Saltar ao contido

Hamburg Freezers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hamburg Freezers
Fundación1999 (como München Barons)
2002 (coa denominación actual)
Cidade Hamburgo
Alemaña Alemaña
EstadioBarclaycard Arena (13.000 esp.)
LigaDeutsche Eishockey Liga
Adestrador Benoît Laporte
CoresAzul celeste, azul mariño, branco e gris
                     
Na rede
http://www.hamburg-freezers.de/

O Hamburg Freezers é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Hamburgo (Alemaña). O equipo compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo alemán, a Deutsche Eishockey Liga (DEL), e xoga os seus partidos como local no Barclaycard Arena, un pavillón con capacidade para 13.000 espectadores.

O equipo foi fundado na cidade de Múnic en 1999 baixo o nome de München Barons, mais o propietario da franquía bávara e tamén propietaro do Eisbären Berlin, Philip Anschutz, deciciu trasladala a Hamburgo o 3 de xuño de 2002 por problemas economómicos.

En 2004 chegou o maior éxito da franquía, cando chegou ás semifinais da DEL, nas que caeu fronte aos Frankfurt Lions por 3 partidos a 2. En 2014, logo de ter finalizado a liga regular en primeira posición, chegou ás semifinais dos play-offs polo título, mais perdeu fronte ao ERC Ingolstadt por 4 a 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]