John P. Marquand
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Nome orixinal | John Phillips Marquand |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de novembro de 1893 Wilmington, Estados Unidos de América |
Morte | 16 de xullo de 1960 (66 anos) Newburyport, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Massachusetts |
Educación | Universidade Harvard Harvard College Newburyport High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, novelista, escritor |
Membro de | |
Pseudónimo literario | J.P. Marquand |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | Philip Marquand |
|
John Phillips Marquand, nado en 1893 e finado en 1960, foi un novelista americano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marquand naceu en Wilmington, Delaware e medrou nos suburbios de Nova York. Tras un empeoramento da situación económica da súa familia, os pais enviárono a vivir cos seus tíos en Newbutyport, Massachusetts, onde cursou os estudos elementais.
Graduouse en Harvard en 1915, traballou como xornalista durante algún tempo e serviu como voluntario na primeira guerra mundial. Á súa volta aos Estados Unidos traballou como xornalista e máis tarde como publicista. En 1922 casou con Christina Sedgwick, filla do editor de The Atlantic Monthly, un dos xornais máis prestixiosos do país. En 1925 publicou o seu primeiro libro, unha exploración da vida e da lenda de Timothy Dexter (1763-1806), un excéntrico personaxe do século XVIII.
Converteuse nun escritor prolífico e exitoso en revistas populares como Saturday Evenint Post. A mediados dos anos 30, Marquand comeza a publicar unha serie de novelas satíricas sobre a vida norteamericana, centradas en Nova Inglaterra, a primeira foi The Late George Apley (1937) unha sátira da clase alta bostoniana que gañou o premio Pulitzer (1938), outras novelas foron Wickford Point (1939), H.M. Pulham, Esquire (1941), So Little Time (1941) e Point of No Return (1949), retrato satírico do antropólogo de Harvard W. Lloyd Warner. Entre 1937 ata 1960 foi un dos novelistas máis populares dos Estados Unidos, hoxe está case esquecido, e tan só se lembra por unha serie de novelas de detectives centradas no personaxe ficticio de Mr. Moto, a primeira foi Your Turn, Mr. Moto(1935) e que protagonizou Peter Lorre.
Casou por segunda vez con Adelaide Ferry Hooker, irmá da muller de John D. Rockefeller.