Saltar ao contido

O camiño (filme de 1982)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O camiño
Ficha técnica
Título orixinalYol
DirectorŞerif Gören
Yılmaz Güney
ProdutorEdi Hubschmid
Yılmaz Güney
GuiónYılmaz Güney
IntérpretesTarık Akan
Halil Ergün
Şerif Sezer
Meral Orhonsay
MúsicaSebastian Argol
Zülfü Livaneli
EstreaCannes: maio de 1982
Galicia 4 de decembro de 2020 Cineclube Padre Feijoo (Ourense)
Duración124 minutos
OrixeTurquía Turquía
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0084934 Filmaffinity: 900264 Allocine: 53029 Rottentomatoes: m/yol Allmovie: v55842 TCM: 96429 BNE: XX5851587 Netlix: 70043738 Editar o valor en Wikidata

O camiño (en turco: Yol) é un filme turco de 1982 dirixido por Şerif Gören e Yılmaz Güney.[1] O guión foi escrito por Yılmaz Güney, e foi dirixido por Şerif Gören durante o tempo que Güney estivo en prisión. Posteriormente, cando Güney escapou do cárcere, levou os negativos a Suíza e editou o filme en París.[2]

O filme é un retrato de Turquía logo do golpe de estado de 1980: a súa xente e as autoridades son presentadas a través das historias de cinco prisioneiros aos cales se lles concedeu unha semana de licenza. O filme xerou moita controversia en Turquía e estivo prohibido até o ano 1999. Porén, gañou numerosas honras, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1982. Foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 55ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]

Estreouse subtitulado en galego o 4 de decembro de 2020, no Cineclube Padre Feijoo (Ourense) na Casa da Cultura.[4]

  1. Gören, Serif; Güney, Yilmaz (1982-09-01). "Yol" (Drama). Tarik Akan, Serif Sezer, Halil Ergün, Meral Orhonsay. Güney Film, Cactus Film, France 2 (FR2). Consultado o 2021-06-17. 
  2. "Yol – TIFF Cinematheque". TIFF.net. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2013-01-15. 
  3. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
  4. cineclubepf (ed.). "O camiño (Yol) no Cineclube Padre Feijoo". Consultado o 29 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]