Interdito
Aparencia
O Interdito é unha sanción prerrogativa do papa na Igrexa católica. Significa a suspensión do culto público, paralización dos oficios divinos e peche das igrexas sobre un territorio. Os sacramentos do bautismo e unción de enfermos serán os únicos ritos permitidos en días santos.
Un Interdito moi coñecido foi o sancionado polo papa Inocencio III sobre o Reino de Inglaterra de 1208 a 1215, provocado pola negativa do rei Xoán I de Inglaterra a aceptar a designación papal para o arcebispado de Canterbury.