Saltar ao contido

Loranthaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Loranthaceae, as lorantáceas é unha familia de plantas xeralmente arbustivas, epífitas, hemiparasitas ou holoparasitas, sempre con clorofila (ás veces pouca). Follas simples, enteiras ou escuamiformes, de disposición helicoidal ou verticilada. Flores unisexuais ou hermafroditas, actinomorfas, unha envolta con 4-6 pezas, androceo con igual número de pezas que o perianto, de ovario ínfero, unilocular, con 2-3 carpelos, óvulos reducidos ao saco embrionario. Froitos polo común en baga, sementes con tendencia ao desdobramento dos cotiledóns (2-4-6) e protexidas por unha substancia pegañenta segregada polo eixo floral (viscina, usada como liga para paxaros). Unhas 1400 especies repartidas en 74 xéneros, a maioría intertropicais.

  • Dendrophthoaceae, Elytranthaceae, Gaiadendraceae, Nuytsiaceae, Psittacanthaceae

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]