Heinz Fischer
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2021.) |
Heinz Fischer, nado en Graz o 9 de outubro de 1938, é presidente federal de Austria dende o 8 de xullo de 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Graz, estado de Estiria, Fischer recebiu unha educación humanística, aprobando o "Matura" o 1956. Posteriormente estudou Dereito na Universidade de Viena, doutorándose o 1961. Ademais de político, Fischer tamén seguiu carreira docente, e tornouse profesor de ciencias políticas na Universidade de Innsbruck en 1993.
Fischer foi membro do parlamento de Austria desde 1971 e serviu como un dos seus líderes entre o 1990 e o 2004. De 1983 ata 1987 foi ministro da Ciencia nunha coalición gobernamental liderada por Fred Sinowatz.
En xaneiro de 2004 Fischer anunciou que concorrería a presidente para suceder a Thomas Klestil e finalmente foi proclamado o 25 de abril de 2004 como o candidato do partido socialdemocrático de Austria - SPÖ -, de oposición. El obtivo o 52,4% dos votos derrotando a Benita Ferrero-Waldner, entón ministra do Exterior na coalición liderada polo partido Popular Austríaco – ÖVP – conservador.
Fischer asumiu o posto de presidente o 8 de xullo de 2004 e recibiu o cargo do presidente do parlamento, que goberna interinamente despois da morte de Klestil o 6 de xullo. Desde a súa elección como presidente a súa popularidade creceu ata ser considerado por algúns analistas como o político de maior credibilidade de Austria[Cómpre referencia].