Saltar ao contido

Kitasato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kitasato.

O Kitasato ou frasco Kitasato é un tipo de recipiente de vidro de laboratorio. É normalmente usado xunto co funil de Büchner en filtracións por succión ao baleiro. Está constituído por un vidro resistente cun orificio lateral. Unha das utilizacións do kitasato sería para verificar a presenza de humidade en gases. O gas a ser filtrado é inxectado dentro da cámara do Kitasato a través dunha mangueira de teflón (o paso superior debe ser pechado cunha rolla) e unha segunda mangueira é colocada na saída lateral do recipiente. Esta peza debe o seu nome a Shibasaburo Kitasato, bacterioloxista xaponés (1852-1931).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.