Hibiscus syriacus
Rosa de Siria | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Hibiscus syriacus chamada vulgarmente hibisco de Siria, rosa de Sharon ou roseira de Siria,[1] é unha especie de planta floral caducifolia. Cultívase como flor ornamental en moitas partes do mundo, sendo común atopala en xardíns de Galiza, incluso coma árbore nas rúas das cidades.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta orixinaria de Asia, que pode acadar entre 2 e 4 metros de altura. Xeralmente cultívase en lugares onde os veráns son moi cálidos polas súas atractivas flores. Estas poden ser de varias cores: brancas, rosadas, vermellas, violetas, etc. Cada flor ten unha curta vida (ao redor dun día), mais como a planta produce moitas sempre poden apreciarse varias. O período de floración vai desde a primavera até o outono.[2]
Hibiscus syriacus é a flor nacional de Corea do Sur, aparecendo en diversos emblemas nacionais. No himno nacional deste país compárase a Corea con esta flor.[3] O nome da flor en coreano é mugunghwa (Hangul: 무궁화; Hanja: 無窮花).
Esta planta pódese propagar por esgallos ou sementes.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Hibiscus syriacus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum2: 695. 1753.[5]
Hibiscus: nome xenérico que deriva da verba grega: βίσκος ( hibískos ), que era o nome que deu Dioscórides (aC. 40-90) a Althaea officinalis.[6]
syriacus: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Siria.[7]
- Hibiscus acerifolius Salisb.
- Hibiscus floridus Salisb.
- Hibiscus rhombifolius Cav.
- Ketmia arborea Moench
- Ketmia syriaca (L.) Scop.
- Ketmia syrorum Medik[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Hibiscus syriacus 'Oiseau Bleu'
-
Follaxe de Hibiscus syriacus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ningún dicionario galego recolle polo de agora o nome vulgar (común a todas as linguas romances) por iso a entrada do artigo recolle o nome científico
- ↑ Hibiscus syriacus en www.centralpark.com Arquivado 02 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Símbolos nacionales de Corea". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xuño de 2016.
- ↑ Hibiscus syriacus en www.pfaf.org (en inglés)
- ↑ 5,0 5,1 "Hibiscus syriacus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de novembro de 2014.
- ↑ Lawton, Barbara Perry (2004). Hibiscus: Hardy and Tropical Plants for the Garden. Timber Press. p. 36. ISBN 978-0-88192-654-5.
- ↑ En Epítetos Botánicos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey, L. H. (2005). Manual of Gardening (Second Edition). Proxecto Gutenberg. (en inglés)
- Curtis, William (2006). The Botanical Magazine, Vol. 3. Proxecto Gutenberg. (en inglés)
- CONABIO, 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. Cap. nat. México 1.
- Flora of Chinesa Editorial Committee, 2007. Fl. China Vol. 12.