Liutprando de Cremona
Nome orixinal | (la) Liutprandus Cremonensis |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 920 Pavia, Italia |
Morte | c. 972 (51/52 anos) |
Bispo Cremona | |
961 – 972 | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Longobardos |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Diplomático e historiador |
Ocupación | sacerdote, escritor |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Liutprando de Cremona (Liudprand ou Luitprando), latinizado Liutprandus Cremonensis, nado sobre o 922 e finado no 972, foi un historiador dos longobardos e bispo de Cremona, naceu a comezos do século X de familia nobre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 931 entrou ao servizo de Hugo de Arlés, na corte de Pavia (como rei de Italia). Tras a morte deste en 947, Liutprando pasou a ser secretario do verdadeiro gobernante de Italia, Berengario II de Ivrea, para quen foi chanceler e logo embaixador (949) na corte bizantina de Constantino VII Porfiroxeneta.
Á súa volta, perdeu o favor da corte de Pavia, e pasouse ao bando do opoñente de Berengario, o emperador Odón I, que foi rei de Italia á morte de Lotario II de Italia en 950, e con quen volveu a Italia en 961 e foi investido bispo de Cremona en 962.
Volveu ser enviado a Constantinopla, co fin de pedir para o mozo Odón (que logo foi o emperador Odón II) a man de Teófano, filla do emperador bizantino Romano II.
O seu relato desta embaixada na Relatio de Legatione Constantinopolitana é quizais a descrición máis gráfica e vívida que nos chegou da corte e a capital bizantina no século X, aínda que non deixa de relatar as ofensas recibidas e a dignidade ferida, cunha postura moi partidista antibizantina.
A Luitprando bispo de Cremona atribuíu o falsario xesuíta toledano Jerónimo Román de la Higuera un dos seus «falsos Cronicóns».
Obras
[editar | editar a fonte]- Antapodosis, seu rerum per Europam gestarum, Libri VI, unha narración histórica dos feitos acaecidos, sobre todo en Italia, de 887 a 949.
- Historia Ottonis, unha loa do seu patrón o emperador Odón I, que cobre os anos 960–64.
- Relatio de legatione Constantinopolitana ad Nicephorum Phocam que cobre os anos da súa embaixada á capital bizantina, 968–69.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catholic Encyclopedia: Liutprando de Cremona
- Zdravko Batzarov, Encyclopædia Orbis latini: Liutprando de Cremona
- Liutprando, Relatio: Arquivado 02 de novembro de 2015 en Wayback Machine. extractos (en inglés).