Saltar ao contido

OpenBSD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OpenBSD
OpenBSD 5.9
Escritorio de OpenBSD 5.9
DesenvolvedorThe OpenBSD Project
Familia de S.O.UNIX (BSD)
Lanzamento1/10/1996
Modelo de desenvolvementoCódigo aberto
NúcleoBSD
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaBSD, ISC
Última versión estable6.3 15/4/2018
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webwww.openbsd.org
Logo do proxecto OpenBSD coa mascota Puffy, o pufferfish.

OpenBSD é un sistema operativo, da liña de UNIX, de código aberto con licenza BSD e multiplataforma. Xorde dunha modificación dunha distribución Berkeley Software Distribution (BSD), que era unha distribución de investigación que se creou na Universidade de California, Berkeley. Ese fork, ou novo desenvolvemento, comezouno Theo de Raadt a finais de 1995 empregando a NetBSD como base. Ademais do sistema operativo, a distribución mantén versións que de versións de subsistemas como OpenSSH, e que se integra en múltiples paquetes doutros sistemas operativos.

O proxecto coñécese dentro da súa comunidade de desenvolvemento como un proxecto orientado a ser de código aberto, ter boa documentación, manter a corrección no código fonte, auditar a calidade do código e ofrecer seguridade. Ata 2018, en 22 anos de existencia, só se lle atoparon dúas vulnerabilidades empregando as súas opcións por defecto da instalación. Mantén unha política estrita de licenzas e prefire o uso da licenza ISC e outras variantes da licenza BSD simplificada.

O coordinador do proxecto desde o seu comezo ata o 2018 foi De Raadt, que traballa desde Alberta, Canadá. A mascota do proxecto é un peixe tetraodóntido que ten o alcume de Puffy.

OpenBSD é unha bifurcación, fork, de NetBSD deuse por mor de diverxencias[1] entre Theo de Raadt e os outros fundadores do proxecto NetBSD.

A versión actual é 6.3 foi publicada en abril de 2018. Incluíu melloras no soporte de hardware, en vmm, na implementación da wifi IEEE 802.11 e outras melloras nas conexións á rede, daemons de routing e melloras na seguridade do sistema.[2]

Cota de mercado dos S.O. BSD
  1. zeus.theos.com (eds.). "coremail". 
  2. Theo de Raadt (9/10/2017). "OpenBSD 6.3". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]