Histricognatos
Histricognatos Hystricognathi Rango fósil: eoceno tardío - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Capromys pilorides | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||
|
A dos histricognatos (Hystricognathi) é unha infraorde de roedores da suborde dos histricomorfos,[1]
Esta ampla infraorde comprende, entre outras especies, as hutías, as cobaias, a capibara, as maras, as vizcachas, as chinchillas, os agutís, os porcos espiños, os degús, un certo número de ratos e ratas, e outras.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os histricognatos distínguense dos outros roedores pola estrutura ósea do seu cranio. O masetero medio (un músculo mandibular) pasa parcialmente a través do forame infraorbital e conecta co óso contralateral. Isto, xunto á súa falta da lámina infraorbital e do tamaño relativo do forame infraorbital, distingue aos histricognatos doutros grupos de roedores.
A infraorde dos histricognatos comprende 17 ou 18 familias, segundo os autores, que algúns dividen en dúas parvordes, Phiomorpha e Caviomorpha.
Os Caviomorpha son maioritariamente nativos de América do Sur, cunhas poucas especies en Norteamérica, mentres que os Phiomorpha son propios do Vello Mundo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Infraorde
[editar | editar a fonte]A infraorde foi descrito por primeira vez en 1855 por Johann Friedrich von Brandt (1802-1879), un naturalista alemán que fixo a súa carreira en Rusia.
O dos Hystricognathi é un taxon que foi orixinariamente denominado por Tycho Fredrik Hugo Tullberg en 1899 como unha tribo clasificada entre os Glires (clado pertencente á superorde Euarchontoglires que coprende ás ordes dos roedores e os lagomorfos), e despois reclasificado como infraorde en 2010 por Coster et al..[1]
Algúns autores clasifican esta infraorde na soborde dos Hystricognatha, pero máis xeralmente está admitida desde 2012 a súa clasifiocación dentro dos Hystricomorpha.[1]
Familias
[editar | editar a fonte]Segundo o MSW e máis o SIIT, a infraorde comprende as seguintes 17 familias:[1][2]
- Familia Abrocomidae Miller & Gidley, 1918 - ratas chinchilla
- Familia Bathyergidae Waterhouse, 1841 - ratas toupa
- Familia Capromyidae Smith, 1842 - hutías
- Familia Caviidae Fischer de Waldheim, 1817 - cobaias, maras a capibara
- Familia Chinchillidae Bennett, 1833 - chinchillas e viscachas
- Familia Ctenomyidae Lesson, 1842 - tuco tucos
- Familia Cuniculidae Miller & Gidley, 1918 - pacas
- Familia Dasyproctidae Bonaparte, 1838 - agutís e acuchís
- Familia Diatomyidae Mein & Ginsburg, 1997 - a rata de rocha laosiana (segundo o ITIS, descoñecida en MSW, sinón. de Laonastidae segundo o NCBI)
- Familia Dinomyidae Peters, 1873 - a pacaraná
- Familia Echimyidae Gray, 1825 - ratas espiñentas
- Familia Erethizontidae Bonaparte, 1845 - porcos espiño do Novo Mundo
- Familia Hystricidae Fischer de Waldheim, 1817 - porcos espiño do Vello Mundo
- Familia Myocastoridae Ameghino, 1902 - o coipú
- Familia Octodontidae Waterhouse, 1840 - degús e especies relacionadas
- Familia Petromuridae Tullberg, 1899 - a rata das rochas africana
- Familia Thryonomyidae Pocock, 1922 - a rata das canas
Porén, o NCBI separa á capibara (Hydrochoerus hydrochaeris), da familis dos Caviidae para formar a súa propia familia, a dos Hydrochaeridae.[3]
Familias de Phiomorpha
[editar | editar a fonte]Familias de Caviomorpha
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Hystricognathi en Mammal Species of the World.
- ↑ Hystricognathi no SIIT.
- ↑ Hystricognathi no NCBI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Histricognatos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Susan K. Bell (1997): "Hystricognathi" en Classification of mammals above the species level Nova York: Columbia University Press ISBN 0-231-11012-X.
- Woods, Charles A. & C. William Kilpatrick, "Hystricognathi" en Wilson, Don E. & DeeAnn M. Reeder, eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed., vol. 2. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rodent jaws (mandíbulas de roedores) na ADW (en inglés)
- Hystricognathi na EOL.