Lily Tomlin
Mary Jean "Lily" Tomlin, nada en Detroit (Míchigan) o 1 de setembro de 1939[1] é unha actriz, cómica, guionista, cantante e produtora teatral estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou no mundo da interpretación trala universidade realizando stand-up comedy en clubs nocturnos de Detroit e Nova York. Apareceu na televisión por primeira vez en The Merv Griffin Show en 1965.[2]
En 1969 uniuse ao programa de sketches cómicos da NBC Rowan and Martin's Laugh-In. O seu éxito foi instantáneo e comezou a aparecer con personaxes regulares que ela mesma creara.
En abril de 1977 foi a primeira muller en protagonizar un espectáculo en solitario en Broadway, coa estrea de Appearing Nitely. Ese mesmo mes apareceu na portada da revista Time co titular "America's New Queen of Comedy" (“A nova raíña da comedia dos Estados Unidos”).
Debutou no cinema dramático en Nashville, de Robert Altman, polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. O seu maior éxito no cinema foi 9 to 5 (1980), no que traballou con Jane Fonda e Dolly Parton.
Na década de 1990 volveu á televisión interpretando a xefa da protagonista en Murphy Brown. Tamén tivo un papel recorrente en Desperate Housewives.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Título | Ano | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
Scarecrow in a Garden of Cucumbers | 1972 | Telephone Voice | Sen acreditar |
Nashville | 1975 | Linnea Reese | |
The Late Show | 1977 | Margo Sperling | |
Moment by Moment | 1978 | Trisha Rawlings | |
9 to 5 | 1980 | Violet Newstead | |
The Incredible Shrinking Woman | 1981 | Pat Kramer/Judith Beasley | |
All of Me | 1984 | Edwina Cutwater | |
Big Business | 1988 | Rose Ratliff/Rose Shelton | |
The Search for Signs of Intelligent Life in the Universe | 1991 | Trudy, et al. | |
Sombras e néboa | 1992 | Prostituta | |
The Player | 1992 | Ela mesma | |
The Beverly Hillbillies | 1993 | Miss Jane Hathaway | |
Short Cuts | 1993 | Doreen Piggot | |
Blue in the Face | 1995 | Waffle eater | |
Getting Away with Murder | 1996 | Inga Mueller | |
Flirteando co desastre | 1996 | Mary Schlichting | |
Krippendorf's Tribe | 1998 | Prof. Ruth Allen | |
Tea with Mussolini | 1999 | Georgie Rockwell | |
Disney's The Kid | 2000 | Janet | |
Orange County | 2002 | Charlotte Cobb | |
I Heart Huckabees | 2004 | Vivian Jaffe | |
A Prairie Home Companion (filme) | 2006 | Rhonda Johnson | |
Ant Bully, benvido ao formigueiro | 2006 | Mommo | Voice |
The Walker | 2007 | Abigail | |
The Pink Panther 2 | 2009 | Mrs. Yvette Berenger | |
Gake no ue no Ponyo | 2009 | Toki | Dobraxe en inglés |
Stars in Shorts | 2012 | Mum | |
Admission | 2013 | Susannah | |
Grandma | 2015 | Elle Reid |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monitor". Entertainment Weekly (1275). 6 de setembro de 2013. p. 25.
- ↑ Lily Tomlin at the Paley Center Arquivado 02 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. consultado o 24 de agosto de 2015
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lily Tomlin |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lily Tomlin na IMDb (en inglés).