Saltar ao contido

Illas Sagres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Sagres
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional das Illas Atlánticas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAguiño, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°30′32″N 9°02′58″O / 42.509019, -9.049339
Características
Superficie13,5 ha Editar o valor en Wikidata

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes superficiais e outros que velan e desvelan coa marea.