Liga das Nacións da UEFA
Nome na lingua orixinal | (en) UEFA Nations League |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 55 4 |
Localización e Datas | |
Localización | Europa Asia |
País | Países Baixos |
Vixencia | 2018 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Presidente | Aleksander Ceferin (pt) (2016–) |
Outro | |
Cobertura dos medios de comunicación | list of broadcasters owned or affiliated with GMA Network (en) |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A Liga das Nacións da UEFA é unha competición internacional bienal de fútbol disputada polas seleccións nacionais masculinas das asociacións membros da UEFA, a máxima organización do fútbol europeo.[1]
A primeira edición comezou en setembro de 2018 e rematou en xuño de 2019 coa fase final celebrada en Portugal, da que saíu campioa a selección anfitrioa. A competición naceu para substituír os partidos amigables internacionais que se disputaban anteriormente no Calendario Internacional de Partidos da FIFA.
Historia
[editar | editar a fonte]En outubro de 2013, o presidente da Asociación de Fútbol de Noruega, Yngve Hallén, confirmou que se mantiveran conversacións para crear un terceiro torneo internacional para os membros da UEFA,[2] ademais da Copa do Mundo e a Eurocopa.
A Liga das Nacións foi concibida como unha competición na que as seleccións nacionais das asociacións membros da UEFA fosen divididas nunha serie de grupos baseados nunha clasificación formulada a partir dos seus resultados recentes. A partir de aí existirían ascensos e descensos, sengundo os resultados dentro de cada grupo.[3] O torneo proposto tería lugar en datas do Calendario Internacional de Partidos da FIFA que previamente estaban asignadas para amigables internacionais e non afectaría á Copa do Mundo da FIFA nin á Eurocopa da UEFA.[4]
En marzo de 2014, o secretario xeral da UEFA, Gianni Infantino, afirmou que un dos beneficios da proposta sería axudar ás asociacións nacionais menos potentes a organizar partidos.[4]
O secretario xeral da Real Federación Belga de Fútbol Steven Martens dixo que as nacións de menor rango se beneficiarían financeiramente da competición, xa que o contrato televisivo coa UEFA sería centralizado.[5] A Liga de Nacións da UEFA foi adoptada por unanimidade polas 54 asociacións membros da UEFA no XXXVIII Congreso Ordinario da UEFA en Astana o 27 de marzo de 2014.[1]
Formato
[editar | editar a fonte]Formato orixinal
[editar | editar a fonte]Segundo o formato aprobado orixinalmente,[1][6][7] as 54 seleccións nacionais da UEFA estaban divididas en catro divisións (chamadas "Ligas"):[8][9] 12 equipos na Liga A, 12 equipos na Liga B, 14 equipos na Liga C, e 16 equipos na Liga D. En cada liga formáronse catro grupos (con tres ou catro equipos) e os equipos enfrontáronse tanto na casa como fóra.
Modificacións a partir de 2020-21
[editar | editar a fonte]Tras a conclusión da primeira tempada, a UEFA decidiu modificar o formato da Liga de Nacións a partir da tempada 2020/21 . A nova estrutura da liga estaba formada por 16 equipos nas Ligas A, B e C e sete equipos na Liga D.[10]
A transición ao novo formato produciuse facendo varios cambios puntuais despois da tempada 2018-19. Suspendéronse os descensos tanto na Liga A como na Liga B e ascenderon os dous mellores equipos por grupo tanto na Liga C como na Liga D (en lugar de só un equipo por grupo) e subiu tamén o mellor terceiro clasificado da Liga D.
Finais, ascensos e descensos
[editar | editar a fonte]Na máxima categoría, a Liga A, os vencedores dos catro grupos pasan a xogar as finais da Liga das Nacións, con dúas semifinais, un partido polo terceiro e cuarto posto e a final.
Existen ademais ascensos e descensos entre as diferentes ligas da competición.[11][12] A partir da tempada 2020/21, cada gañador de grupo das Ligas B, C e D ascende automaticamente á liga inmediatamente superior, mentres que os últimos do seu grupo nas Ligas A e B descenden automaticamente á división inferior. Entre as tempadas 2020/21 a 2022/23, os dous equipos da Liga C que descendía determinábanse a través duns play-outs que comezaban en marzo dos anos pares, e que enfrontaban aos catro cuartos clasificados da Liga C.[13]
A partir da tempada 2024/25, como a Liga C ten catro grupos mentres que a Liga D só ten dous, os dous equipos peor clasificados da Liga C descenden automaticamente. Ademais, introdúcense os play-offs de ascenso/descenso, enfrontando en formato de ida e volta aos terceiros clasificados da Liga A cos segundos da Liga B, e aos terceiros da Liga B cos segundos da Liga C.[14] En todos os casos, o equipo mellor clasificado disputa o partido de volta como local. Se o marcador global reflicte un empate a goles, xogarase unha prórroga sen a regra do gol en campo contrario e, se segue empatado despois da prórroga, utilizarase unha quenda de penaltis para decidir o gañador.[13]
Conexión coa Eurocopa
[editar | editar a fonte]A Liga de Nacións da UEFA está ligada á clasificación para a Eurocopa, ofrecendo aos equipos outra oportunidade de clasificarse para o máximo torneo continental.
Os campións de cada grupo das Ligas A, B e C, obteñen o pase ás semifinais dun play-off que reparte postos para a Eurocopa (en 2020 tamén accederon aos play-offs os campións da Liga D).[8][9][15]
Se os equipos campións dos seus grupos xa estaban clasificiados para a Eurocopa, os seus postos nos play-offs repártense a outras seleccións.[16][17]
Conexión coa Copa do Mundo
[editar | editar a fonte]A Liga das Nacións tamén estivo conectada á Copa do Mundo de 2022, aínda que en menor medida que á Eurocopa. A primeira rolda da clasificación para o Mundial de 2022 constaba de dez grupos, cuxos gañadores se clasificaban directamente para o torneo. A segunda rolda foi disputada polos dez subcampións dos grupos de clasificación e os dous mellores primeiros de grupo da Liga das Nacións que non acabaron entre os dous primeiros da clasificación para o Mundial.[18]
Trofeo
[editar | editar a fonte]O trofeo de Liga das Nacións da UEFA foi presentado durante o sorteo da primeira fase da edición inaugural na cidade suíza de Lausana. Cun peso de 7,5 kg e 71 cm de alto, representa as 55 federacións europeas de fútbol e está confeccionado en prata de lei.[19]
Himno
[editar | editar a fonte]O himno oficial da Liga das Nacións da UEFA foi composto por Giorgio Tuinfort e Franck van der Heijden e gravado pola Orquestra Filharmónica e o Coro da Radio dos Países Baixos, cantando en latín . É unha mestura de música clásica e electrónica, e tócase cando os xogadores están entrando no terreo de xogo, en secuencias televisivas e con fins cerimoniais.[19][20]
Tempadas
[editar | editar a fonte]A Liga das Nacións coroa un campión cada dous anos. Cada tempada componse de dúas partes diferenciadas: a fase de liga (ou "fase de grupos"), que ocupa a primeira metade da tempada, de setembro a novembro, e a fase eliminatoria que se disputa entre marzo (cuartos de final da Liga A) e xuño (semifinais e finais da Liga A). Na tempada 2022/23 fíxose unha excepción, celebrándose a fase de grupos en xuño e setembro de 2022, debido á disputa da Mundial de Qatar a finais de ano.[8][9][15]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Finais
[editar | editar a fonte]Tempada | Sede | Final | Terceiro xogo de sitio-fóra | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Campión | Resultado | Subcampión | Terzo | Puntuación | Cuarto | ||
2018/19 |
Portugal | 1–0Estádio do Dragão, Porto | |
||||
2020/21 | Italia | 2–1 San Siro, Milán |
2–1 |
||||
2022/23 | Países Baixos | De Kulp, Rotterdam |
3–2 |
||||
2024/25 |
Títulos por país
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión | Terceiro lugar | Cuarto lugar |
---|---|---|---|---|
España | 1 (2023) | 1 (2021) | ||
Portugal | 1 (2019) | |||
Francia | 1 (2021) | |||
Países Baixos | 1 (2019) | 1 (2023) | ||
Croacia | 1 (2023) | |||
Italia | 2 (2021, 2023) | |||
Inglaterra | 1 (2019) | |||
Suíza | 1 (2019) | |||
Bélxica | 1 (2021) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "UEFA Nations League receives green light". UEFA.com (en inglés). 27 de marzo de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "Hva om Ronaldo, Özil, Balotelli og Pique møtes til ligaspill - med sine landslag?". dagbladet.no (en noruegués). 9 de outubro de 2013. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ Gibson, Owen; Lyttleton, Ben (10 de outubro de 2013). "Uefa explores internationals shake-up with Nations League plan". theguardian.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Redacción (26 de marzo de 2013). "Nations League: New European tournament to be confirmed". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "Copia arquivada". zita.be (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2023.
- ↑ UEFA.com https://www.uefa.com/community/news/newsid=2079553.html. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ "UEFA Nations League and UEFA EURO Qualifing" (PDF). uefa.com (en inglés). Consultado o 3 de setmbro de 2023.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "UEFA Nations League format approved". uefa.com (en inglés). 4 de decembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "UEFA Nations League format and schedule confirmed". uefa.com (en castelán). 4 de decembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "2020/21 Nations League: Who will play who?". uefa.com (en inglés). 3 de marzo de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "Regulations of the UEFA Nations League. 2018-2019" (PDF). unl-voetbal.nl. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2022. Consultado o 26 de xuño de 2023.
- ↑ 13,0 13,1 "UEFA Executive Committee approves a new Football Sustainability Strategy 2030". uefa.com (en inglés). 16 de decembro de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "UEFA NATIONS LEAGUE" (PDF). uefa.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ 15,0 15,1 "UEFA Nations League and European Qualifiers competition format, 2018-2020" (PDF). uefa.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "Regulations of the UEFA European Football Championship". uefa.com (en inglés). 1 de xuño de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "EURO 2024: All you need to know". uefa.com (en inglés). 14 de xuño de 2023. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "UEFA Executive Committee agenda for Nyon meeting". uefa.com (en inglés). 27 de novembro de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ 19,0 19,1 "UEFA Nations League trophy and music". uefa.com (en inglés). 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2023.
- ↑ "What are the lyrics to the UEFA Nations League Anthem?". uefa.com (en inglés). 1 de xullo de 2021. Consultado o 3 de setembro de 2023.