Saltar ao contido

Josefina Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosefina Salgado
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1989 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,66 m Editar o valor en Wikidata
Peso57 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva400 metros lisos Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14604626 Editar o valor en Wikidata

Josefina Salgado, nada en Ourense o 16 de marzo de 1946 e finada en Madrid o 4 de xuño de 1989, foi unha atleta galega especializada en carreiras de velocidade e salto de lonxitude. Foi a primeira muller española que participou nun Campionato de Europa de Atletismo, ademais de ser catorce veces campioa de España e bater vinte e nove récords de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Ourense o 16 de marzo de 1946, a máis vella de tres irmáns. Comezou a practicar o atletismo en 1965, seguindo a súa irmá máis nova, Aurora, quen tamén acabou logrando medallas nacionais. A finais dese ano xa conseguira entrar na clasificación nacional de salto de lonxitude e 800 metros.[1]

En 1966 obtivo o seu primeiro título de campioa de España, nos 400 metros, proba que foi a súa preferida.

En xullo de 1967 bateu por primeira vez o récord de España nesa distancia cunha marca de 59.1, fronte aos 59.7 que tiña María José Álvarez. Unha semana despois debutou como internacional nun encontro contra Bélxica, volvendo bater o récord de España (58.5). A finais dese ano a RFEA ofreceulle adestrar con José Manuel Ballesteros, polo que se trasladou a vivir a Madrid, cidade en que residiu até a súa morte.[1] Ademais dos 400, Salgado competía con éxito nos 800 metros, dos que tamén bateu o récord de España en 1968 (2:12.9).

En 1970, tras un período de certo estancamento, deixou a Ballesteros e comezou a adestrar con Manuel Pascua. Isto levouna a preparar tamén os 200 metros, distancia en que tamén se converteu na mellor atleta de España.

En 1971 acudiu ao Campionato de Europa, converténdose na primeira muller española que participaba nel.[2] Salgado acabou última da súa serie cunha marca de 56.3. Non obstante, en outubro do mesmo ano conseguiu a medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos.

En 1973 bateu por novena e última vez o récord de España dos 400 m, deixándoo en 54.1, 5.6 segundos por baixo de onde estaba cando o conseguiu por primeira vez. Tamén bateu o dos 200 metros (24.6) e o de 400 metros valados (1:04.7), distancia que non adoitaba disputarse en categoría feminina. Ese ano foi a única muller española no Campionato de Europa en pista cuberta. Acabou terceira da súa serie cunha marca de 56.04.[1]

En 1974 participou por última vez no campionato de España, gañando o ouro en 200 m e en salto de lonxitude. A partir de entón, debido ás súas obrigas laborais e aos seus enfrontamentos coa federación, a súa carreira deportiva entrou en declive e retirouse pouco despois.[1]

Josefina Salgado morreu o 4 de xuño de 1989, vítima dun cancro de mama.[3] Trala súa morte púxose o seu nome ás pistas de atletismo de Monterrei (O Pereiro de Aguiar)[4] e en 2014 a Xunta de Galicia outorgoulle a distinción ao Mérito Deportivo, a título póstumo.[1]

Competicións

[editar | editar a fonte]

Internacionais

[editar | editar a fonte]
Ano Competición Sede Posto Proba Marca
1971 Campionato Europeo Helsinqui 27ª (s..) 400 m 56.27
Xogos Mediterráneos Esmirna 400 m 56.0
1973 Campionato de Europa de Atletismo Rotterdam 13ª (s..) 400 m 56.04

Campionatos de España

[editar | editar a fonte]

Josefina Salgado foi doce veces campioa de España ao aire libre e dúas en pista cuberta:

Ao aire libre

[editar | editar a fonte]
  • 200 metros: 1970, 1971, 1974
  • 400 metros: 1966, 1967, 1968, 1970, 1971, 1973
  • 800 metros: 1967, 1973
  • Salto de lonxitude: 1974

En pista cuberta

[editar | editar a fonte]
  • 400 metros: 1968
  • 800 metros: 1973

Marcas persoais

[editar | editar a fonte]
Aire libre
Proba Marca Lugar Data
100 metros 12.3 Madrid 29 de xuño de 1971
200 metros 24.6 Madrid 24 de xuño de 1973
400 metros 54.1 Barcelona 15 de xullo de 1973
800 metros 2:09.96 Londres 5 de agosto de 1972
Salto de lonxitude 5.81 Madrid 13 de xuño de 1973

Josefina Salgado conseguiu bater o récord de España de diversas probas atléticas en polo menos vinte e nove ocasións.[5] Entre elas, as seguintes:

Ao aire libre

[editar | editar a fonte]
  • 200 metros: 24.6 (1973)
  • 400 metros: Nove veces, até 54.1 (1973), dúas máis con cronometraxe eléctrica
  • 800 metros: 2:12.9 (1968)
  • 400 metros valados: 1:04.7 (1973)
  • 4×400 metros: Cinco veces, até 3:43.2 (1973)

En pista cuberta

[editar | editar a fonte]
  • 400 metros: Cinco veces, até 55.9 (1973), unha máis con cronometraxe eléctrica (56.04, tamén en 1973)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Navaza, Emilio (23 de febreiro de 2017). "Josefina Salgado". Vida Atlética de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  2. Barberarena, Chema (19 de xuño de 2018). "Los mejores momentos de España en los Campeonatos de Europa (IV): Las primeras participaciones españolas. Quienes lo cambiaron todo". RFEA. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  3. "La céltica Loli Garcia, primera campeona española de 800 m. en pista cubierta, en 1968 : “Me acuerdo como si fuera hoy”, nos dice". Celta Atletismo. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  4. Pista de Atletismo Josefina Salgado – O Pereiro de Aguiar
  5. Ten algunhas marcas mellores que o récord vixente nese momento, mais non constan como récord de España e ignórase o motivo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]