Historia da arquitectura
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A historia da arquitectura estuda a evolución e historia da arquitectura no mundo considerando varias influencias, a artística, sociocultural, política, económica e tecnolóxica. En xeral, a cuestión é como relacionar o significado (funcións intanxibles, propostas, símbolos) co medio construído (táboas, xanelas, teitos, camiños) a través das necesidades da vida (comida, traballo, comunidade etc.) no contexto histórico. A historia da arquitectura, como calquera outra forma de coñecemento, é moi subxectiva sobre as limitacións e potenciais da historia divisada como unha disciplina. Polo tanto, houbo moitas perspectivas no estudo da arquitectura, a maioría delas occidentais.
No século XIX, a arquitectura do pasado foi entendida como unha perspectiva formal, facendo énfase nas características morfolóxicas da forma, técnica e materiais. Neste período tamén foi vista a emerxencia individualista do arquitecto, a amálgama de cuxas intencións converteríanse no suxeito dos movementos artísticos. Sobre isto, a historia da arquitectura é unha subcategoría da historia da arte, a cal céntrase na evolución dos principios e estilos no deseño dos edificios e das cidades.
Baixo as presións do pluralismo posmoderno, teorías recentes intentaron abrir a arquitectura a unha nova variedade de interpretacións. Novas teorías lingüísticas foron populares na metade dos noventa e intentaron "ler" os elementos arquitectónicos como unha linguaxe autónoma, contribuíndo ó curso do proxecto da Teoría Crítica. O traballo de Hermeneutics constitúe outra perspectiva da historia da arquitectura e céntraa sobre a situación natural entendida fenomenoloxicamente. Aínda que ambos identifiquen a arquitectura como unha especie de linguaxe, eles difiren nas referencias; a Teoría Crítica é amplamente autoreferenciada, mentres que Hermeneutics é contextual.
O clima de oportunismo pode ser visto como unha reacción ós aspectos metafísicos das teorías anteriores, así como unha vantaxe no manifesto supermoderno na Globalización, logo no Capitalismo e nas democracias neo-liberais. Un incremento da conciencia na influencia colonialista tamén animara a unha reexaminación da arquitectura nos países colonizados recentemente e procura liberar a súa historia e práctica dalgunhas inapropiadas doutrinas occidentais.
O feito de considerar á historia da arquitectura coma unha disciplina no mundo occidental reflíctese na claridade do desenvolvemento da arquitectura de occidente, mentres que no mundo non occidental ao estudar o desenvolvemento da arquitectura non nos decatamos dunha variación do seu contexto histórico. Isto é moito máis complexo nas actuacións do colonialismo occidental. Algúns historiadores posmodernos tentaron dirixir estes temas, pero a complexidade da materia non fixo posible un acordo sobre o asunto. Mais, en xeral, pode dicirse que a historia da arquitectura reflicte o desenvolvemento histórico do seu tempo.
Arquitectura occidental
[editar | editar a fonte]Arquitectura prehistórica
[editar | editar a fonte]Arquitectura neolítica
[editar | editar a fonte]A arquitectura neolítica é a arquitectura da Idade de Pedra e está clasificada baixo a categoría da arquitectura prehistórica.
Arquitectura antiga
[editar | editar a fonte]No principio, a humanidade estivo confrontada cun mundo onde se vivía con certa normalidade entre deuses, demos e espíritos, un mundo que non coñecía nada sobre o obxectivismo científico. Os camiños polos que a xente tomaba contacto co seu ambiente eran debidos na súa maior parte á omnipotencia dos deuses. Moitos aspectos da vida diaria foron levados con respecto á idea do divino e do supernatural, e estes camiños foron manifestados polos ciclos mortais da xeracións, anos, tempadas, días e noites. As colleitas, por exemplo, eran vistas como a benevolencia da fertilidade. Tamén, as fundacións e os ordenamentos da cidade e os seus máis importantes edificios, o palacio ou o templo, eran executados ás veces por sacerdotes, ou incluso a construción era acompañada por rituais para tentar introducir a actividade humana na continuidade do divino. A arquitectura antiga caracterízase por esta tensión entre o divino e o mundo mortal. As cidades contiñan espazos sagrados para protexerse da salvaxe natureza do exterior, e os palacios e os templos actuaban coma fogares dos Deuses. O arquitecto, o monarca ou o sacerdote, non só era unha figura importante, senón que era parte da continuidade da tradición.
Arquitectura exipcia
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura siria
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura babilonia
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura etrusca
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura minoica
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura micénica
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura persa
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura sumeria
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Arquitectura do renacemento
[editar | editar a fonte]O espírito renacentista evoca as cualidades propias do ser humano. A idea do progreso do home (a nivel científico, espiritual e social) convértese nun obxectivo importante para este período. O mundo clásico redescuberto e o humanismo aparecen coma unha guía para esta nova visión do mundo.
A arquitectura renacentista mostrouse clásica, pero sen pretender ser neoclásica. Co descubrimento dos antigos tratados (incompletos) da arquitectura clásica, deuse marxe a unha nova interpretación daquela arquitectura e a súa aplicación ós novos tempos. Coñecementos obtidos durante a idade media foron engadidos de formas novas, incorporando os elementos da linguaxe clásica.
O descubrimento da perspectiva é un aspecto importante para entender este período: a idea de infinito relacionada co concepto de punto de fuga, foi moi utilizada como ferramenta na concepción espacial dos arquitectos desta época. A perspectiva representou unha nova forma de entender o espazo coma algo universal, comprensible e controlable mediante a razón. O debuxo fíxose o principal medio de deseño e é así como xorde a figura do arquitecto singular, distinta da concepción colectiva dos mestres de obra medievais. Os novos métodos de deseñar os proxectos influíron na concepción espacial dos edificios, no sentido en que as percepcións visuais podían ser controladas e enfatizadas dende puntos de vista específicos. O poder representar fielmente a realidade mediante a perspectiva non se limitou só a describir as experiencias coñecidas, senón tamén a anticipalas posibilitando proxectar imaxes realistas.
Entre os principais arquitectos do Renacemento están Giacomo Barozzi da Vignola, Battista Alberti, Brunelleschi e Michelangelo, todos eles italianos.
Arquitectura do barroco
[editar | editar a fonte]O Barroco xorde en Europa durante o século XVII, en dous contextos moi definidos, por unha parte, a necesidade de ofrecer tódalas respostas necesarias ás dúbidas do home, e por outra, a Contrarreforma promovida pola Igrexa Católica. O estilo do barroco foi promovido pola Igrexa en todo o mundo, especialmente nas colonias recentemente descubertas, converténdoo no estilo católico por excelencia.
Arquitectura neoclásica
[editar | editar a fonte]A finais do século XVIII e inicios do XIX, Europa asistiu a un grande avance tecnolóxico, resultado directo dos primeiros momentos da Revolución industrial e da cultura da Ilustración. Foron descubertas novas posibilidades construtivas e estruturais, de forma que os antigos materiais (como a pedra e a madeira) pasaron a ser substituídos gradualmente polo formigón (e máis tarde polo formigón armado) e polo metal.
Paralelamente, profundamente influenciados polo contexto cultural da Ilustración europea, os arquitectos do século XVIII pasaron a rexeitar a relixiosidade intensa da estética anterior e a esaxeración do Barroco, e buscábase unha síntese espacial e formal máis racional e obxectiva, pero aínda non se tiña unha idea clara de como aplicar as novas tecnoloxías nunha nova arquitectura. Inseridos no contexto do Neoclasicismo nas artes, os arquitectos volven novamente ao ideal clásico.
Idade contemporánea
[editar | editar a fonte]Século XIX
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Século XX
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Século XXI
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|