Saltar ao contido

Illa Devon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Devon
Imaxe
Tipoilla
Illa deserta Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Árticas do Canadá Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaRegião de Qikiqtaaluk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaNunavut, Canadá Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 75°08′N 87°51′O / 75.13, -87.85
Bañado porBaía de Baffin Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.920 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións524 (lonxitude) km
Punto máis altoDevon Ice Cap (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.920 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie55.247 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1616 Editar o valor en Wikidata

A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 do Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almizcleros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.

A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado hai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]