Libro de Taliesin
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
O Llyfr Taliesin (Libro de Taliesin en galés) é un dos manuscritos galeses máis famosos. Está datado na primeira metade do século XIV (outros autores propoñen o ano 1275),[1] aínda que se cre que a maioría dos seus poemas son moito máis antigos. O manuscrito está custodiado na Biblioteca Nacional de Gales de Aberystwyth coa sinatura Peniarth MS 2. Consérvase incompleto tras ter perdido algunhas follas, incluída a primeira.[2]
O volume contén unha colección dalgúns dos máis antigos poemas en galés, moitos deles atribuídos ao poeta case mítico Taliesin, activo durante o século VI.[1] Outros poemas reflicten un estilo particular, herdeiro tanto dos textos latinos como da tradición celta de Gales.[3] Parece que un único amanuense compuxo o volume,[4] probabelmente en Glamorgan, aproveitando outros textos e atribuíndo os poemas anónimos a Taliesin, que para entón representaba o paradigma do sabio profeta e mago.[1]
No manuscrito recóllense tamén varios poemas galeses, entre os que destacan:
- Armes Prydein (A profecía de Bretaña), atribuído a un clérigo do sur de Gales desexoso de conseguir unha alianza co rei da futura Inglaterra levando o estandarte de san David. Este texto parece referirse á derrota no ano 937 dunha coalición contra o rei Aethelstan de Inglaterra na batalla de Brunanburh.[5]
- Preiddeu Annwfn (O botín de Annwfn), que relata a travesía do Rei Artur e os seus guerreiros a través do mar cara a Caer Siddi (castelo das Fadas) para gañar diversos tesouros, como un caldeiro máxico
- Varias elexías a Urien, Owein, Cunedda e Dylan Eil Ton, heroes, guerreiros e gobernantes galeses.
Tamén inclúe algunhas das primeiras mencións en lingua vernácula ás fazañas de Hércules e Alexandre Magno.[6] O estilo dos poemas varía entre o profético, mitolóxico, relixioso e histórico.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Torres Asensio, Gloria: Los orígenes de la literatura artúrica. Edicions Universitat Barcelona. 2003. Barcelona. isbn 848338387X. p. 330.
- ↑ Haycock, Marged: Legendary Poems from the Book of Taliesin. CMCS. 2007. Aberystwyth. ISBN 978-0-9527478-9-5
- ↑ Stephens, Meic (Ed.): The new companion to the literature of Wales. University of Wales Press. 1998. Cardiff. isbn= 0-7083-1383-3
- ↑ "The Book of Taliesin. National Library of Wales. Data de acceso 13 de outubro de 2009.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2007. Consultado o 13 de outubro de 2009.
- ↑ Williams, Ifor: Armes Prydein o Lyfr Taliesin. Gyda Rhagymadrodd a Nodiadau. 1955 Traducido e anotado en inglés por Bromwich, R.: Armes Prydein: the Prophecy of Britain. Dublin Institute for Advanced Studies. 1972.
- ↑ Haycock, Marged: Llyfr Taliesin. National Library of Wales Journal. XXV. 1988. pp. 357-386
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parry, Thomas (1955), A History of Welsh literature. Translated by H. Idris Bell. Oxford: Clarendon Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Facsímile dixitalizado do manuscrito na Biblioteca Nacional de Gales.
- Tradución ao inglés, realizada por W.F. Skene no século XIX.