Saltar ao contido

Humanos anatomicamente modernos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo sapiens sapiens

Home H. s. sapiens, á esquerda, e muller, á dereita, do Sueste Asiático
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Homo
Especie: Homo sapiens
Áreas ocupadas polo H. s. sapiens (en vermello)
Áreas ocupadas polo H. s. sapiens (en vermello)

Áreas ocupadas polo H. s. sapiens (en vermello)
Subespecies

Homo sapiens sapiens, †Homo sapiens idaltu

O termo de humanos anatomicamente modernos[1] ou Homo sapiens anatomicamente modernos en paleoantropoloxía refírese aos individuos das poboacións de Homo sapiens con aparencia que cadra co rango de fenotipos dos humanos actuais.

Os humanos anatomicamente modernos, isto é, todas as poboacións humanas actuais, son froito da evolución a partir da arcaica especie Homo sapiens do paleolítico medio, hai 200 mil anos[2]. A aparición dos humanos anatomicamente modernos marca a aparición da subespecie Homo sapiens sapiens. Os fósiles recollidos máis antigos de humanos modernos son os restos de Omo, en Etiopía, que datan de 195,000 (±5,000) e que constan de partes de dous restos craniais, un brazo, unha perna, un pé e ósos de cadeira[3][4].

Outros fósiles inclúen a Homo sapiens idaltu extraído no sitio arqueolóxico de Herto en Etiopía e restos de cranios en Israel que datan de 90 mil anos[5][6].

Nomenclatura e anatomía

[editar | editar a fonte]

A nome binomial para a especie taxonómica das poboacións mundiais humanas é Homo sapiens. A especie estímase que xorde a partir dun predecesor do xénero Homo hai 200 mil anos.

Os humanos anatomicamente modernos distínguense dos seus previos antecesores, os Homo sapiens arcaicos, por unha serie de características anatómicas. Os humanos arcaicos tiñan uns esqueletos máis robustos, o que mostra que vivían nun ambiente que fisicamente requiría máis forza; e que sinala a que os humanos anatomicamente modernos, que temos estruturas máis gráciles, pasamos a depender máis da tecnoloxía que da capacidade de exercer ou manter esforzos físicos para poder cumprir as condicións impostas polo ambiente.

Os Homo sapiens arcaicos tiñan uns arcos superciliares prominentes (iso é, cunhas capas óseas prominentes por riba dos arcos oculares). Coa aparición dos humanos modernos os arcos superciliares fóronse reducindo e nas actuais poboacións humanas son habitualmente pouco destacados. Os humanos modernos, porén, destacan polo queixo, algo do que carecían os Homo sapiens arcaicos. Os humanos anatomicamente modernos teñen unha testa moi vertical mais os predecesores tiñan testas máis inclinadas cara a atrás. A testa vertical dos humanos actuais non só permite albergar un cerebro de maior volume senón que tamén supón un punto moi importante na comunicación por xestos grazas aos movementos da pel da testa[7]

Os primeiros humanos modernos

[editar | editar a fonte]
Skhul V (c. 500.000 a.C.) que mostra características varias de dos primeiros Homo sapiens e dos humanos anatomicamente modernos.

Os restos de Omo, un Homo sapiens idaltu de Herto, sitios arqueolóxicos de Skhul e os restos de Jebel Qafzeh son os restos habitualmente nomeados como Primeiros homes actuais, xa que os seus esqueletos mostran unha mestura de trazos dos arcaicos e dos modernos. Skhul V, como exemplo, ten unha prominente mandíbula e unha cara proxectada frontalmente. Mais o córtex cranial de Shkul é diferente de Neanderthais e semellante á de humanos modernos.

En humanos modernos hai subespecies recoñecidas, como é Homo sapiens sapiens, que abrangue toda a poboación humana actual, e H.s. idaltu, descrita por restos fósiles que datan de 160 mil anos. En Europa os primeiros humanos modernos chamáronse Cro-Magnons.

Grupos Denominacións
Subespecies Poboacións
Humanos H. s. sapiens H. sapiens
H. s. idaltu
Neandertais H. s. neanderthalis H. neanderthalensis
Humanos arcaicos H. s. heidelbergensis H. heidelbergensis
H. s. rhodesiensis H. rhodesiensis
H. s. antecessor H. antecessor
Homínido de Denisova

Comportamentos dos humanos modernos

[editar | editar a fonte]

Existe un amplo debate sobre se os primeiros humanos anatomicamente modernos se comportaban dun xeito parecido a poboación humana actual. Os comportamentos destacados dos humanos modernos son a lingua, a capacidade para pensamentos abstractos grazas ao simbolismo que permitan expresar a creatividade cultural.

As dúas hipóteses predominantes son opostas na orixe do comportamento moderno. Algúns autores argumentan que os humanos conseguiron primeiro as diferenzas anatómicas, hai 200 mil anos, e posteriormente grazas a esas capacidades adquirirían o comportamento humano actual hai 50 mil anos. Esta hipótese está sentada con rexistros fósiles e substancias bioxénicas de puntos de máis de 50 mil anos de antigüidade. Con isto habería unha diferenza entre os humanos anatomicamente modernos e os humanos de comportamento moderno[8]

A visión oposta é que os humanos acadaron o comportamento e as características anatomicamente modernas ao mesmo tempo [9]. Como dato nesta liña, arguméntase que os humanos xa evolucionaran cara a un esqueleto máis lixeiro.[10] Durante a transición aos humanos anatomicamente modernos, iso puido ter sido froito da maior interacción cooperativa en humanos.[11][12] É máis, iso puido ser incentivado polo aumento do uso das tecnoloxías, algo característico no comportamento humano moderno.

  1. 168 Matthew H. Nitecki, Doris V. Nitecki. Origins of Anatomically Modern Humans. Springer, Jan 31, 1994 (en inglés)
  2. Human Evolution: A Neuropsychological Perspective. By John L. Bradshaw. Pg 185
  3. [1]Fossil Reanalysis Pushes Back Origin of Homo sapiens. Scientific American. 2005.
  4. [2] McDougall. Stratigraphic placement and age of modern humans from Kibish, Ethiopia. Nature. Vol 433, 7027, páx 733-736.
  5. White et al.Pleistocene Homo sapiens from Middle Awash, Ethiopia. Nature, Vol 423. 2003.
  6. [3] Arquivado 17 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Femoral neck-shaft angles of the Qafzeh-Skhul early modern humans, and activity levels among immature near eastern Middle Paleolithic hominids. Journal of Human Evolution. Vol 25, páx. 393-416. 1993.
  7. [4] Desmond Morris. Capítulo "The Brown", "The Naked Woman: A Study of the Female Body".2007
  8. [5] Mellars, P. "Why did modern human populations disperse from Africa ca. 60,000 years ago?". PNAS, Vol 103, páx 9381-6. 2006.
  9. Late Mousterian lithic technology: its implications for the pace of the emergence of behavioural modernity and the relationship between behavioural modernity and biological modernity.
  10. Meldrum e Hilton. "From Biped to Strider: The Emergence of Modern Human Walking, Running and Resource Transport". Springer, Mar 31, 2004.
  11. "The Biology of Religious Behavior". Editado por Jay R. Feierman. Páx 220
  12. "The Oxford Handbook of Comparative Evolutionary Psychology". Editado por Jennifer Vonk, Todd K. Shackelford. Páx 429.