Harold Perrineau
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1963 (61 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América |
Educación | William Esper Studio (pt) Shenandoah University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1986 - |
Familia | |
Cónxuxe | Brittany Perrineau |
Fillos | Aurora Perrineau |
Premios | |
| |
Sitio web | haroldperrineau.com |
|
Harold Perrineau, nado en Brooklyn (Nova York) o 7 de agosto de 1963, é un actor estadounidense. Acadou sona polo papel de Michael Dawson na serie de televisión estadounidense Lost, Link nos filmes e xogos de Matrix, August Hill na serie de televisión Oz e Mercutio en Romeo + Juliet. Recentemente protagonizou a serie de televisión The Unusuals da ABC, interpretando o detective de homicidios Leo Banks.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de Harold Williams e Sylvia Perrineau. Os seus pais cambiaron o seu nome a Williams cando tiña sete anos. Máis tarde, Harold cambiou legalmente o seu nome de novo polo seu nome de nacemento, despois de descubrir que xa existía un Harold Williams no sindicato de actores. Perrineau asistiu á Universidade de Shenandoah, pero non se graduou. Xunto coa súa muller, Brittany, ten unha filla, Aurora Robinson Perrineau, nada en 1994. A súa segunda filla, Wynter Aria, naceu o 7 de maio do 2008.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1989, Perrineau foi elixido como o orixinal Tyrone Jackson na estrea mundial da adaptación teatral do filme de 1980, Fame (agora coñecido como Fame: The Musical) no Walnut Street Theatre, en Filadelfia, Pensilvania.
Perrineau tomou o papel de Link na serie de filmes Matrix despois de que o operador orixinal Tank foi eliminado do guión cando Marcus Chong foi despedido por disputas de cartos.
A co-estrela de Lost Adewale Akinnuoye-Agbaje protagonizou xunto a Perrineau a serie Oz.
Perrineau interpretou o personaxe de Michael Dawson no éxito da ABC Lost. Foi temporalmente dado de baixa cando o seu personaxe saíu da illa a finais da segunda tempada e non apareceu en absoluto na terceira tempada. En xullo de 2007, anunciouse que Perrineau volvería ó elenco principal da cuarta tempada da serie. Porén, este retorno non durou moito, xa que a súa participación na cuarta tempada foi a reprodución do seu pasado como membro do elenco regular. Dawson morre ó final da tempada. Fixo unha aparición especial na sexta e derradeira tempadas.
Tamén protagonizou 30 Days of Night: Dark Days xunto con Rhys Coiro, Mia Kirshner, Kiele Sanchez (tamén co-estrela de Lost), Diora Baird e Monique Ganderton.
No 2008 participou no vídeo musical Yes We Can
Música
[editar | editar a fonte]Dende o seu primeiro single Stay Strong no 2007, Harold tamén traballou na súa carreira musical e colabora activamente co produtor de música Tomo in der Muhlen no seu álbum H que sairá prontamente. Tendo as súas raíces creativas no escenario, Harold goza facendo actuacións en vivo onde se presenta cunha banda completa: dous guitarras, baixo, batería e teclados. Actuou no club The Mint nos Ánxeles no 2010.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filme | |||
---|---|---|---|
Ano | Filme | Papel | Anotacións |
1990 | King of New York | Ladrón no metro | |
1995 | Smoke | Thomas "Rashid" Cole | Nomeado - Independent Spirit Award por mellor actor |
1996 | Blood and Wine | Henry | |
Romeo + Juliet | Mercutio | ||
1997 | The Edge | Stephen | |
1998 | Lulu on the Bridge | Bobby Perez | |
1999 | The Best Man | Julian Murch | Nomeado - Premio de Imaxe por mellor actor secundario |
Macbeth in Manhattan | O coro | ||
2000 | Woman On Top | Monica Jones | |
2001 | Prison Song | Tío Cee | |
2002 | On Line | Moe Curley | |
2003 | Matrix Reloaded | Link | |
Matrix Revolutions | Link | ||
2007 | 28 Weeks Later | Flynn | |
2008 | Gardens of the Night | Orlando | |
Ball Don't Lie | Jimmy | ||
Felon | Jackson | ||
2010 | 30 Days of Night: Dark Days | Todd | |
The Killing Jar | John Smith | ||
2011 | Seeking Justice | Jimmy | |
2012 | Transit | Losada | |
Zero Dark Thirty | Jack | ||
2013 | Snitch | Jeffrey Steele | |
Go for Sisters | Wiley | ||
Sexy Evil Genius | Marvin | ||
The Best Man Holiday | Julian Murch | ||
Aparicións televisivas | |||
Ano | Título | Papel | Episodios |
1989 | The Cosby Show | Scott | Tempada 5 – Episodio 18 |
1991–1993 | I'll Fly Away | Robert Evans | |
1997–2003 | Oz | Augustus Hill | 56 episodios |
2003 | Dead Like Me | Aroun Levert | 1 episodio |
2004–2006, 2008, 2010 | Lost | Michael Dawson | 61 episodios Gañou - Premio do sindicato de actores- mellor interpretación en conxunto nunha serie dramática |
2007 | CSI | Rev. Rhodes | 1 episodio |
2009 | The Unusuals | Detective Leo Banks | |
2010 | CSI: NY | Reggie Tifford | |
Videoxogo (voz) | |||
Ano | Título | Papel | Anotacións |
2003 | Enter the Matrix | Voz | Link |