Saltar ao contido

Ottavio Bianchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOttavio Bianchi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Brescia, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1960–1966 Brescia Calcio 97(18)
1966–1971   SSC Napoli 109(14)
1971–1973 Atalanta BC 55(6)
1973–1974   A.C. Milan 14(2)
1974–1975   Cagliari Calcio 20(1)
1975–1977 SPAL 35(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1966–1966   Italia 2(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1978–1979 ACR Siena 1904
1979–1980 Mantova 1911
1980–1981 U.S. Triestina Calcio 1918
1981–1983 Atalanta BC
1983–1984 A.S. Avellino 1912
1984–1985 Como 1907
1985–1989   SSC Napoli
1990–1992   AS Roma
1992–1993   SSC Napoli
1994–1995   Inter de Milán
2002–2002   ACF Fiorentina Editar o valor en Wikidata

Ottavio Bianchi, nado en Brescia o 6 de outubro de 1943, é un exfutbolista e exadestrador italiano, que xogaba como centrocampista. Como futbolista destacou principalmente no Brescia, o Napoli e a Atalanta, mentres que como adestrador é especialmente recordado por levar o Napoli a gañar o primeiro campionato de Serie A da súa historia, na tempada 1986/87, na que gañou tamén a Copa de Italia. Dous anos despois gañou tamén a Copa da UEFA co club napolitano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nos equipos xuvenís do Brescia e debutou co primeiro equipo na Serie A en 1965. Ao ano seguinte foi contratado polo Napoli, club co que xogou durante os seguintes cinco anos, vestindo a continuación as camisolas de Atalanta, Milan e Cagliari. Pechou a súa carreira como xogador no SPAL, na Serie B, en 1977. Na súa última campaña no club, exerceu tamén como segundo adestrador de Ottavio Bugatti, tralas destitucións de Guido Capello e Giovanni Ballico. Finalmente Bugatti foi substituído polo galego Luis Suárez.[1]

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Foi dúas veces internacional coa selección nacional, coa que debutou o 1 de novembro de 1966 nun partido amigable ante a Unión Soviética en Milán que rematou con vitoria italiana pola mínima. Anteriormente xogara tamén coa selección B, en marzo de 1966.[2]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Xa plenamente como adestrador, pasou polos bancos do Siena, o Mantova, a Triestina e a Atalanta, gañando con esta última o campionato da Serie C1 na tempada 1981/82.

Durante a tempada 1983/84 debutou na Serie A, no banco do Avellino, e a continuación pasou polo Como, antes de asinar en 1985 polo Napoli. Na súa primeira campaña no equipo azul, quedou terceiro na liga, mentres que na segunda gañou un histórico scudetto, o primeiro da historia do club. O conxunto napolitano, liderado no campo polo astro Diego Armando Maradona, fíxose tamén coa Copa de Italia, despois de derrotar na final á Atalanta.

Na tempada 1987/88 o Napoli mantívose líder ata a 27ª xornada, perdendo inesperadamente catro dos seus últimos cinco partidos e cedendo así o título de liga ao Milan de Arrigo Sacchi. Na seguinte campaña o equipo chegou ata a final da Copa de Italia, onde caeu ante a Sampdoria, e gañou a Copa da UEFA, vencendo na final ao Stuttgart. Trala vitoria Bianchi pediulle ao presidente Ferlaino que rescindise o seu contrato para poder adestrar a Roma, pero o presidente negouse, polo que o adestrador permaneceu un ano parado, aínda con contrato co Napoli.

En 1990 fichou finalmente pola Roma, coa que gañou a Copa de Italia en 1991, e coa que acadou ese mesmo ano a final a dobre partido da Copa da UEFA, onde perdeu contra o Inter de Milán de Trapattoni.

Estivo á fronte do equipo durante unha segunda tempada e en novembro de 1992 colleu de novo as rendas do Napoli, trala destitución de Claudio Ranieri. Conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso nos que se atopaba e na seguinte tempada pasou a ocupar o posto de director técnico.

En 1994 aceptou unha oferta do Inter de Milán, co que acabou sexto na liga na súa primeira tempada. Non chegou a rematar a segunda, pois despois dunha derrota ante o Napoli, foi destituído polo novo presidente Massimo Moratti, e substituído por Luis Suárez.

O 6 de marzo de 2001 foi nomeado responsable da área técnica da Fiorentina.[3] A comezos do 2002 adestrou brevemente o equipo, sucedendo a Roberto Mancini, e en abril converteuse no presidente do club, trala dimisión de Ugo Poggi. O equipo acabou descendendo e foi declarado en bancarrota.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Brescia

Adestrador

[editar | editar a fonte]
Napoli
Roma
  1. Fontanelli, Carlo; Negri, Paolo (2017). Il calcio a Ferrara (en italiano). GEO Edizioni. p. 247. 
  2. Almanacco Illustrato del Calcio 2007, Modena, Panini, p. 591
  3. "Fiorentina, via all' era Bianchi" (en italiano). 6 de marzo de 2001. Consultado o 3 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]