Saltar ao contido

Jazz Jennings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJazz Jennings

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Flórida Sul, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJazz Jennings Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
EducaciónBroward Virtual Education High (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónyoutubeira, voceira, produtora de televisión, activista LGBT, participante dun reality show, escritora de literatura infantil, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables

IMDB: nm3881257 Facebook: Jazztrans Twitter: jazzjennings__ Instagram: jazzjennings_ Snapchat: jazzmergirl TikTok: jazzjennings BNE: XX5528481 Last fm: Jazz+Jennings WikiTree: Bloshinsky-2 Editar o valor en Wikidata

Jazz Jennings, nada o 6 de outubro de 2000, é unha rapaza transxénero, youtuber, personalidade dos medios, escritora e activista na defensa dos dereitos LGBTQ.[1][2][3] Jennings acadou a fama por ser unha das persoas máis mozas rexistradas a ser identificada como transxénero, converténdose nunha figura nacional LGBT.

Jennings recibiu atención nacional en 2007 ó conceder unha entrevista para Barbara Walters en 20/20, o que supuxo outras entrevistas e aparicións. Christine Connelly, un membro do consello de administración para Alianza de Gais, Lésbicas, Bisexuais e Transxéneros Mozas de Boston (BAGLY), declarou: "Ela foi a primeira moza que chamou o centro das atencións nacionais, foi á TV e foi quen de articular a súa perspectiva e punto de vista con tanta inocencia." Os seus pais decatáronse que Jazz quería ser considerada unha muller tan pronto como empezou a falar.[4]

Jennings produce unha serie de vídeos na súa canle de YouTube sobre a súa vida chamado "I Am Jazz", converténdose nunha das mozas transxénero en falar publicamente sobre o asunto. Jennings protagoniza a serie de TLC I Am Jazz. A serie estreouse o 15 de xullo de 2015.[3][5]

  1. Daily Mail, ed. (12 de decembro de 2012). "Jazz Jennings: Transgender teen opens up about dating for the first time". 
  2. Nichols, James Michael (14 de marzo de 2015). "Jazz Jennings, Transgender Teen, Becomes Face Of Clean & Clear Campaign". The Huffington Post. 
  3. 3,0 3,1 Grinberg, Emanuella (19 de marzo de 2015). CNN, ed. "Why transgender teen Jazz Jennings is everywhere". 
  4. Goldberg, Alan B.; Adriano, Joneil (27 de abril de 2007). ABC News, ed. "I'm a Girl: Understanding Transgender Children". 
  5. The Learning Channel (ed.). "Transgender Teen Jazz Jennings Will Star in TLC TV Series 'I Am Jazz'". Consultado o 7 de xullo de 2015.