O sétimo selo
O sétimo selo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Det sjunde inseglet |
Director | Ingmar Bergman |
Produtor | Allan Ekelund |
Guión | Ingmar Bergman |
Música | Erik Nordgren |
Fotografía | Gunnar Fischer |
Montaxe | Lennart Wallén |
Distribuidora | AB Svensk Filmindustri |
Estrea | 1957 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Suecia |
Xénero | Drama, fantasía |
Na rede | |
O sétimo selo[1][2] (en sueco: Det sjunde inseglet) é un filme sueco de 1957 escrito e dirixido por Ingmar Bergman.
Ambientada na Europa medieval durante a peste negra, relata a viaxe do cabaleiro cruzado Antonius Block (Max von Sydow) e dunha partida de xadrez que este xoga coa propia Morte (Bengt Ekerot), a cal foi a tomar a súa alma. Bergman desenvolveu a trama do filme baseandose nunha peza teatral del titulada Pintura sobre taboa (Trämålning). O título fai referencia a unha pasaxe do libro do Apocalipse ("E cando o Cordeiro rompeu o sétimo selo do rolo, fíxose o silencio no ceo durante unha media hora"), que é utilizado tanto ao comezo coma ao final do filme, a frase "silencio no ceo" fai alusión ao "silencio de Deus", o cal é o tema principal do filme.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Max von Sydow – Antonius Block, cabaleiro cruzado
- Bengt Ekerot – A Morte
- Nils Poppe – Jof, actor
- Bibi Andersson – Mia, actriz
- Gunnar Björnstrand – Jöns, escudeiro
- Inga Gill – Lisa, muller do ferreiro
- Gunnel Lindblom – Muller sen nome
- Åke Fridell – Ferreiro
- Maud Hansson – Muller acusada de bruxería
- Bertil Anderberg – Raval
- Anders Ek – Monxe condutor dos flaxelantes
- Erik Strandmark – Jonas Skat
- Benkt-Åke Benktsson – Home no hostal
- Inga Landgré – Karin, muller do cabaleiro
- Gunnar Olsson - Albertus Pictor, pintor de igrexas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A TVG comeza hoxe un miniciclo de cine dedicado ao lendario director sueco Ingmar Bergman, Europapress, 3 de xuño de 2016.
- ↑ "«O sétimo selo»". La Voz de Galicia. 6 de abril de 2007.