Saltar ao contido

Joshua Redman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoshua Redman

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Berkeley High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, saxofonista, músico de jazz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoJazz e Post-bop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoSaxofone tenor (pt) Traducir, saxofone soprano (pt) Traducir e Saxofón Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Nonesuch Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiDewey Redman Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webjoshuaredman.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0715009 Instagram: joshuaredmanmusic MySpace: joshuaredmanofficial Spotify: 3uaHfXYx9Fh4HjqMbrWn5S Musicbrainz: b00a17c3-72b2-4e39-96f9-770ba6cf4573 Songkick: 491130 Discogs: 95092 Allmusic: mn0000280434 Editar o valor en Wikidata

Joshua Redman, nado en Berkeley (California) o 1 de febreiro de 1969, é un saxofonista e compositor de jazz que traballa para Nonesuch Records. Gañou o premio Thelonious Monk International Jazz Saxophone Competition de 1991.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Joshua Redman era fillo do saxofonista tenor Dewey Redman e da bailarina Renee Shedroff. Seu pai era afroamericano e súa nai era xudía . Tocou varios tipos de música no Centro para Música Mundial en Berkeley, onde súa nai estudou baile indio. Ao largo dos seus estudos foi influenciado por músicos e grupos musicais como Jody Diamond, John Coltrane, Ornette Coleman, Cannonball Adderley,os Beatles, Aretha Franklin, osTemptations, Earth, Wind and Fire e Led Zeppelin meteron a Joshua máis profundamente na música. Comezou tocando o clarinete a idade de nove anos, pero un ano máis tarde, comezou co saxofón tenor, instrumento co que fixo a súa carreira musical.

Graduouse no Berkeley High School , no que formou parte do grupo de Jazz do instituto, e no 1991 graduouse en Harvard, a vez que foi aceptado pola Escola de dereito da Universidade de Yale. Algúns dos seus amigos convencerono para trasladarse para Nova York , e posteriormente viuse involucrado no mundo do jazz e empezou a relacionarse con outros grandes artistas do jazz da súa época como Peter Bernstein, Larry Goldings, Kevin Hays, Roy Hargrove, Geoffrey Keezer, Leon Parker, Jorge Rossy e Mark Turner.

Redman gañou o Thelonious Monk International Jazz Saxophone Competition no 1991, e aí empezou a súa verdadeira carreira musical. Despois disto , Redman conseguiu un contrato con Warner Bros. O seu primeiro álbum titulouse Choices [1] e publicou o seu segundo álbum, Wish[1], cando era o líder dun cuarteto moi prestixioso, constituído polo guitarrista Pat Metheny, o baixista Charlie Haden, e o batería Billy Higgins. Este cuarteto tivo unha exitosa xira , só cun cambio na batería , Christian McBride por Billy Higgins. Logo seguiu a formar parte doutros cuartetos ata que se formou o trio Elastic[1], formado por Redmman,Sam Yahel e Brian Blade , que debutaron cun álbum chamado Yaya3 , e este trio pasouse a chamar Joshua Redman Elastic Band.

No 2000 Redman foi director artístico da Spring Season[2], organización non lucrativa que presenta jazz, SFJAZZ . Logo Redman e outros directores desta organización decidiron formar o Colectivo SFJAZZ, do que Joshua formaría parte e este proxecto estreouse no 2004 .No ano 2007 Redman comunicou que deixaba de formar parte tanto da SFJAAZ como do Colectivo SFJAAZ para experimentar outras cousas na súa vida .

Polo 1995, Redman, saliu nunha novela de televisión como un dos personaxes principais e tamén compuxo a banda sonora para unha película (Love and Betrayal: The Mia Farrow Story, 1995). No 2009 Redman comezou a formar parte dunha nova banda colaborativa: James Farm, constituída polo pianista Aaron Parks, o baixista Matt Penman, e o batería Eric Harland. Publicaron o primeiro álbum en abril de 2011.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Joshua Redman : Album Discography". AllMusic. Consultado o 2018-04-08. 
  2. "Joshua Redman talks about the SF JAZZ Spring Season and SF JAZZ Collective". SFGate. Consultado o 2018-04-08.