Luisa Diogo
Luisa Dias Diogo, nada o 11 de abril de 1958, é a Primeira ministra de Mozambique dende febreiro de 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de converterse en Primeira Ministra ocupou o cargo de Ministra de Economía, até que substituíu a Pascoal Mocumbi que viña sendo durante nove anos o Primeiro Ministro de Mozambique.
Pertence á FRELIMO, partido que gobernou o estado dende a súa independencia.
Estudou na Universidade Eduardo Mondlane de Maputo e obtivo, en 1992 ser mestra en economía financeira na Universidade de Londres. En 1980, comezou a traballar para o Ministerio de Economía de Mozambique, chegando a ser directora dos presupostos en 1989. Traballou tamén para o Banco Mundial nas súas oficinas de Maputo, antes de ser nomeada en 1994, viceministra de finanzas.
En setembro de 2005 foi a oradora internacional invitada na Conferencia do Partido Laborista inglés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blazing a trail for Africa's women na BBC (en inglés)