Leicester Tigers
Nome | Leicester Football Club | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Tigers | ||
Fundación | 1880 | ||
Sede | Leicester, Inglaterra | ||
Estadio(s) | Welford Road | ||
Capacidade | 25.849 espectadores | ||
Presidente | Peter Tom | ||
Adestrador | Aaron Mauger | ||
Capitán | Tom Youngs | ||
Liga(s) | Aviva Premiership | ||
2015/16 | 4º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.tigers.com | |||
Leicester Football Club (tamén chamados Leicester Tigers) é un club profesional de rugby da cidade inglesa de Leicester, que compite na Aviva Premiership, na Heineken Cup e na Anglo-Welsh Cup. Compite como local no Welford Road Stadium.
Os Leicester Tigers son o club máis laureado do rugby inglés, e un dos máis laureados do rugby europeo e mundial. É un dos catro equipos da Premiership que nunca perdeu a categoría, sendo o 6º posto o seu peor resultado. É ademais o único equipo inglés que participou en tódalas edicións da Heineken Cup nas que competiron clubs ingleses. Así mesmo, os seus seareiros son coñecidos como uns dos máis entendidos e numerosos no continente. Os grandes rivais do club en Inglaterra son Bath Rugby, London Wasps e Northampton Saints.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1880, pero tardou moito tempo en xuntar grandes éxitos xa que en Inglaterra non houbo campionatos oficiais a nivel de clubs ata a creación da copa inglesa, competición que hoxe se chama Anglo-Welsh Cup, e que comezou a disputarse en 1971. A primeira presenza de Leicester Tigers na final foi no ano 1978, caendo derrotado fronte a Gloucester Rugby. Resarciuse daquela derrota conquistando o torneo os 3 anos seguintes.
Na tempada 1987/88 comezou a disputarse a Liga Inglesa, tomando parte nela o Leicester Tigers, que ese mesmo ano se proclamou primeiro campión de liga.
Dende os comezos do século XX era tradicional que cada 26 de decembro se enfrontasen o Leicester Football Club e o Barbarian Football Club en partido amigable, pero nos anos 90 esa tradición quedou esquecida xa que se converteu en normal que se xoguen partidos da Premiership inglesa durante as datas do Nadal.
Co remate da etapa dos equipos afeccionados do rugby a mediados da década dos 90, en Europa se creou a primeira competición continental, a Heineken Cup. Os Leicester Tigers chegaron á final na súa segunda participación, na tempada 1996/97, caendo derrotados fronte ó conxunto francés de Brive por 28 a 9. A vinganza chegou na tempada 2000/01 na que Leicester Tigers se proclamou campión de Europa vencendo na final ó Stade Français por 34 a 30. Na tempada seguinte, a 2001/02, o equipo repetiu éxito na máxima competición continental derrotando na final a Munster Rugby por 15 a 9. Dende ese ano Leicester Tigers intentou reconquistar o título sen faltar a ningunha edición do campionato, chegando en outras 2 ocasións á final nas tempadas 2006/07 e 2008/09, caendo derrotado nas dúas fronte a London Wasps por 25 a 9 e Leinster Rugby por 19 a 16 respectivamente.
Estadio
[editar | editar a fonte]O mítico estadio dos Leicester Tigers é Welford Road, construído en 1892, e que foi recentemente renovado para ampliar a súa capacidade ata os 24.000 seareiros.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións nacionais
[editar | editar a fonte]Leicester Tigers é o equipo máis laureado na Premiership inglesa, con 9 títulos dende 1988, ano de creación da liga. Até o 2012, o equipo levaba disputadas 8 finais consecutivas, o que dá boa idea do potencial competitivo que ten o club nos últimos anos dentro da súa liga.
Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liga inglesa | 10 | - | 3 | 3 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 4 | 2 | 2 | 1 | 5 | 6 | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | 4 | 2 | 1 | 2 | 3 | 6 | 4 | 5 | 6 | 1 |
Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Copa inglesa | 7 | - | C | F | C | C | F | F | C | F | F | C | C | C | F |
- Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
- Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.
Competicións continentais
[editar | editar a fonte]Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Copa de Campións Europea de Rugby Copa de Europa | 2 | - | g | ¼ | ¼ | g | ¼ | g | F | g | F | ¼ | ½ | g | ¼ | C | C | g | ¼ | F |
- C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Saracens | 37 | 9 | 8 | 0 | 1 | 4 | 1 | |||||||
2º | Exeter | 34 | 9 | 7 | 0 | 2 | 4 | 2 | |||||||
3º | Harlequins | 31 | 9 | 6 | 1 | 2 | 3 | 2 | |||||||
4º | Leicester | 29 | 9 | 7 | 0 | 2 | 1 | 0 | |||||||
5º | Northampton | 22 | 9 | 4 | 0 | 5 | 1 | 5 | |||||||
6º | Wasps | 20 | 9 | 4 | 0 | 5 | 2 | 2 | |||||||
7º | Gloucester | 20 | 9 | 4 | 1 | 4 | 1 | 1 | |||||||
8º | Sale | 17 | 8 | 3 | 1 | 4 | 1 | 2 | |||||||
9º | Bath | 17 | 8 | 3 | 0 | 5 | 1 | 3 | |||||||
10º | Worcester | 10 | 9 | 2 | 0 | 7 | 1 | 3 | |||||||
11º | Irish | 8 | 9 | 2 | 0 | 7 | 0 | 0 | |||||||
12º | Newcastle | 7 | 9 | 1 | 1 | 7 | 0 | 1 | |||||||
<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>> En verde os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
Equipo actual
[editar | editar a fonte]LEICESTER TIGERS | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | |||||||
|
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]O primeiro adestrador dos Tiguers logo da profesionalización do rugby inglés en 1996 foi o australiano Bob Dwyer, que substituíu o inglés Chalkie White, quen dirixira ao equipo de Leicestershire entre 1968 e 1983. A continuación todos os adestradores do equipo dende o inicio da era profesional:[1][2]
Adestradores dos Leicester Tigers | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Name | Nacionalidade | Inicio | Fin | P | v | E | D | %Vitorias | Palmarés | Ref. |
Bob Dwyer | Australia | 1996 | 1998 | 70 | 52 | 1 | 17 | 74.26 | 1997 Pilkington Cup | [3] |
Dean Richards | Inglaterra | 1998 | 2004 | 209 | 138 | 6 | 65 | 66.03 | 1998–99 Premiership, 1999–00 Premiership, 2000–01 Premiership, 2000–01 Zurich Championship, 2000–01 Heineken Cup, 2001–02 Premiership, 2001–02 Heineken Cup | [4][5] |
John Wells | Inglaterra | 2004 | 2005 | 45 | 31 | 5 | 9 | 68.88 | [6] | |
Pat Howard | Australia | 2005 | 2007 | 75 | 49 | 4 | 22 | 65.33 | 2006–07 Premiership, 2006–07 Anglo Welsh Cup | [7][8] |
Richard Cockerill (interino) | Inglaterra | 2007 | 2007 | 8 | 5 | 0 | 3 | 62.50 | [9] | |
Marcelo Loffreda | Arxentina | 2007 | 2008 | 27 | 15 | 0 | 12 | 55.55 | [10] | |
Heyneke Meyer | Suráfrica | 2008 | 2009 | 21 | 13 | 1 | 7 | 61.90 | [11][12] | |
Richard Cockerill | Inglaterra | 2009 | Presente | 274 | 178 | 11 | 85 | 64.96 | 2008–09 Premiership, 2009–10 Premiership, 2011-12 Anglo-Welsh Cup, 2012–13 Premiership | [13] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Leicester Tigers" (en inglés). Talk Rugby article. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Peter Wheeler talks to the Leicester Mercury" (en inglés). Leicester Tigers. 19 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "BOB DWYER. Australi" (en inglés). espn.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ Souster, Mark (18 de febreiro de 1998). "Leicester dismiss Dwyer and hand reins to Richards". The Times (Londres, Inglaterra). Newsbank.
Rugby union's revolving door saw Bob Dwyer exit from Leicester yesterday with immediate effect to be passed on the way in by Dean Richards, who will assume responsibility for coaching and first-team affairs.
- ↑ "Richards leaves Tigers" (en inglés). Telegraph. 2 de febreiro de 2004. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Player Bio. John Wells" (en inglés). Newcastle Falcons. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Pat: 'Every Club Goes Through Change'" (en inglés). Leicester Tigers. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Tigers step up hunt for new coach". BBC (en inglés). 29 de decembro de 2006. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Richard Cockerill dismisses talk of 'toxic' Leicester Tigers coaching set-up". BBC (en inglés). 17 de decembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Loffreda named as new Tigers boss". BBC (en inglés). 25 de abril de 2007. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Heyneke Meyer is named head coach" (en inglés). Leicester Tigers. 30 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Meyer resigns as Leicester coach". The Guardian (en inglés). 28 de xaneiro de 2004. Consultado o 19 de decembro de 2016.
- ↑ "Richard Cockerill: Leicester's combustible, controversial coach". BBC (en inglés). 24 de outubro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leicester Tigers |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial dos Tigers (en inglés)
- Facebook oficial dos Leicester Tigers (en inglés)
- Twitter oficial dos Leicester Tigers (en inglés)
- Sitio dos seareiros Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Fan Run Blog (en inglés)
- Podcasts dos Leicester Tigers (en inglés)
- Información e imaxes do Welford Road Stadium (en inglés)
- Os Leicester Tiguers no sitio web da Premiership (en inglés)