Lingua nuosu
Nuosu ꆈꌠ꒿ Nuosuhxop | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Liangshan | |
Falado en: | República Popular da China | |
Rexións: | Sur de Sichuan, norte de Yunnan | |
Total de falantes: | 2 millóns (2000) | |
Familia: | Sino-tibetana Lolo-búrmica Lolo Niso Nuosu | |
Escrita: | Silabario yi, antigamente logogramas | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | China | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ii
| |
ISO 639-2: | ii | |
ISO 639-3: | iii
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua nuosu (ou nosu, ꆈꌠ꒿, pronunciado: Nuosuhxop), tamén coñecido como yi setentrional, liangshan yi e yi de Sichuan, é a lingua de prestixio do pobo yi; foi escollida polo goberno chinés como a forma estándar da lingua yi (en mandarín: Yí yǔ, 彝語/彝语) e como tal, é a única que se ensina nas escolas nas formas oral e escrita. É falada por dous millóns de persoas e o seu número está medrando; o 60% son monolingües. Nuosu é o nome nuosu/yi nativo para a súa propia lingua e non é empregado en mandarín, e malia que ás veces pode ser deletreado para a súa pronunciación (nuòsū yǔ 诺苏语/諾蘇語), o carácter chinés para nuòsū non ten significado.[2]
Os termos comúns 'yi negro' (mandarín: hēi Yí 黑彝) e 'yi branco' (bái Yí 白彝) son castes do pobo nuosu, non dialectos.
O nuosu é unha das múltiples variedades mutuamente inintelixibles do yi, lolo, moso ou Noso. As seis linguas yi recoñecidas polo goberno chinés comparten entre un 25% e un 50% do seu vocaulario en común. Comparten un sistema de escrita, o silabario yi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Zhu Wenxu etc. 朱文旭、木乃热哈、陈国光 Yi-yu basic course 彝语基础教程 Central Minorities Publishing Co. 中央民族大学出版社 (2006-04出版)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a proba da Wikipedia en Lingua nuosu |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua nuosu |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chen Kang [陈康]. 2010. A study of Yi dialects [彝语方言研究]. Beijing: China Minzu University Press.