Saltar ao contido

Inés Rivadeneira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInés Rivadeneira
Biografía
Nacemento(ca) Inés Rivadeneira López Editar o valor en Wikidata
2 de novembro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 2020 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera, profesora de música Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8239156 BNE: XX852724 Musicbrainz: ba85c6b8-14ad-44b1-9341-8291887959c1 Discogs: 2551032 Editar o valor en Wikidata

Inés Rivadeneira López, nada en Lugo o 2 de novembro de 1928 e finada en Madrid o 3 de agosto de 2020,[1] foi unha mezzosoprano e catedrática de canto galega.[2][3][1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Lugo, pero cando tiña dous anos, a familia trasladouse a Valladolid,[4] onde Inés viviu ata os dezaoito anos. Alí comezou a cantar; formou parte do coro das Dominicas de San Paulo. Recibiu as primeiras clases de música do director deste coro, don Heraclio García Sánchez. Foi este sacerdote quen descubriu as súas facultades canoras e quen a animou para que estudase solfexo. Pensionada cunha bolsa da Deputación de Valladolid, en 1946 mudouse a vivir en Madrid para estudar canto no Conservatorio de Música coa mestra Lola Rodríguez Aragón. Mas tarde estudou tamén coa mestra Ángeles Ottein. Despois dunha brillante carreira académica, coroada en 1951 co Premio Fin de carreira e o extraordinario "Lucrecia Arana",[4] Inés desenvolveu unha impresionante traxectoria internacional, que se iniciara en 1950 cun concerto en Valladolid. En 1947 interpretou o seu primeiro papel operístico: a Maddalena do Rigoletto de Verdi xunto a María de los Ángeles Morales no Teatro Madrid.

Dous fitos marcaron a súa carreira en 1952: a estrea da ópera Don Perlimplín de Vittorio Rieti no Théâtre des Champs-Élysées de París; ese mesmo ano estreou a ópera Soledad de Joan Manén no Gran Teatre del Liceu de Barcelona baixo a dirección do compositor.[5] En 1957 recibiu o Premio Nacional de Interpretación Lírica na súa modalidade femenina,[6] galardón que foi outorgado nese mesmo ano ao ilustre tenor Alfredo Kraus na súa modalidade masculina.

En 1960 foi o compositor Jesús Guridi, director do conservatorio, que a recomendou para que solicitase unha bolsa da Fundación Juan March. A concesión desta bolsa permitiulle a Inés continuar os seus estudos no estranxeiro. Trasladouse a Viena, onde estudou co mestre Erik Werba na Academia de Música e Artes Interpretativas.[4] Con el perfeccionouse no repertorio de lied (canción de concerto) e oratorio, labor que xa iniciara en Madrid con Lola Rodríguez Aragón.

O 23 de outubro de 1956 participou na histórica representación da zarzuela Doña Francisquita de Amadeo VIves co gallo da reinauguración do Teatro de la Zarzuela de Madrid. No elenco daquela función participaron Ana María Olaria (Francisquita) e Alfredo Kraus (Fernando), entre outros cantantes, baixo a dirección escénica de José Tamayo e musical de Odón Alonso.[7]

No Liceu de Barcelona interpretou en 1964 o papel principal da Carmen de Bizet xunto a Pedro Lavirgen, Mirna Lacambra e Orazio Gualtieri, baixo a dirección de Eugenio M. Marco. Inés interpretou tanto o rol de Aurora de Doña Francisquita e o papel protagonista da Carmen, en numerosas ocasións ao longo da súa carreira por toda España, en Portugal (Lisboa) e en Alxeria (Orán). Foron os dous personaxes máis exitosos da súa carreira.

No Teatro de la Zarzuela estreou en 1964 El hijo fingido de Joaquín Rodrigo xunto a Ana Higueras e Isabel Penagos (Ángela), Luis Villarejo (Leonardo) e Esteban Astarloa (Fajardo), entre outros cantantes e actores, baixo a dirección musical de Odón Alonso. Na súa traxectoria destaca o repertorio lírico español: Inés incorporou ao seu repertorio (representado, gravado en disco e/ou interpretado en concerto) zarzuelas como La Verbena de la Paloma (Gran Premio Extraordinario ó melor disco gravado e producido en España integramente), Agua, Azucarillos y Aguardiente, La Boda de Luis Alonso, Gigantes y Cabezudos, Bohemios (unha nova versión na que Inés interpretou o rol de Janine, creado para ela),... e óperas españolas como La vida breve de Falla (Premio do Disco en París), Mayo (versión en castelán de El Giravolt de Maig de Toldrà) e Pepita Jiménez de Albéniz, e mesmo o ballet El amor brujo de Falla, obra que gravou en tres ocasións. Interpretou, entre outras obras, Las Golondrinas de Usandizaga, Pan y Toros de Barbieri, Amaya de Guridi, Goyescas de Granados (en Turín e en Madrid) etc. Entre os directores cos que colaborou ocupa un lugar importante o mestre Ataúlfo Argenta. Tamén traballou con mestres como Benito Lauret, Rafael Frübeck de Burgos, Odón Alonso, Jesús Arámbarri, Pablo Sorozábal, Mario Rossi, Louis de Froment, Pedro de Freitas Branco, Igor Markevitch, e moitos outros.

En 1965 volveu ao Liceu de Barcelona para interpretar o papel da maga Ulrica en Un ballo in maschera de Verdi xunto a Amy Shuard, Richard Tucker e Manuel Ausensi. Este papel interpretouno tamén no Teatro Campoamor de Oviedo, no Coliseo Albia de Bilbao, no Teatro Colón da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo.

En 1973 Inés Rivadeneira despediuse dos escenarios con dous concertos en Londres e un terceiro en Oxford. En Londres interpretou La Vida Breve de Manuel de Falla xunto a Victoria de los Ángeles e dirixida por Jean Martinon no Royal Albert Hall e no Queen Elizabeth Hall.[6] En Oxford interpretou El Amor Brujo de Falla e unha selección de romanzas e dúos de zarzuela co barítono Antonio Blancas, baixo a dirección de Luis Antonio García Navarro. En 1972 foi contratada como profesora na Escuela Superior de Canto de Madrid; en 1976 obtivo unha praza como catedrática interina e dous anos máis tarde, tras unha intensa preparación persoal, logrou a praza como catedrática numeraria por oposición. Alí formou a numerosos alumnos até a súa xubilación en 1994.[4]

Aínda que Inés Rivadeneira desenvolveu a súa carreira como intérprete principalmente na ópera e na zarzuela, cultivou tamén o oratorio barroco e clásico e a canción de concerto, xéneros que traballara nos seus inicios con Lola Rodríguez Aragón e máis tarde perfeccionara en Viena con Erik Werba. Tamén adicou parte da súa proxección como cantante ao repertorio sinfónico-coral coa interpretación da Novena Sinfonía de Beethoven, o Stabat Mater de Rossini, o Requiem de Verdi etc.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Zarzuelas completas

[editar | editar a fonte]
  • La verbena de la Paloma (2 versións), La Revoltosa (2 versións), La chula de Pontevedra, La boda de Luis Alonso, El baile de Luis Alonso, El amigo Melquiades, El último romántico, Agua, azucarillos y aguardiente. Editadas por Alhambra-Columbia (1952-1967).
  • La Gran Vía. Ed.: Montilla (1954).
  • La verbena de la Paloma (1972), La Revoltosa (1973). Ed.: Carillón
  • Doña Francisquita, La reina mora, Los de Aragón. Ed.: Vergara (1967)
  • El último romántico (1972), Alhambra SCLL 14042.

Fragmentos de zarzuelas

[editar | editar a fonte]
  • El barberillo de Lavapiés, El dúo de La Africana. Ed.: Montilla (1954)
  • La verbena de la Paloma, Agua, azucarillos y aguardiente, Luisa Fernanda, La Gran Vía, La Caramba, La Revoltosa, Alma de Dios. Ed.: Philips (1956)
  1. 1,0 1,1 SpR (agosto de 2020). "Fallece Inés Rivadeneira a los 91 años". beckmesser.com. 
  2. Elisa Moscoso; Julián Jesús Pérez. "Datos biográficos y artísticos de Inés Rivadeneira" – vía Issuu. 
  3. "En conversación con Inés Rivadeneira". www.zarzuela.net. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 inesrivadeneira.jimdo.com (ed.). "Datos biográficos y artísticos de Inés Rivadeneira". 
  5. "Soledad y el ballet Rosario la tirana" (PDF). Gran Teatre del Liceu. decembro de 1952. 
  6. 6,0 6,1 Mejías García i Raúl Asenjo, Enrique. "En conversación con Inés Rivadeneira". zarzuela.net. 
  7. Pombo Angulo, Manuel (25 de outubro de 1956). "Ensayo general de "Doña Francisquita"". La Vanguardia: 9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]