Saltar ao contido

OGLE-2005-BLG-390Lb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recreación da NASA do OGLE-2005-BLG-390Lb

OGLE-2005-BLG-390Lb (OGLE-05-390Lb) é un planeta extrasolar que orbita a estrela OGLE-2005-BLG-390L, situada a 20.000 anos luz [1][Ligazón morta] da Terra, na constelación de Saxitario, preto do centro da Vía Láctea. No momento do descubrimento era o exoplaneta máis parecido á Terra. O descubrimento do planeta polo Optical Gravitational Lensing Experiment ("Experimento de Lente Gravitatoria Óptica") anunciouse o 25 de xaneiro de 2006. Foi descuberto nos observatorios de ESO en Chile.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

OGLE-2005-BLG-390Lb orbita ao redor dunha estrela anana vermella a unha distancia de 2,5 UA, aproximadamente uns 380 millóns de quilómetros, algo menos que a distancia entre Xúpiter e o Sol. Até este descubrimento, non se encontrara ningún planeta extrasolar a maior distancia de 0,15 UA da súa estrela. O planeta ten un tempo de translación duns 10 anos terrestres.

Situación do OGLE-2005-BLG-390L no espazo.

Estimouse que a masa do planeta é sobre cinco veces a da Terra (cun factor de incerteza de dúas). Algúns astrónomos especulan que pode ter un núcleo rochoso como o terrestre, cunha atmosfera tenue. A distancia á estrela, e a relativa temperatura baixa desta, dá como temperatura superficial do planeta ao redor dos -220 °C. Se é un mundo rochoso, esta temperatura deixaría a substancias volátiles, como o amoníaco, metano e nitróxeno, convertidos en sólidos por conxelación.

Michael Turner, director auxiliar para o directorio de ciencias físicas e matemáticas da National Science Foundation, dixo que "o equipo descubriu o planeta máis parecido á Terra" [1]. Anterior a este descubrimento, o máis pequeno dos planetas extrasolares (Gliese 876 d) tiña 7,5 veces a masa terrestre.

  1. Fleming, Nic (26 de xaneiro de 2006). "Welcome to the Planet OGLE-2005-BLG-390Lb". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 16 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.