Oriol Bohigas
Oriol Bohigas i Guardiola, nado en Barcelona o 20 de decembro de 1925 e finado o 30 de novembro de 2021,[1] foi un arquitecto catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1943 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1951. En 1961 obtivo o título de urbanista e no ano 1963 o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudos, en 1951 fundou xunto a outros arquitectos o Grupo R. Ese mesmo ano asociouse con Josep Martorell e en 1962 con David Mackay formando o estudio de arquitectura MBM Arquitectes.[1] Foi presidente da editorial Edicions 62 (1975-1979). No ano 1977 foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB), cargo que abandonou en 1980 para ser nomeado, polo alcalde socialista Narcís Serra, delegado da área de Urbanismo do concello de Barcelona ata 1984.[1] Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do concello de Barcelona, con Pasqual Maragall, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestruturas para Barcelona co motivo dos Xogos Olímpicos de 1992.
En 1991, foi elixido concelleiro de Cultura. Entre 1981 e 1988 foi presidente da Fundación Joan Miró. Dende o 2007 é o presidente do Ateneo Barcelonés[2], cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca.
Foi catedrático emérito pola Universidade Politécnica de Cataluña e Doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Darmstadt e a Universidade Menéndez Pelayo.
Obras destacadas de MBM Arquitectes
[editar | editar a fonte]- Vivendas na Ronda do Guinardó de Barcelona (1961-1964).
- Edificio Meridiana [3] en Barcelona (1965).
- Sede de Ediciones Destino en Badalona (1965-1967).
- Escuela Thau en Barcelona (1972-1974).
- Edificio de vivendas na Kochstrasse de Berlín, Alemaña (1985-1992).
- A Vila Olímpica e o Porto Olímpico de Barcelona de Barcelona (1985-1992).
- O edificio de oficinas Palau Nou da Rambla en Barcelona (1989-1993).
- A Universidade Pompeu Fabra en Barcelona (1995-2001).
- A ampliación de El Corte Inglés de Barcelona (1998-2004).
Premios e galardóns
[editar | editar a fonte]- 1986 Medalla de Ouro ó Mérito Artístico da Cidade de Barcelona.
- 1990 Medalla de Ouro da Arquitectura que concede o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Foi galardoado tamén ese ano Francisco Cabrero.
- 1991 Premio Creu de Sant Jordi concedida pola Generalitat de Cataluña.
- 1994 Pregoeiro das Festas da Mercè de Barcelona.[4]
- 1999 Premio Ciutat de Barcelona á Proxección Internacional, outorgado polo Ayuntament de Barcelona.
- Galardoado en diversas ocasións co Premio FAD[5], do cal foi un dos impulsores, nos anos 1959 (Quinteiro Pallars), 1962 (Quinteiro Escorial), 1966 (Quinteiro Borrell), 1979 (Quinteiro La Salut), 1984 (Palacio Pons i Pasqual), 1990 (Presentación do Canal+, con Lluis Pau) e 1991 (Porto Olímpico de Barcelona, con Albert Puigdomènech e J. R. de Clascà)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cia, Blanca (1 de decembro de 2021). "Fallece Oriol Bohigas, el arquitecto de Barcelona". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021.
- ↑ Xunta directiva do Ateneo Barcelonés en ateneubcn.org Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en catalán).
- ↑ Ficha do edificio Meridiana en epdln.com (en castelán).
- ↑ Ricart, Marta (24 de setembro de 1994). "Una hora de fraternal nostalgia". La Vanguardia. p. 2. ISSN 1133-4835. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 17 de maio de 2022.
- ↑ Premio FAD en epdl.com (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Oriol Bohigas |
- Páxina web oficial de MBM Arquitectes (en castelán), (en catalán), (en francés) e (en inglés).
- Biografía e obras en epdlp.com (en castelán).
- Biografía e obras en soloarquitectura.com (en castelán).
- Serie documental de arquitectura Elogio de la luz: Oriol Bohigas. Dirección: Juan Martín de Blas, 2003 (en castelán).