Saltar ao contido

José Luis Rodríguez Zapatero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Rodríguez Zapatero

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello Europeo
1 de xaneiro de 2010 – 30 de xuño de 2010
← Fredrik ReinfeldtYves Leterme →
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente do Goberno de España
16 de abril de 2004 – 21 de decembro de 2011
← José María AznarMariano Rajoy →
Deputado no Congreso dos Deputados
24 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Secretario Xeral do PSOE
22 de xullo de 2000 – 4 de febreiro de 2012
← Joaquín AlmuniaAlfredo Pérez Rubalcaba →
Deputado no Congreso dos Deputados
29 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
12 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
25 de xuño de 1993 – 27 de marzo de 1996

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
18 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Datos persoais
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, estadista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSonsoles Espinosa Editar o valor en Wikidata
ParentesJuan Rodríguez Lozano, avó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1659170 BNE: XX1578250 Dialnet: 111253 Editar o valor en Wikidata

José Luis Rodríguez Zapatero (Es-José Luís Rodríguez Zapatero.oga pronunciación ), nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León, é un político español, que foi o quinto Presidente do Goberno de España dende a aprobación da Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións ao Congreso dos Deputados do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Deixou o cargo o 21 de decembro de 2011.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educación e formación

[editar | editar a fonte]

Logo dunha escolaridade en centros relixiosos (Colexio dos Discípulos de Xesús de León, despois ao Colexio Leonés), entra na Universidade de León para seguir os estudos de Dereito seguindo a tradición familiar (o seu pai, decano do Ilustre Colexio de Avogados de León, administra cos seus outros fillos un gabinete de dereito administrativo).

En 1983, José Luis Rodríguez Zapatero é graduado en Dereito, cunha tese de final de estudos consagrada ao estatuto da rexión autónoma de Castela e León (última rexión española por constituírse como autónoma nese mesmo ano).

É contratado como profesor adxunto en Dereito Constitucional, e permanecerá en contacto coa formación universitaria ata 1986, ano en que vai consagrarse á súa carreira política.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Comprométese, xa desde moi novo do mesmo xeito que a súa familia politicamente ben á esquerda. En 1976, asiste co seu pai á primeira reunión autorizada do Partido Socialista Obreiro Español en Xixón e en 1978, pegando carteis para este partido.

Adhírese a este partido socialdemócrata en febreiro de 1979 empuxado dunha parte pola súa admiración do discurso de Felipe González, e doutra polas ideas herdadas do seu avó paterno. Apoiado polo deputado local Ángel Capdevilla, en decembro de 1982 é nomeado secretario do partido en León, á idade de vinte e dous anos. A súa ascensión política monta en frecha desde ese momento e intégrase nas comisións da Constitución, Defensor do Pobo, Xustiza e Interior.

Foi elixido secretario xeral da Federación Socialista de León (FSL) no congreso celebrado en Astorga o 19 de xuño de 1988. Será tamén elixido deputado pola súa provincia nas eleccións lexislativas do 22 de xuño de 1989, converténdose no cargo electo máis novo do Congreso.

Zapatero en Tolosa, Francia, en 2007.

Reelixido á cabeza dos socialistas de León en febreiro de 1991 e de novo como deputado o 6 de xuño de 1993, no Congreso Federal de marzo de 1994 como secretario xeral do FSL, esta vez polo 70% dos delegados, conserva por cuarta vez o seu escano nas Cortes o 3 de marzo de 1996.

O PSOE colócao entón á Mesa Bipartidos con Esquerda Unida, ocupándose da reforma do modelo de Financiamento das Autonomías.

O 16 de novembro de 1997, reelíxeselle a secretario rexional do PSOE.

O 22 de xullo de 2000, consegue as rendas do PSOE no XXXV Congreso por 414 votos (41,7 % dos delegados), contra 405 a Bono (40,8 %) e afirma inmediatamente que desexa «un cambio tranquilo, sereno e disciplinado e proponse practicar unha oposición socialmente útil».

O 27 de outubro de 2002, Zapatero é oficialmente candidato á presidencia do Goberno. O naufraxio do buque Prestige fronte ás costas de Galicia, vai verter toneladas de chapapote, contaminando as costas galegas sen que o Goberno tome as xustas medidas necesarias a esta situación [Cómpre referencia]. A indignación popular vai favorecer politicamente á oposición que vai acusar o Goberno de Aznar de desinformación e mentira.

As sondaxes para as eleccións lexislativas previstas para o 2004 daban entón aos dous homes a igualdade, pero é durante o ano 2003, coa intervención militar de España en Iraq, cando cerca do 90 % dos españois xulgan negativa[Cómpre referencia] a iniciativa do Goberno. Para rematar, a só 3 días das eleccións, prodúcese o atentado do 11-M, causando 192 mortos. A designación primeira de ETA como autora do atentado por parte do Ministerio de Interior, desmentida polas investigacións da policía, que apuntaban a vía islámica, crearon unha corrente de desconfianza e de condenas ao Goberno por mentir ao pobo con fins electoralistas.

O 14 de marzo de 2004, o PSOE gaña as eleccións lexislativas por 42,64 % contra o 37,64 % do PP, 164 escanos contra 146, (a maioría absoluta situábase en 174). O 17 de abril José Luis Rodriguez Zapatero é nomeado quinto presidente da democracia.

No seu primeiro discurso como presidente quere recordar a memoria do seu avó (fusilado en 1936) lendo unhas frases do testamento para declarar «(...) un desexo infinito para a paz, o amor para o ben e todo o que poida mellorar as condicións sociais de todos».

O 9 de marzo de 2008, Zapatero imponse con claridade, aínda que sen chegar a acadar a maioría absoluta, nas eleccións lexislativas por segunda vez consecutiva. Conseguiu 169 escanos (5 máis que nas eleccións de 2004) fronte ós 153 do Partido Popular (7 máis que en 2004).

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]
José Luís Rodríguez Zapatero

Á hora de situarse no espectro político, Zapatero afirmou que "Máis que un socialdemócrata son un demócrata social". Para Zapatero, "O programa dunha esquerda moderna pasa por unha economía ben gobernada con superávit das contas públicas, impostos moderados e un sector público limitado. Todo iso, conxugado coa extensión dos dereitos civís e sociais"[1]. Zapatero afirmou que aínda que "Hai moita xente neste país que bota de menos un partido de centro", "eu nunca serei dese partido de centro". Respecto dos seus rivais de dereitas, matizaba a súa afirmación á popular revista Marie Claire de que nada me ensinou a dereita"[2] dicindo que "A dereita neste país ensinoume que a esquerda fai avanzar a democracia". Igualmente resaltou que "Os grandes avances no mundo fixéronse defendendo a causa dos dominados"[3]. Neste sentido, Zapatero falou en numerosas ocasións de como a memoria do seu avó fusilado, Juan Rodríguez Lozano, motivou as súas conviccións políticas.

Zapatero móstrase tamén como un fervente pacifista e partidario do diálogo para solucionar os conflitos, tendo promovido a retirada das tropas españolas de Iraq, a Alianza de Civilizacións ou o proceso de paz con ETA. Neste senso, o ex presidente de Goberno, preocupado por unha necesaria loita contra a deterioración ambiental á que non se destinan os mesmos recursos que á guerra contra o terrorismo, afirmou que o cambio climático "provocou xa máis vítimas que o terrorismo internacional e o seu potencial de destrución é tamén moi superior" [4].

Segundo goberno Zapatero

[editar | editar a fonte]

O 9 de marzo de 2008 o PSOE venceu por segunda vez consecutiva as eleccións xerais, volvendo ser reelixido presidente de España. Esta etapa coñécese como segundo goberno Zapatero.


Predecesor:
José María Aznar
 
Presidente do Goberno de España
 
2004 - 2011
Sucesor:
Mariano Rajoy
Predecesor:
Joaquín Almunia
 PSOE
Secretario Xeral do PSOE
 
2000 - 2011
Sucesor:
Alfredo Pérez Rubalcaba

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]