Saltar ao contido

Junkers Ju 288

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Junkers Ju 288
Ju 288 V13, un prototipo do Ju 288B
Tipobombardeiro medio
FabricanteJunkers
Primeiro voo29 de novembro de 1940
Unidades construídas22

O Junkers Ju 288 foi un bombardeiro medio alemán da segunda guerra mundial. Desenvolvido como substituto do Ju 88, o Ju 288 era un deseño totalmente novo. Cando en 1943 se cancelaron moitos bombardeiros alemáns o proxecto do Ju 288 tamén foi abandonado e non chegou a producirse en serie.

A pesar de que o 288 nunca chegou ao estado de produción, e moito menos a ser operativo oficialmente, o avión tivo limitadas misións de combate. En 1944, despois da cancelación do programa, os prototipos das series A e C superviventes equipáronse apresuradamente con armamento defensivo e fixeron labores de recoñecemento na fronte leste. Realizaron moi poucas misións debido á falta de pezas de reposto. Crese que os 288 estiveron na mesma unidade que os poucos Ju 388 de recoñecemento que entraron en servizo.