Saltar ao contido

Irish Independent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Irish Independent
TipoDiario en papel
FundaciónXaneiro de 1905
PropietarioIndependent News & Media
FundadorWilliam Martin Murphy
EditorFionnan Sheahan
TendenciaConservador
Populista
LinguaInglés e irlandés
ISSN0021-1222
Na rede
https://www.independent.ie/
Rottentomatoes: critics/source/2567
Twitter: Independent_ie Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Irish Independent é o diario máis vendido[1] da Irlanda, publicado por Independent News & Media (INM). A miúdo inclúe revistas no seu interior.[2] Mentres que a maior parte dos seus contidos están escritos en lingua inglesa, o diario publica un suplemento semanal en lingua irlandesa chamado Seachtain.[3] A súa publicación irmá é o Sunday Independent.

Tradicionalmente foi un periódico de gran formato, porén en 2004 comezou a producirse en formato compacto e, en decembro de 2012, trala adquisición por O'Brien, anunciouse que só se publicaría nese formato.[4]

O Irish Independent fundouse en 1905 como o sucesor directo do Daily Irish Independent, un diario da década de 1890 favorable a Charles Stewart Parnell. Foi lanzado por William Martin Murphy, un controvertido empresario nacionalista irlandés, firmemente contrario a Charles Parnell e veciño de Timothy Michael Healy, o máis férreo opoñente de Parnell.[5]

Durante o peche patronal dos traballadores en 1913, no cal Murphy erixiuse no líder entre os empresarios, o Irish Independent situouse claramente a favor dos intereses do seu propietario, publicando reportaxes e artigos de opinión hostís contra os folguistas, mostrando seguridade na derrota da unión e lanzando ataques persoais contra o seu líder James Larkin. O Irish Independent describiu o alzamento de Pascua de 1916 como demente e criminal e chamaba ao fusilamento dos seus líderes.[6] En decembro de 1919, durante a guerra de independencia irlandesa, un grupo de vinte membros do Irish Republican Army, destruíron as imprentas do diario, enfadados polas críticas recibidas tralos ataques aos membros da policía metropolitana de Dublín e os oficiais do goberno británicos.[7] En 1924, o tradicional periódico nacionalista, o Freeman's Journal, fusionouse co Irish Independent. Ata outubro de 1986, a cabeceira do xornal incluíu a frase "incorporating the Freeman's Journal" (incorporando o Freeman's Journal).

Durante a maior parte da súa historia, o Irish Independent (tamén coñecido simplemente como o Independent ou, máis coloquialmente, o Indo) foi visto como un periódico nacionalista, católico e anti-comunista,[8] aliñado co partido Cumann na nGaedheal e máis adiante co seu sucesor, o Fine Gael.[8] Durante a guerra civil española, a liña editorial do Irish Independent's mostrouse favorable as tropas de Francisco Franco, criticando ao goberno de Éamon de Valera por non intervir a favor da do bando nacional.[9]

En 1961, incorporouse un arpa negra como símbolo do xornal. En 1972 foi cambiada a cor verde.

Durante a década de 1970, foi adquirido por Tony O'Reilly. Baixo o seu liderado, pasou a ser un xornal máis populista e liberal nalgúns aspectos, pero economicamente na dereita política. A mediados da década de 1990 rematou a súa relación co partido Fine Gael. Nas eleccións xerais irlandesas de 1997, situouse a favor do Fianna Fáil mediante un editorial na primeira páxina titulado "It's Payback Time" (en galego, é tempo de recuperación).[10]

Desde maio de 2012, o Irish Independent está controlado polo multimillonario Denis O'Brien que adquiriu o 29.9% da empresa que o publica. En xaneiro de 2008, mentres completaba a compra de Today FM (a última emisora de radio independente de O'Brien e RTE en Irlanda), O'Brien aumentou as súas accións en Independent News & Media para converterse no segundo accionista maioritario logo de Tony O'Reilly, a quen superou tan só catro anos máis tarde.[11]

  1. "Ireland's best-selling newspaper". independent.ie. 19 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  2. "Who is the greatest Irish footballer of all – see if you agree with our choice". Irish Independent. 30 de novembro de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2012. The Legends is the third glossy magazine and iMag produced by the Irish Independent in just over a week after ‘The Gathering’ publication and our ‘Mistletoe’ Christmas special. 
  3. "Seachtain" é o termo irlandés para semana.
  4. "A message from the editor to you, our reader". Irish Independent. 21 de decembro de 2012. Consultado o 15 de abril de 2013. 
  5. Andy Bielenberg, Entrepreneurship, Power, and Public Opinion in Ireland; The career of William Martin Murphy.
  6. Easter Rising newspaper archive Arquivado 9 de abril de 2016 en Wayback Machine.—de BBC History
  7. "Following a report on the assassination of the Lord Lieutenant...the IRA attacked the offices of the (Irish Independent) the following day." Ian Kenneally, The Paper Wall: Newspapers and Propaganda in Ireland 1919-1921. Dublin, Collins Press. 2008, ISBN 1905172583 (p.105).
  8. 8,0 8,1 "During the Free State Period, the Independent was characterized by a triumphalist strain of Catholicism, virulent anti-Communism and support for the Pro-Treaty Party." Fearghal McGarry, "Irish Newspapers and the Spanish Civil War", Irish Historical Studies, Vol. 33, No. 129 (May 2002), pp. 68-90.
  9. Fearghal McGarry, "Irish Newspapers and the Spanish Civil War", Irish Historical Studies, Vol. 33, No. 129 (May 2002), pp. 68-90.
  10. Irish Examiner archives Arquivado 08 de maio de 2009 en Wayback Machine.—O’Reilly ‘took revenge in editorial’
  11. Hancock, Ciarán (12 de xaneiro de 2008). "O'Brien seals €200m deal for Emap's three Irish radio outlets". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]