Levofloxacina
Levofloxacina | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A levofloxacina (nome comercial Tavanic) é un antibiótico da clase quinolona, cuxa diana é a enzima ADN xirasa bacteriana. Ten actividade fronte a bacteria grampositivas e bacteria gramnegativas. Ten unha actividade fronte a grampositivos moi superior ca ciprofloxacina, pero menor actividade para gramnegativos.
Usos
[editar | editar a fonte]A levofloxacino é un antibiótico moi empregado para pneumonía, con cobertura de Streptococcus pneumoniae e outros patóxenos menos frecuentes (Legionella pneumophila e Mycoplasma pneumoniae). Tamén se emprega en bacteriemias por Staphylococcus aureus (aínda que non son activos fronte a Staphylococcus aureus resistente á meticilina. Actualmente, non son axeitados para o tratamento empírico de infección do tracto urinario pola elevada taxa de resistencias entre bacterias gramnegativas, especialmente en Escherichia coli.
Dose
[editar | editar a fonte]A dosificación máis habitual é de 500 miligramos diarios, agás na pneumonía, onde se adoitan escoller doses de 500 mg cada 12 horas, polo menos nas primeiras 24 ou 48 horas.
Efectos secundarios
[editar | editar a fonte]A levofloxacina non se pode empregar en mulleres embarazadas porque incrementa o risco de malformacións fetais. Nos nenos e adolescentes non se pode empregar porque se asocia a lesións nos tendóns e alteracións no crecemento.
A nivel cardiaco, pode inducir arritmias, sobre todo síndrome de QT largo. Interacciona con medicamentos antiarrítmicos coma amiodarona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía de terapéutica antimicrobiana 2008. Mensa J, Gatell J Mª, Azanza J R, et al. Elsevier Doyma. 2008. ISBN 978-84-458-1813-8.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |