Jørn Andersen
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1963 (61 anos) Fredrikstad, Noruega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Noruega Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Niklas Andersen | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Bjørg Andersen | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jørn Andersen, nado en Fredrikstad o 3 de febreiro de 1963, é un ex-futbolista e adestrador noruegués. Desde 2006 é o adestrador da selección de fútbol de Corea do Norte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Noruega
[editar | editar a fonte]A súa carreira arrincou no equipo local do ;Østsiden. Logo pasou polo Fredrikstad e logrou sete goles en 43 participacións na máxima categoría. Na tempada 1985 transferírono ao Vålerenga, co que marcou 23 goles en 22 partidos.
Alemaña
[editar | editar a fonte]En 1985 firmou co FC Nürnberg alemán. En 78 partidos marcou 28 goles antes de ingresar no Eintracht Frankfurt. En 1990 Andersen converteuse no primeiro xogador estranxeiro en acadar o maior número de goles nunha tempada na Bundesliga con 18.[1] En 1990–91 Andersen xogou co Fortuna Düsseldorf antes de pasar ao Hamburger SV (1994–95) e ao Dynamo Dresden.[2]
Suíza
[editar | editar a fonte]De Dresden Andersen foi a Suíza para fichar co FC Zürich en 1995, mais só logrou marcar dous goles en 33 encontros. En 1998 deixou o FC Lugano para ir ao FC Locarno.
Carreira internacional
[editar | editar a fonte]Debutou con Noruega en 1985 e tivo un total de 27 participacións co seu país, logrando cinco goles.[3] O seu último partido internacional foi nunha cualificación para o compionato europeo contra Hungría en outubro de 1990, substituíndo a Jahn Ivar Jakobsen.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Tras deixar os terreos de xogo converteuse en adestrador xuvenil do FC Luzern e logo volveu a Alemaña para adestrar ao Rot-Weiß Oberhausen des 2003 ata 2004. Despois foi axundante de Horst Köppel no Borussia Mönchengladbach.
En maio de 2007 firmou co equipo grego do Skoda Xanthi pero cesou en xuño de 2007.
A finais de 2007 firmou co equipo da 2. Bundesliga Kickers Offenbach, mais foi incapaz de evitarlles o descenso. O 20 de maio de 2008 comprometeuse por dous anos con outro equipo da 2. Bundesliga, o Mainz 05, e baixo a súa dirección conseguiu a promoción á Bundesliga, malia o éxito o club despediuno o 3 de agosto de 2009.
A mediados de decembro de 2010 aceptou adestrar ao equipo grego do Larissa. Non obstante tras perder tres partidos de liga e fracasar na copa, sen puntuar un só gol, Andersen marchou exercendo só 24 días a titularidade no equipo.[4] Seis meses máis tarde regresou a Alemaña para facerse cun equipo da segunda división, o Karlsruher SC. E o 2 de xaneiro de 2015 fíxose coa dirección do Austria Salzburg.[5]
Deixou o equipo en decembro de 2015 e aceptou adestrar á selección de Corea do Norte en maio de 2016,[6] por primeira volta desde 1994 Corea do Norte tiña un adestrador estranxeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "(West) Germany - Top Scorers". rsssf.com.
- ↑ "Jørn Andersen - Matches and Goals in Bundesliga". rsssf.com.
- ↑ "Norway - Record International Players". rsssf.com.
- ↑ "Jörn Andersen nach 24 Tagen entlassen". Spiegel. 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Däne Andersen übernimmt Austria Salzburg". Oe24. 2 de xaneiro de 2015.
- ↑ "NRK: Jørn Andersen ny landslagstrener for Nord-Korea". VG. 11 de maio de 2016.
- Nados en 1963
- Nados no condado de Østfold
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas de Noruega
- Xogadores do Fredrikstad FK
- Xogadores do Vålerenga Fotball
- Xogadores do 1. FC Nürnberg
- Xogadores do Eintracht Frankfurt
- Xogadores do Fortuna Düsseldorf
- Xogadores do Hamburger SV
- Xogadores do Dynamo Dresden
- Xogadores do FC Zürich
- Xogadores do FC Lugano
- Xogadores do FC Locarno
- Xogadores da selección de fútbol de Noruega
- Adestradores de fútbol de Noruega
- Adestradores do Karlsruher SC
- Adestradores do AE Larissa FC
- Adestradores do SV Austria Salzburg
- Adestradores da selección de fútbol de Corea do Norte