Joaquín Balaguer
Aparencia
Joaquín Antonio Balaguer Ricardo, nado o 1 de setembro de 1906 en Navarrete (hoxe Villa Bisonó) e finado o 14 de xullo de 2002 en Santo Domingo, foi Presidente da República Dominicana nos períodos 1960-1962, 1966-1978 e 1986-1996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en leis e escritor. De orixe catalá, protexido de Rafael Leónidas Trujillo, foi acusado polos seus opoñentes de fraude electoral e intimidación. Tamén está considerado o fundador do moderno estado dominicano.