Iñigo Urkullu
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Iñigo Urkullu Renteria 18 de setembro de 1961 (63 anos) Alonsotegi, España |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de agosto de 2020 – 14 de maio de 2024 Lexislatura: XII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
21 de outubro de 2016 – 11 de febreiro de 2020 Lexislatura: XI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
7º Lehendakari | |
13 de decembro de 2012 – 22 de xuño de 2024 ← Patxi López – Imanol Pradales → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
20 de novembro de 2012 – 2 de agosto de 2016 Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Presidente do Partido Nacionalista Vasco | |
18 de xaneiro de 2008 – 12 de xaneiro de 2013 ← Josu Jon Imaz – Andoni Ortuzar → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
16 de maio de 2005 – 28 de decembro de 2007 – Fatima Ansotegi → Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 8 de xuño de 2001 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
30 de novembro de 1994 – 1 de setembro de 1998 Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Deusto - diplomatura |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Empregador | Colexio Público Felix Serrano, mestre (1986–1987) Asti Leku Ikastola, mestre (1984–1986) |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (1977–) |
Membro de | |
Alumnos | Imanol Pradales |
Familia | |
Cónxuxe | Lucia Arieta-Araunabeña Markina |
Pais | Juan Carlos Urkullu Larrea e Flori Renteria |
Iñigo Urkullu Renteria, nado en Alonsotegi o 18 de setembro de 1961, é un político vasco e nacionalista, parlamentario vasco de 1994 a 2005.[1] Foi presidente do Euzkadi Buru Batzar (EBB) do Partido Nacionalista Vasco entre xaneiro de 2008 e decembro de 2012. É o Lehendakari dende o ano 2012.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de dedicarse á política, os seus inicios profesionais relacionáronse co mundo da educación e foi profesor da ikastola "Asti-Leku" de Portugalete e do colexio público Félix Serrano de Bilbao. É profesor funcionario de carreira de Educación en excedencia no colexio Landako de Durango.
Cargos internos
[editar | editar a fonte]Desempeñou cargos de responsabilidade no PNV dende 1980:
Afiliado ó EAJ-PNV dende 1977, foi membro do Consello Rexional de EGI, as mocidades de dito partido, dende 1980 a 1985 e membro do Bizkai Buru Batzar (BBB), que é a Executiva de EAJ-PNV en Biscaia, (1984-1987) (1996-2000), sendo o seu presidente dende o ano 2000.
Tamén foi o representante do partido por ese territorio no EBB dende o ano 2000, máximo órgano do PNV e Presidente de Mesa na Asemblea Nacional (1992-1994). En 2007 foi elixido presidente do Euskadi Buru Batzar, na práctica o presidente do PNV, e reelixido para ese cargo en xaneiro de 2012. O 13 de decembro de 2012 foi investido lehendakari, isto é, presidente da Comunidade Autónoma Vasca.
Cargos institucionais
[editar | editar a fonte]Dende 1987 tamén ten desempeñado o seu labor a cargo de institucións e organismos públicos:
- Ex-Director de Xuventude e Acción Comunitaria da Deputación Foral de Biscaia (1987-1994).
- Membro do Consello Asesor de Éuscaro
- Parlamentario Vasco (1994-2005).
Actualmente Lehendakari e Membro da Xunta Reitora da Fundación Sabino Arana.
Predecesor: Patxi López |
Lehendakari 2012 - presente |
Sucesor: No cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recensión biográfica de Olatz Barriuso en El Correo Digital (en castelán)
- ↑ "Íñigo Urkullu ha sido reelegido presidente del PNV". RTVE.es (en castelán). 15 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ "Íñigo Urkullu: “En ausencia de violencia hay que dejar paso a la política”". elimparcial.es (en castelán). 26 de xuño de 2012. Consultado o 20 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iñigo Urkullu |
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Iñigo Urkullu no Parlamento Vasco Arquivado 14 de maio de 2020 en Wayback Machine.