Iahrdseit
Iahrtseit (יאָרצײַט, "Tempo (dun) ano" en yiddish, escrito tamén iortsait coa ortografía iiddish estándar do YIVO, Instituto Científico Xudeu; Iohr Tseit, iahrseit, e iartseit, é un termo usado polos xudeus asquenacís non yiddish-parlantes para referirse á conmemoración anual do día da morte dun familiar.
Esta data tamén é coñecida en ladino como naghala. É de práctica xeral, baseada na tradición xudía de que os doentes deben conmemorar a morte dun parente.
Os familares que teñen que completar este ritual son os fillos, irmáns, esposos e pais dos finados. A costume discútese en profundidade por vez primeira en Sefer HaMinhagim (publicado en 1566) polo rabino Isaac Tyrnau.
A data do Iahrtseit determínase polo calendario hebreo, e cae anualmente na data hebrea da morte dos parentes defuntos.
A principal obriga ghalaghic é recitar a versión da oración caddish propia do doente tres veces (mañá, tarde e noite), e moitos acoden á sinagoga aos servizos matutinos (Shacharit), vespertinos (Mincha) e nocturnos (Maariv) dese día. (Durante o servizo de pregarias o caddish é recitado, polo menos, catro veces). Un costume, ou minghag, moi estendido, é aquel no que os parentes acenden unha candea especial que está acesa vinte e catro horas, chamada "candea do Iahrtseit".
Acendendo unha candea do iartseit en memoria dun ser querido é unha tradición que está profundamente arraigada na vida xudía, honrandoa memoria e as ánimas dos defuntos.
A estrita lei xudía esixe que unha persoa faga xaxún o día do iartseit dun dos pais, aínda que isto non é necesario, algunhas persoas xaxúan seguindo a versión máis estrita da lei. Entre moitos xudeus ortodoxos converteuse en costume facer un siium completando un tratado do Talmud ou un volume da Mishnah a véspera do Iahrtseit, en memoria do finado. Un ghalagha que requira un siium ("comida conmemorativa"), tras completar un estudo dese tipo, elimina a obrigatoriedade do xaxún.
Moitas sinagogas terán luces nunha placa conmemorativa especial nun muro do templo, cos nomes dos membros da singagoga que morreron. Cada unha destas luces será acendida para os seus respectivos iartseits e todas para o servizo do iiscor. Algunhas sinagogas tamén as acenderán nos días conmemorativos, como o Iom Gha'Shoah.