Jaume Cabré
Jaume Cabré i Fabré, nado en Barcelona o 30 de abril de 1947, é un escritor e guionista catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en filoloxía catalá na Universidade de Barcelona, foi catedrático de ensino medio e é profesor na Universidade de Lleida, tamén é membro da sección filolóxica do Institut d'Estudis Catalans. Durante moitos anos compaxinou a escrita literaria co ensino. Tamén realizou guións para o cine e a televisión. Con Joaquim Maria Puyal, foi o creador e guionista da primeira telenovela en catalán: La granja (1989-1992), á que seguiron guións para outras series como ;Estació d'enllaç (1994-1998) e Crims (2000) e para os telefilmes La dama blanca (1987), Nines russes (2003) e Sara (2003). Para o cine, escribiu (xunto con Jaume Fuster, Vicenç Villatoro e Antoni Verdaguer) o guión da película de Antoni Verdaguer La teranyina (1990), baseada na súa novela, premio Sant Jordi de 1984.[1] Co mesmo equipo realizou o guión de Havanera (1993).
Recibiu os principais galardóns da literatura catalá a obra inédita e a traballo publicado, así como o Premio de Honra das Letras Catalás, concedido por Òmnium Cultural, para o conxunto do seu traballo e carreira.[2] E en 2014 a Generalitat outorgoulle a Creu de Sant Jordi polos servizos prestados a Cataluña.[3]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Deuse a coñecer con dous libros de narracións, Faules de mal desar (1974) e Toquen a morts (1977).[4]
Na súa primeira novela, Galceran, l'heroe de guerra negra (1978), xa aparecen os que serán os termas centrais da súa obra: o poder e a condición humana. O personaxe do bandido Jaume Galceran, cheo de contradicións, está tratado como un heroe, mesmo ao seu pesar, durante a Guerra dels Matiners (Segunda Guerra carlista).
A segunda novela,Carn d'olla (1978), fai destacar un personaxe ben diferente, Barringa Barranga, unha ex-prostituta que estableceu unha ampla rede de relacións no barrio barcelonés de Sant Antoni.
En El mirall i l'ombra (1980), apareceu por primeira volta a música e, en certo modo, a reflexión sobre o valor da creación artística, que máis tarde van ser temas presentes de maneira constante.
Tamén en 1980 publicou unha obra de literatura infantil, a novela, La història que Roc Pons no coneixia e, un ano máis tarde, un conto que leva por título El blauet.
Consolidación
[editar | editar a fonte]Durante os anos 1984 e 1985, aparecen os tres títulos que comporán o ciclo de Feixes, e no que levaba a traballar anos. En 1984 publicou La teranyina, unha historia enmarcada na Semana Tráxica e que conta as vicisitudes da época, na cidade de Feixes, correlato literario de Terrasa. A loita polo poder político, económico e familiar, reflíctese nos movementos dos diversos personaxes da familia Rigau, e os outros personaxes presentes nesta novela.
Do mesmo 1984 é Fra Junoy o l'agonía del sons, unha novela de xestación lenta, na que ademais dos movementos subterráneos do mundo eclesiástico de Feixes e do mosteiro de La Ràpita, do que o frade protagonista é o confesor, a música ten un protagonismo destacable. Algúns dos personaxes xa presentes en La teranyina e o mundo de Feixes tamén están presentes nesta novela, que non deixa de ser unha continuación da anterior. Destaca a figura de fra Junoy, unha especie de vítima dos que teñen o poder de manipulación.
En 1985 publicou a novela curta Luvowski o la desraó, que é o punto final destes personaxes e familias que viviron nas outras dúas novelas. Esta historia publicouse nun libro de relatos, Llibre de preludis, no que a música está aínda máis presente.
En 1984 publicou a súa segunda novela infantil, L'home de Sau.
Madurez
[editar | editar a fonte]En 1991, apareceu Senyoria, unha novela sobre a corrupción xudicial nun réxime absolutista e situada na Barcelona de finais do século XVIII. Protagonizada por Rafel Massó, o rexente civil da Audiencia de Barcelona, describe a figura do verdugo, con todos os seus medos e o seu egoísmo.
L'ombra de l'eunuc (1996) é unha novela que relata os anos finais do franquismo, a transición e os anos seguintes desde o punto de vista da xeración do autor, personificada por Miquel Gensana, o protagonista. Ao mesmo tempo, é unha novela de reflexión sobre o feito creativo e, sobre todo, o feito musical. A estrutura do relato baséase na estrutura do Concerto para violín e orquestra, de Alban Berg. En 1999 publicou El sentit de la ficciò, un ensaio sobre a creación literaria, sobre a escrita.
No ano 2000 retornou ao conto co libro de relatos, Viatge d'hivern, que contén catorce historias ligadas unhas ás outras por impulsos agachados.
O ano seguinte, en 2001, publicou e estreou no Teatro Nacional de Cataluña, a obra de teatro Pluja seca, na que aparece o tema da terxiversación da memoria histórica e a reflexión que procede de escribir os vencedores a historia. O drama comeza no castelo de Peníscola convertido en corte papal o día que morre Bieito XIII e o colexio cardenalicio decide nomear un sucesor, e que en Roma cualifican de antipapa.
A súa novela Les veus del Pamano (2004) arrrinca nos anos corenta nunha aldea do Pallars Sobirà e chega ata os nosos días, cun friso de personaxes amplo como os profesores Oriol Fontelles e Tina Bros, ou a señora Elisenda Vilabrú. A memoria histórica, a imposibilidade de perdón, o medo ao esquecemento son algúns dos temas que aparecen nesta novela. O 16 de novembro de 2009, TV3 estreou unha miniserie de dous episodios baseado na novela.[5]
En 2005, publicou o seu segundo ensaio: La matèria de l'esperit, sobre a lectura literaria.
En 2011 publicou Jo confeso, unha novela de novelas na que reflexiona sobre a idea do mal na historia da humanidade a partir da vida du personaxe culto e moi intelixente nacido na Barcelona da posguerra.
Obras
[editar | editar a fonte]Relato
[editar | editar a fonte]- Faules de mal desar (Editorial Selecta, Barcelona 1974)
- Toquen a morts (Edicions La Magrana, Barcelona 1977)
- Tarda lliure (1981) (Premi Recull, 1980)
- Llibre de preludis (Edicions 62, Barcelona 1985 / Proa, Barcelona 2002)
- Viatge d'hivern (Proa, Barcelona 2000)
- Baix continu (Proa, Barcelona 2007)
Novela
[editar | editar a fonte]- Galceran, l'heroi de la guerra negra (Laia, Barcelona 1978 / Proa, Barcelona 1990)
- Carn d'olla. (Moll, Palma 1978 / Proa, Barcelona 1999)
- El mirall i l'ombra (Laia, Barcelona 1980)
- La teranyina (Proa, Barcelona, 1984)
- Fra Junoy o l'agonia dels sons (Edicions 62, Barcelona 1984 / Proa, Barcelona 1998)
- Senyoria (Proa, Barcelona 1991. Traducido ao galego por Dolores Martínez Torres como Señoría, Galaxia, Vigo, 2002)
- El llibre de Feixes [La teranyina, Fra Junoy o l'agonia dels sons i Luwovski o la desraó] (Proa, Barcelona 1996)
- L'ombra de l'eunuc (Proa, Barcelona 1996)
- Les veus del Pamano (Proa, Barcelona 2004)
- Jo confesso (Proa, Barcelona 2011)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- El sentit de la ficció (Proa, Barcelona 1999)
- La matèria de l'esperit (Proa, Barcelona 2005)
- Les incerteses (Proa, 2015)[6]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Pluja seca (Proa-TNC, Barcelona 2001)
Novelas e relatos infantís
[editar | editar a fonte]- La història que en Roc Pons no coneixia (Editorial La Galera, Barcelona 1980)
- L'any del blauet (Editorial Barcanova, Barcelona 1981)
- L'Home de Sau (Editorial La Galera, Barcelona 1985)
- En Pere i el bosc (Editorial Estrella Polar, Barcelona 2015)
Guións
[editar | editar a fonte]- La dama blanca (telefilme) (1987)
- La teranyina (radionovela) (1988)
- Fins que la mort ens separi (radionovela) (1989)
- La granja (serie TV) (1989-1992)
- La teranyina (filme) (1990)
- Havanera (filme) (1993)
- Estació d'enllaç (serie TV) (1994-1998)
- Crims (serie TV) (2000)
- Nines russes (telefilme) (2003)
- Sara (telefilme) (2003)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jaume Cabré i Fabré" L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "Jaume Cabré, Premi d'Honor de les Lletres Catalanes Arquivado 20 de xuño de 2010 en Wayback Machine.", Vilaweb, 8 de abril de 2010
- ↑ "Jaume Cabré, Vicky Peña, e Josep María Martí, entre o Creus de Sant Jordi 2014", 324.cat, 1 abril de 2014.
- ↑ Gracià, Oriol. «Entrevista a Jaume Cabré». Sàpiens [Barcelona], núm. 109, outubro de 2011, p. 24-25. ISSN: 1695-2014.
- ↑ TV3 estrena avui "Les veus del Pamano" CCRTV, Televisió de Catalunya, 12 de novembro de 2009
- ↑ Nopca, Jordi.«Què llegirem abans de Sant Jordi» (paper). Diari Ara, 3/1/2015, pp. 34-35
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaume Cabré |