Hanshin Tigers
Hanshin Tigers | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1936 En Nishinomiya desde 1936 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | Nippon Professional Baseball | ||
División | Central League (1950–presente) | ||
Liga anterior | Japan Baseball League (1935–1949) | ||
Imaxe do equipo | |||
Retirados | 10, 11, 23 | ||
Cores | |||
Datos do equipo | |||
Anterior | Osaka Tigers (1935–1940) Hanshin B.C. (1940–1944) Osaka Tigers (1946–1960) | ||
Alcumes | Tora (トラ, tigres) Mōko (猛虎, tigres feroces) | ||
Estadio | Estadio Koshien (1936–presente) | ||
Mascota | To-Lucky, Lucky e Kita | ||
Dono | Hanshin Electric Railway Co. | ||
Adestrador | Akihiro Yano | ||
Títulos | |||
Nippon S. (1) | 1985 | ||
Central L. (5) | 1962, 1964, 1985, 2003, 2005, 2014 | ||
JBL (4) | 1937 (O), 1938 (P), 1944, 1947 |
Os Hanshin Tigers (阪神タイガース Hanshin Taigāsu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede na cidade de Nishinomiya, Hyōgo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1936 é o Estadio Koshien, recinto con capacidade para 47 757 espectadores. A propietaria do equipo é a empresa Hanshin Electric Railway Co., subsidiaria da Hankyu Hanshin Holdings. Os Tigers son un dos equipo máis antigos do país, sendo fundados en 1936 co nome de Osaka Tigers.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Os Hanshin Tigers, un dos equipos profesionais máis antigos do Xapón, foron fundados o 10 de decembro de 1935. O equipo foi realmente formado o ano seguinte, recibindo nos seus comezos o nome de Ōsaka Tigers. En 1940, no medio dunha época onde había certos senimentos anti-estranxeiros, os Tigers mudaron o seu nome a "Hanshin", para despois regresar en 1947 ao seu nome orixinal. Desde os seus comezos, os Tigers consolidáronse xunto aos Tokyo Kyojin (Yomiuri Giants) como un dos equipos máis fortes do béisbol nipón. Antes do comezo do sistema actual de dúas ligas en 1950, a franquía completou unha marca de 730-472 con catro títulos.
A partir da creacións das Ligas Central o do Pacífico, os Tigers acadaron durante varias temporadas a segunda posición da primeira, sendo superados tan só polos Giants, que durante os anos 1950 e 1960 dominaron o béisbol no país. Durante os seus primeiros anos na NPB destacaron por un xogo baseado nun forte ataque, con bateadores como Fumio Fujimura. En 1961 pasaron a chamarse adoptaron o seu actual nome, Hanshin Tigers, e tras mellorar o seu elenco con novos pitchers conseguiron gañar os seus primeiros títulos de Liga en 1962 e 1964. Porén, en ambas temporadas non conseguiron gañar as Series do Xapón.
A década de 1970 comezou mal para o equipo, mellorando cara finais da mesma coa chegada de xogadores como Koichi Tabuchi e Masayuki Kakefu. A isto sumouse a chegada do xogador estadounidense Randy Bass, que revolucionou o béisbol xaponés. De feito, Bass estivo a piques de superar en 1985 o récord de home runs establecido de Sadaharu Oh (55). Non puido conseguilo debido a que, nun partido ante os Giants adestrados polo propio Oh, os pitchers toquiotas lanzaron as pelotas fóra da zona de strike de Bass. En toda súa carreira cos Tigers, Bass conseguiu 219 home runs. A nivel colectivo, e liderados polo xogador estadounidense, os Tigers lograron unha marca de 74-49 en 1985 co que gañaron a Liga Central e conseguiron por fin a súa primeira Serie do Xapón ao gañar aos Seibu Lions en seis xogos. Con esta vitoria os Tigers, que xa tiñan unha forte base de afeccionados na Prefectura de Hyōgo, conseguiron atraer a máis seareiros.
A partir de 1987, co regreso de Bass aos Estados Unidos, os Tigers comezaron a empeorar o seu xogo, acadando varias marcas negativas. En toda a década de 1990, salvo en 1992, terminaron nas útlimas posicións da Liga Central coas peores estatísticas do campionato. Na década de 2000 a situación mellorou coa chegada do adestrador Senichi Hoshino. En 2003, no segundo ano como técnico de Hoshino, os Tigers conseguiron gañar de novo a súa Liga, aínda que sen éxito nas SEries do Xapón, onde perderon por 4−3 ante os Fukuoka Daiei Hawks. A mesma situación repetiuse no 2005 con Akinobu Okada como técnico, sendo esta vez derrotados na final por 4−0 polos Chiba Lotte Marines. Cómpre destacar que no ano 2004, a Major League Baseball inaugurou a súa temporada no Xapón, xogando os Tigers un partido amigábel ante os New York Yankees no Tokyo Dome, onde os xaponeses venceron por 11–7. Nas temporadas de 2005 a 2009, máis de tres millóns de espectadores acudiron a ver en directo os partidos dos Tigers, sendo o único equipo do país en conseguilo. No ano 2014 os Tigers conseguiron volver xogar unhas Series do Xapón tras gañar a Liga Central. De novo, non conseguiron facerse co título após perder ante os Fukuoka SoftBank Hawks por 4−1.
Nomes
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]
- Osaka Tigers (1946–1960)
- Hanshin B.C. (1940–1944)
- Osaka Tigers (1935–1940)
- Hanshin Tigers (1961–presente)
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Koshien.
Os Hanshin Tigers xogan desde 1936 como locais no Estadio Hanshin Koshien (阪神甲子園球場 Hanshin Kōshien Kyūjō?), normalmente simplemente chamado Estadio Koshien. O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Cando o estadio está sendo utlizado para os torneos de instituto, os Tigers xogan os seus partidos no Osaka Dome.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polos Hanshin Tigers | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | |
---|---|---|---|---|
10 | Fumio Fujimura | Pitcher | 1936–1958 | |
11 | Minoru Murayama | Pitcher | 1959–1972 | |
23 | Yoshio Yoshida | Shortstop | 1953–1969 |
Xogadores MLB
[editar | editar a fonte]Seareiros
[editar | editar a fonte]O seguidores do Tigers son coñecidos como un dos seareiros máis fanáticos e adicados do béisbol xaponés. De feito, usualmente superan á afección local nos seus partidos fóra da casa. Unha famosa tradición do club (compartida con outros equipos da NPB) é a solta de globos por parte dos fans na sétima entrada mentres cantan a "Hanshin Tigers no Uta (阪神タイガースの歌?)", tamén coñecida como "Rokko Oroshi (六甲颪, 六甲おろし?, lit. O vento que descende do Monte Rokko)". Esta canción, composta por Yuji Koseki (古関 裕而?) con letra de Sonosuke Sato (佐藤 惣之助?), é popular en toda rexión de Kansai.
阪神タイガースの歌 六甲颪 (ろっこうおろし)に颯爽 (さっそう)と 闘志 (とうし)溌剌 (はつらつ) 起 (た)つや今 鉄腕強打幾千 (いくち)度 (た)び |
Hanshin Tigers no Uta Rokkō oroshi ni sassō to Tōshi hatsuratsu tatsu ya ima Tetsuwan kyōda ikuchitabi |
A canción dos Hanshin Tigers Correndo a través do vento que sopra desde Rokko Poderosos bateos e xeitosos lanzamentos logrados mil veces |
Esta tradición lévase a cabo en todos os xogos dos Tigers, tanto locais como visitantes, excepto nos encontros ante os Yomiuri Giants no Tokyo Dome. Isto é debido ás estritas medidas de seguridade levadas a cabo polas autoridades por mor da rivalidade entre os dous equipos. Esta rivalidade entre os Giants e os Tigers está considerada como a máis importante do país, á par con rivalidades da Major League Baseball como a dos Los Angeles Dodgers e San Francisco Giants ou a dos Boston Red Sox e New York Yankees.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hanshin Tigers". JapanBall (en inglés).
- ↑ "Hanshin Tigers". NPB.jp.