991, matriculouse na Academia de Diplomacia do Ministerio de Relacións Exteriores da URSS en Moscova nun curso de adestramento para diplomáticos maiores.
Política doméstica
[editar | editar a fonte]En 1992, Tokayev foi nomeado viceministro de Asuntos Exteriores da República de Casaquistán. En 1993, converteuse en primeiro viceministro de Asuntos Exteriores e en 1994 foi nomeado Ministro de Asuntos Exteriores. En marzo de 1999, foi nomeado Viceprimeiro ministro. En outubro de 1999, co apoio do Parlamento, foi nomeado Primeiro Ministro por Decreto do Presidente da República de Casaquistán. En xaneiro de 2002, dimitiu e foi nomeado Secretario de Estado (Ministro de Asuntos Exteriores). Tokayev continuou nese posto até xaneiro de 2007 cando foi elixido Presidente do Senado de Casaquistán.
Ministerio de Asuntos Exteriores
[editar | editar a fonte]Tokayev ostentou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores durante dez anos (1994–1999, 2002–2007).
Neste cargo, Tokayev xogou un papel activo no campo da non-proliferación nuclear. En 1995 e 2005, participou nas Conferencias de Revisión para o Tratado de Non-Proliferación das Armas Nucleares en Nova York. En 1996, asinou o Tratado de Prohibición Completa dos Ensaios Nucleares en Nova York, e en 2005 o Tratado por unha Zona LIbre de Armas Nucleares en Asia Central en Semei. Foi elixido Presidente do Consello de Ministros de Asuntos Exteriores da Comunidade de Estados Independentes e da Organización de Cooperación de Shanghai. Participou en dez sesións da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Ostentou o rango diplomático de Embaixador Extraordinario e Plenipotenicario.
Como Presidente do Senado do Parlamento de Casaquistán, Tokayev foi elixido en 2008 Vicepresidente da Asemblea Parlamentaria da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE). A súa visión sobre o sistema político de Casaquistán: "Presidente forte, parlamento con autoridade, goberno responsábel", declarou na conferencia parlamentaria en Astana.
Director xeral da Oficina da ONU en Xenebra
[editar | editar a fonte]En marzo de 2011, o Secretario xeral das Nacións Unidas anunciou o nomeamento de Tokayev como subsecretario xeral e director xeral da Oficina das Nacións Unidas en Xenebra e representante persoal do Secretario Xeral de Nacións Unidas na Conferencia de Desarme. Exerceu como Secretario Xeral da Conferencia de Desarme. Foi tamén o oficial designado para a seguridade do persoal da ONU para Suíza.
Tokayev ten un doutoramento en Ciencias Políticas. É autor de nove libros e numerosos artigos en asuntos internacionais. É Socio da Academia Mundial da Arte e a Ciencia, membro do Taboleiro de Persoas Eminentes na Conferencia de Seguridade de Múnic, profesor honorífico da Universidade de Shenzhen, profesor honorífico e doutor da Academia de Diplomacia do Ministerio de Relacións Exteriores da Federación Rusa, así como membro do seu Taboleiro de Honra. É tamén decano honorífico da Escola de Diplomacia e Relacións Internacionais de Xenebra. Como director xeral da UNOG, recibiu o premio "Academicus" da Universidade de Xenebra. Segundo a Institución Biográfica Rusa, Tokayev foi admitido como "Persoa do ano 2018".
Presidencia
[editar | editar a fonte]O 19 de marzo de 2019, o presidente de Casaquistán Nursultan Nazarbayev anunciou a súa dimisión.[5] Segundo a Constitución de Casaquistán, nese caso, o Portavoz do Senado pasa a ser Presidente até as seguintes eleccións.[6] O 20 de marzo de 2019, Kassym-Jomart Tokayev oficialmente tomou posesión como Presidente de Casaquistán.[2][7]
Inmediatamente despois da toma, Tokayev propuxo rebautizar a capital de Casaquistán co nome do seu predecesor, e ese mesmo día o Parlamento de Casaquistán aprobou o rebautizado de Astana a Nur-Sultan.[8][9]
O presidente ruso Vladimir Putin foi un dos primeiros dirixentes estranxeiros en felicitar a Tokayev, convidándoo a visitar Moscova nunha conversación telefónica conxunta con el e Nazarbayev.[10] O goberno chinés tamén describiu a Tokayev como un "vello e bo amigo".[11]
No seu primeiro mes no cargo, reuniuse con catro líderes mundiais, dous deles no estranxeiro e os outros dous en Nur-Sultan. Dúas semanas despois de tomar posesión, Tokayev visitou Moscova na súa primeira visita oficial ao estranxeiro o 4 de abril, onde se reuniu con Putin e outros oficiais rusos.[12] Durante a visita, Putin ofreceu asistencia rusa a Tokayev na construción dunha central nuclear no país.[13] O 14 de abril, Tokayev visitou a veciña Uzbekistan para reunirse co presidente Shavkat Mirziyoyev.[14] Tamén recibiu ao presidente surcoreano Moon Jae In e ao primeiro ministro húngaro Viktor Orban durante o mes de abril.
O 9 de abril de 2019, Tokayev anunciou eleccións anticipadas para xuño de 2019.[15] O 23 de abril, Tokayev converteuse en candidato presidencial tras o seu nomeamento polo partido Nur Otan.[16][17] Os días 16-17 de maio, Tokayev recibiu aos dirixentes estranxeiros Armen Sarkissian e Mamuka Bakhtadze na capital durante o 12º Foro Económico de Astana, do que a primeira edición foi organizada polo seu predecesor, Nazarbayev.[18] Tamén recibiu aos líderes rexionais de Rusia, Kirguizistán, Belarús, Taxiquistán, Armenia e Moldova para o cumio da Unión Económica Euroasática e do Consello Económico Euroasiático do 29 de maio.
Durante a campaña, Tokayev foi criticado nas redes sociais polo seu uso de software de manipulación de fotos para borrar engurras das fotos oficiais.[19] Tokayev foi elixido presidente de Casaquistán o 9 de xuño co 71% dos votos.[20] Foi felicitado por xefes de estado estranxeiros como Xi Jinping, Ilham Aliyev,[21] Recep Tayyip Erdogan,[22] Emomalii Rahmon ou Sooronbay Jeenbekov.
Viaxes internacionais como Presidente
[editar | editar a fonte]Data | País | Cidade | Tipo de visita |
---|---|---|---|
4 de abril de 2019 | Rusia | Moscova | Visita de Estado |
14 de abril de 2019 | Uzbekistán | Tashkent | Visita de Estado |
14 de xuño de 2019 | Kirguizistán | Bixkek | Visita de traballo[23] |
15 de xuño de 2019 | Taxiquistán | Dushanbe | Visita de traballo[24] |
11 de setembro de 2019 | China | Pequín e Hangzhou | Visita de Estado[25] |
23 de setembro de 2019 | Estados Unidos | Nova York | Visita de traballo[26] |
1 de outubro de 2019 | Armenia | Iereván | Visita de traballo[27] |
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- Orde da Aguia de Ouro (2019)
- Orde de Otan (2014)
- Orde de Nazarbayev (2004)[28]
- Orde de Parasat (1996)[29]
- Medalla Astana
- Medalla "25 anos de independencia da República de Casaquistán"
- Medalla "10 anos de Independencia da República de Casaquistán"
- Medalla "10 anos ao Parlamento da República de Casaquistán"
- Orde da Honra (Rusia, 2017)[30]
- Orde de Amizade (Rusia, 2004)
- Orde do Príncipe Yaroslav o Sabio, Grao III (Ucraína, 2008)[31]
- Orde da Comunidade (Comunidade de Estados Independentes, 2007)
- Orda da Bandeira Serbia, 1.ª Clase (2016)[32]
- Medalla do Xubileu "20 Anos do Consello da Federación"[33]
- Medalla da Árbore da Amizade (CIS, 2003)[34]
- Diploma do CIS[35]
- Medalla "10 anos de Astana" (2018)[36]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Tokayev fala de forma fluída casaco, ruso, inglés e chinés, e ten coñecementos de francés. Foi presidente da Federación de Tenis da Mesa de Casaquistán durante 13 anos. Tokayev estivo casado con Nadezhda Tokayeva e ten un fillo.[37]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tokayev sworn in as Kazakhstan’s interim president" (en inglés). 20 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Kasim-Zhomart Tokáyev, investido presidente de Kazajistán". Faro de Vigo. 20 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kazakh President Nazarbaev Abruptly Resigns, But Will Retain Key Roles" (en inglés). 19 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kairat Mami to be the new Senate Speaker" (en inglés). 15 de abril de 2011. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kazakhstan's leader Nazarbayev resigns after three decades in power" (en inglés). 19 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Constitución da República de Casaquistán". www.akorda.kz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Primeiro discurso do presidente Kassym-Jomart Tokayev" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Новый глава Казахстана предложил переименовать Астану в Нурсултан" (en ruso). 20 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kazajistán rebautiza su capital, Astaná, con el nombre de su expresidente". El País (en castelán). 20 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Telephone conversation with Nursultan Nazarbayev and Kassym-Jomart Tokayev". www.en.kremlin.ru (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "China welcomes new Kazakh leader Kassym-Jomart Tokayev as an ‘old friend and good friend’" (en inglés). 20 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kazakhstan leader Tokayev in Moscow for 1st foreign visit" (en inglés). 3 de abril de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Putin Offers Russian Help To Build Kazakh Nuclear Plant" (en inglés). 6 de abril de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "The President of Kazakhstan arrives in Tashkent" (en inglés). 14 de abril de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kazakhstan to hold early presidential election on June 9" (en inglés). 9 de abril de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Токаева выдвинули кандидатом в президенты от правящей партии Казахстана" (en ruso). 23 de abril de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Comunicado do Comité Electoral". www.election.gov.kz (en ruso). Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Head of State Kassym-Jomart Tokayev meets with President of Armenia Armen Sarkissian" (en inglés). 16 de maio de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Le président du Kazakhstan devrait sans doute se calmer sur le Photoshop" (en francés). 4 de maio de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Tokayev gana las presidenciales con cerca del 71 por ciento de votos, según los resultados oficiales" (en castelán). 10 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Conversación telefónica con Ilham Aliyev". www.akorda.kz (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Conversación con Erdongan". www.akorda.kz (en ruso). Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Kassym-Jomart Tokayev arrives in Bishkek for SCO Summit" (en inglés). 15 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Президент Казахстана принял участие в V саммите СВМДА" (en ruso). 15 de xuño de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "President of Kazakhstan Kassym-Jomart Tokayev met with Li Keqiang, Premier of the State Council of the People's Republic of China" (en inglés). 11 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "President Tokayev arrives in USA" (en inglés). 25 de setembro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Tokayev arrives in Yerevan" (en inglés). 1 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Состоялась церемония награждения государственными наградами РК". www.nomad.su (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Указ Президента от 09.12.1996 N 3266 * "О НАГРАЖДЕНИИ ГРУППЫ РАБОТНИКОВ ГОСУДАРСТВЕННЫМИ НАГРАДАМИ РЕСПУБЛИКИ КАЗАХСТАН"". www.kazakhstan.news-city.info (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Указ Президента Российской Федерации от 01.03.2017 № 93 "О награждении государственными наградами Российской Федерации"" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "УКАЗ ПРЕЗИДЕНТА УКРАЇНИ №154/2008". www.president.gov.ua (en ucraíno). Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Nikolić odlikovao kazahstanskog političara" (en bosníaco). 1 de decembro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Касым – Жомарт Токаев: Казахстан и Россия тесно взаимодействуют в рамках МПА СНГ" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Постановление Совет Межпарламентской Ассамблеи государств - участников Содружества Независимых Государств от 14 ноября 2003 г. №47 "О награждении медалью "Древо дружбы"" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Музей истории СНГ". www.cis.minsk.by (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Назарбаеву вручили медаль "20 лет Астане"" (en ruso). Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Президент Республики Казахстан". www.akorda.kz (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.