Saltar ao contido

Ocultismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ocultismo designa un conxunto de correntes espirituais e místicas propias de Occidente, de orixes non claras e que se desenvolveu principalmente no século XIX, aparecendo como detentores de doutrinas secretas da Antigüidade e da relixión do Libro. Algunhas grandes figuras do ocultismo marcaran a época como os irmáns Fox, Helena Blavatsky, fundadora da teosofía, Allan Kardec, e máis tarde Georges Ivanovitch Gurdjieff. O termo designa tanto o corpus de doutrinas, como as prácticas propias dos adeptos deste movemento.

Con todo é delicado arriscar unha definición de ocultismo que teña valor xeral. Isto débese á gran multiciplidade de correntes, de autores e organizacións que se proclaman ocultistas. A semellanza de certas relixións, caracterízase pola pluralidade orixinal de correntes reunidas baixo a súa denominación, correntes que á súa vez se dividiran por numerosos cismas, póndose en cuestión unhas a outras e negándose mutuamente a lexitimidade. A discreción dos secuaces complican máis o asunto.