Mahoma
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
Mahoma[1] (en árabe: محمّد - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim,[2] nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632[3] en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham.
Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a mensaxe do islam na forma do Corán. Tamén segundo a doutrina musulmá, na relixión musulmá, considérase a Mahoma «o selo dos profetas» (jātim al-anbiyā' خاتم الأنبياء), o último dunha longa cadea de mensaxeiros enviados por Deus para actualizar a súa mensaxe, entre cuxos predecesores contaríanse Abraham, Moisés e Xesús de Nazaret. Á súa vez, o Bahaísmo venérao como un profeta ou "Manifestación de Deus", cuxas ensinanzas serían actualizadas polas de Bahá'u'lláh (1817-1892), fundador desta relixión.[4]
Mahoma como figura política, unificou varias tribos árabes, o que permitiu as conquistas árabes daquilo que daría en ser un imperio islámico que se estendeu ata Europa.
Usualmente, cando un musulmán se refire a Mahoma, Xesús ou outro dos seus profetas, inmediatamente despois do nome di ou escribe que "a Paz e Beizón de Deus estean sobre el" ou expresión equivalente noutra lingua (frecuentemente árabe), ou incluso usa a sigla desa expresión (en árabe é "SWAS"). Os musulmáns non o consideran un ser divino senón un ser humano; con todo, el é visto como un dos máis perfectos entre os seres humanos.
Mahoma segundo a tradición islámica foi analfabeto e así se pode interpretar a Surah 7.157-8 do Corán coa que concordan a maioría dos teólogos islámicos, aínda que hai serias dúbidas que realmente o fose[5]. Mahoma tivo 9 esposas, ou 12 se incluímos as escravas.
Xuventude
[editar | editar a fonte]Nado (posibelmente o 20 de abril do 570) pouco despois da morte do pai Abd Allah, Mahoma pertenceu a aquilo que hoxe clasificaríamos como unha familia de clase media. Inicialmente ficou a cargo do seu avó paterno Abd al-Muttalib, un antigo líder do prestixioso clan Hashim (que era parte da tribo dos Quraysh). Aparentemente debido a que o clima de Meca tiña unha reputación de ser pouco saudábel, a familia de Mahoma entregouno aos coidados dunha ama de leite chamada Halima, dunha tribo nómade, e pasou algún tempo no deserto (aparentemente esta práctica era corrente nas clases medias e altas).
Á idade de seis anos, Mahoma perdeu a súa nai Amina. Cando aos oito perdeu a seu avó Abd al-Muttalib, Mahoma pasou ao coidado do seu tío Abu Talib, o novo líder do clan Hashim da tribo dos Quraysh, o máis poderoso da Meca.
Daquela, A Meca era unha cidade-estado no deserto, cuxo principal monumento era a Kaaba (Ka'aba), supostamente construída por Abraham, o antepasado de árabes e xudeus (e dos cristiáns). A maior parte dos habitantes de Meca adoraban ídolos. A pesar de que a cidade non posuía recursos naturais, funcionaba como un centro comercial, visitada por moitos comerciantes estranxeiros.
Como é comunmente recoñecido, Mahoma desempeñou un papel moi activo na vida cívica desta cidade. Seu tio Zubair fundou a orde de cabalaría coñecida como a Hilf al-fudul, que atendía os oprimidos da cidade, habitantes locais e visitantes estranxeiros, sendo Mahoma un membro entusiasta. Mahoma axudou na resolución de disputas, e tornouse coñecido como Al-Ameen ("o confiábel") debido á súa reputación nestas mediacións. Como exemplo, cando a Kaaba sufriu danos despois dunha inundación, e os líderes da Meca querían recibir todos a honra de resolver o problema, foi Mahoma o nomeado para resolvelo. Mahoma propuxo que estendesen un lenzo branco no chan, que colocasen a Pedra Negra (tamén coñecida como Haxar el Aswad) no medio e pediu aos líderes tribais que a transportasen ao seu sitio, asegurando os cantos do lenzo. Chegados ao lugar, o propio Mahoma tratou de a colocar na posición debida.
Na súa adolescencia, Mahoma comezou a acompañar a seu tío nas viaxes comerciais pola Siria. Deste xeito tornouse unha persoa viaxada, familiar cos costumes de terras estranxeiras.
Primeiro casamento
[editar | editar a fonte]Por volta de 595, nunha viaxe comercial, Mahoma coñeceu Khadixah, unha viúva rica de 40 anos de idade. O Mahoma mozo (na altura 25 anos de idade) impresionou Khadixah de tal forma que ela propuxo o casamento. O casamento foi un punto de viraxe na vida de Mahoma. De acordo cos costumes árabes, os fillos máis novos non recibían ningunha herdanza, sexa dos pais ou dos avós. Con este casamento, Mahoma viuse subitamente señor dunha grande fortuna[6]. A sira rexistra que deu á luz 6 fillos de Mahoma, aínda que só sobreviviron catro fillas: Zainab, Ruqayyah, Umm Kulthoom e Fatimah Zahra[7]. A pesar de Mahoma non ter fillos das súas futuras mulleres, tivo un fillo dunha súa escrava copta (un pobo exipcio) María (Miriam). Este fillo, chamado Ibrahim, morreu na infancia.
Anos seguintes
[editar | editar a fonte]Mahoma casou con preto doutras dez mulleres nos seus anos seguintes, todas ela viúvas, agás Aisha. Varias destas mulleres foron feitas viúvas e tomadas como trofeo por Mahoma e os seus seguidores no decurso das súas incursións guerreiras. Unha das mulleres máis importantes foi Aisha, (عائشة) que tiña seis anos de idade na altura do seu noivado, e segundo os rexistros, nove anos de idade cando o casamento foi consumado; isto pode talvez ser explicado polo costume árabe de contraer o casamento despois da primeira menstruación. É posíbel que el teña concedido a liberdade á súa escrava Mirian, e a teña tomado como esposa. Porén, os primeiros biógrafos musulmáns non deixan moi claro se ela viviu con el como muller libre ou como escrava concubina.
Fundación do islam
[editar | editar a fonte]Mahoma tivo a certa altura un punto de reflexión e tomou o hábito de pasar noites nunha caverna próxima de Meca, en meditación e pensamento. Por volta do ano 610, en canto meditaba, Mahoma afirmou ter a visión do anxo Gabriel e ouviu unha voz dicíndolle "Ti es o mensaxeiro de Deus". Desde este momento ata á súa morte, Mahoma terá recibido frecuentes revelacións. Por veces, como a tradición o di, ao recibir estas mensaxes, Mahoma terá transpirado e entrado en estado de transo. Esta visión do anxo Gabriel terá perturbado a Mahoma, mais a súa muller Khadixa reconfortouno.
Por volta de 613 DC Mahoma comezou a pregar en público. Ao proclamar a súa mensaxe publicamente, Mahoma gañou seguidores, incluíndo os fillos e irmáns do home máis rico da Meca. A relixión que el pregou tornouse coñecida como o islam (submisión á vontade de Deus). Quer o Corán e os dicires de Mahoma indican que Mahoma viu desde cedo o islam como unha relixión universal e non soamente da comunidade árabe.
Á medida que os seus seguidores medraban, el tornábase unha ameaza para as tribos locais, especialmente a Quraysh, a súa propia tribo, que tiña a responsabilidade polo coidado da Kaaba, que nesta altura hospedaba varios milleiros de ídolos que os árabes adoraban coma deuses.
Rexeición
[editar | editar a fonte]Cando Mahoma pregou perante este panteón, tornouse moi impopular cos gobernantes, e os seus seguidores foron obxecto de ataques repetidos ás súas persoas e propiedades. De acordo cos relatos, algúns dos habitantes da Meca lanzaron ataques vigorosos e brutais contra esta nova relixión: forzaron persoas a deitarse sobre area ardente, colocaron enormes pedras sobre os seus peitos, derramaron ferro derretido sobre eles. Moitos terán morrido, mais a fe prevaleceu. Esta persecución non atinxiu inicialmente o propio Mahoma, polo simple motivo de que a súa familia detiña moita influencia. Porén, estas circunstancias tornáranse intolerábeis e Mahoma aconsellou a algúns dos seus seguidores iren para a Abisinia.
Os habitantes de Meca tentaron aliciar Mahoma a deixar a súa misión relixiosa ofertándolle poder político. Á medida que os seguidores de Mahoma aumentaron, os seus opoñentes tentaron removelo a deixar ou alterar a súa relixión. Ofrecéranlle unha boa parte do comercio e o casamento con mulleres dalgunhas das familias máis ricas, mais el rexeitou todas estas ofrendas. Os habitantes de Meca acabaron por esixir que Abu Talib entregase o seu sobriño Mahoma para execución. Unha vez que el recusou, a oposición exerceu presión comercial contra a tribo de Mahoma e os seus partidarios. Houbo tamén unha tentativa de asasinato. Despois da morte do seu tío e de Khadixa, o propio clan de Mahoma retiroulle a protección. Sufriu entón insultos, foi apedrado e tirado contra espiños e lixo; mais, non o mataron.
Héxira: a emigración de Meca para Medina
[editar | editar a fonte]En 622, despois da persecución aos seus seguidores se ter tornado maior e de teren decidido asasinalo, Mahoma e os seus seguidores deixaron Meca con dirección a Medina. Aí chegados, converterían moitos partidarios. Esta "Héxira" ou emigración (que se adoita traducir tamén por voo) marca o inicio do calendario islámico.
Os habitantes de Medina esperaron que Mahoma os unise e evitase incidentes tales como a guerra civil de Medina de 618, na cal moitas vidas se tiñan perdido. Un documento coñecido como a Constitución de Medina (622-623) estableceu a confederación entre os seguidores de Mahoma de Meca e os clans árabes veciños. Medina e os seus suburbios tornáranse despois da ratificación do tratado, nun estado de coalición, con Medina como Capital e Mahoma como "presidente". A autoridade pasou para as mans de Mahoma e os seus seguidores polo que se pode dicir que Medina se tornou entón na capital do islam. Para expandir a zona de paz e de seguranza, o profeta comezou a facer acordos semellantes con outras tribos á volta do "seu estado".
Medina
[editar | editar a fonte]A tribo Quraish, en resposta á fuga de Mahoma para Medina, formou unha alianza con outras tribos politeístas en Meca, para molestar os musulmáns en Medina e en Meca. Eles tamén ameazaron de morte os musulmáns que quixesen regresar a Meca. En Medina, cos musulmáns baixo alerta, algúns emigrantes musulmáns de Meca iniciaron ataques militares contra caravanas de Meca a camiño da Siria, afectando a economía de Meca.
Por volta desta altura, Mahoma mudou a dirección da quibla de Xerusalén para Meca. En marzo de 624 Mahoma liderou unha tropa de asalto de preto de 300 homes a unha caravana vinda de Meca, liderada por Abu Sufyan, o líder do clan Umayyah. A caravana conseguiu escapar mais Abu Xahl, o líder do clan Makhzun, que tiña previamente oposto Mahoma e organizado un boicot contra o clan Hashim de Mahoma, detiña o comando dunha forza de preto de 800 homes e quería ensinar a Mahoma unha lección.
A 15 de marzo de 624, próximo dun lugar chamado Badr, as dúas forzas coliden. A pesar de seren apenas 300 contra 800 na batalla, os musulmáns tiveron éxito, matando polo menos 45 naturais de Meca, incluíndo Abu Xahl, e tomando 70 prisioneiros; con apenas 14 baixas musulmás. Para os musulmáns, isto pareceu como unha proba da profecía de Mahoma, e Mahoma e os musulmáns festexaron. Seguindo esta vitoria, os musulmáns expeliron un clan xudeu hostil, os banu Cainuqa, que violaran un pacto de non agresión e tiveron escaramuzas menores antes da seguinte grande batalla en Uhud. Virtualmente todos os habitantes de Medina converteranse e Mahoma tornouse o gobernador de feito da cidade.
Varias importantes alianzas polo casamento ocorreron nesta altura. Das fillas de Mahoma, Fátima casou con Alí (sería máis tarde o cuarto califa) e Umn Kulthun casou con Uthman (o terceiro califa).
O propio Mahoma, xa casado con Aisha (casamento cando ela tiña 6 anos de idade, consumado cando ela atinxiu os 9), filla de Abu Bakr (o primeiro califa) casou entón con Hafsah, a filla de Umar ibn al-Khattab (o segundo califa). A 21 de marzo de 625, Abu Sufyan, en busca de vinganza, entrou en Medina con 3.000 homes. Na mañá do 23 de marzo comezou a loita. A batalla non produciu un vencedor ou perdedor obvios, a pesar dos de Meca clamaren a vitoria. Nos dous anos seguintes, ambos os lados prepáranse para un encontro decisivo.
En abril de 627, Abu Sufyan liderou unha gran confederación de 10.000 homes contra Medina. Os xudeus de Medina acordaran no tratado de Medina participar na protección de Medina; mais, a tribo xudaica de Banu Qurayza non participou nos combates. En vez diso, acordaron con Abu Sufyan o ataque aos musulmáns desde a retagarda despois de el ter entrado na cidade.
Algunhas persoas entre os propios musulmáns fixeron tamén tales acordos baixo o liderado de Abd Allah ibn Ubayy: relatos posteriores refírense a eles como "aqueles que profesan crenzas e opinións que non se teñen" (ou "un que se pasa por pío", munafiqum).
Entre as grandes forzas de Abu Sufyan e as forzas de Banu Qurayza - que consistían de todos os seus homes en idade de loitar - e as forzas dos munafiqun, os musulmáns terían atopado o masacre se Abu Sufyan triunfara. O islam podería ter deixado de existir.
Para os traidores dentro de Medina debe ter parecido unha sorpresa cando a forza de 10.000 homes de Abu Sufyan fallou en atravesar unha trincheira cavada á volta de Medina por orde de Mahoma, tal como o escriba persa Salman e-Farsi lle tiña suxerido. Despois da retirada de Abu Sufyan e as súas forzas, os musulmáns dirixiron a súa atención para os grupos que cometeran traizón ao acordo de Medina. Os munafiqum desmoronaranse rapidamente, e o seu líder Abd Allah ibn Ubayy prometeu alianza con Mahoma. Os musulmáns cercaron entón o Banu Qurayza, que conspirara contra eles. Eles tiveran a oportunidade de escoller Mahoma como árbitro, mais en vez diso, os Banu Qurayza escolleron Saad ibn Muadh, o líder dos seus antigos aliados os Aus.
Saad sufrira unha ferida letal na batalla contra as forzas de Abu Sufyan e ordenou a execución das forzas activas da tribo, consistindo de todos os seus homes adultos. El permitiu ás mulleres non-combatentes e ós nenos vivir como escravos para o resto da vida, como era tradición do tempo. Máis tarde, comentadores argumentaron que a punición de Banu Qurayza era conforme aos ditames da Biblia hebrea sobre a guerra; non obstante, as fontes orixinais da sirah non mencionan isto.
Por volta de 627 Mahoma tiña unido Medina baixo o islam, co privilexio de protección para os xudeus e cristiáns que vivían alí. Un nova relixión xurdira. Os beduínos, despois dun período de batallas e negociacións, tornáranse aliados de Mahoma e aceptaron a súa relixión. Despois de moito contacto coa cidade e cos musulmáns, algúns converteranse gradualmente. Por esta altura, as revelacións que supostamente visitaran Mahoma, chegaron ao fin. El regresou entón a Meca para tomar posesión da Kaaba.
Meca
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Kaaba.
Mahoma colocou os cidadáns de Meca sobre presión económica, destinada primeiramente a gañar a adhesión deles ao islam. En marzo de 628, partiu para a "peregrinación" á Meca, con 1.600 militares que o acompañaban. Os naturais da Meca opuxéronse ao avance destas forzas nos límites do seu territorio, en al-Hudaybiyah. Algúns días despois, os da Meca fixeron un tratado con Mahoma. Con negociación e o consentimento dos máis vellos da Quraysh, fixo unha peregrinación á Kaaba, desarmado. As hostilidades chegaron ao seu fin e os musulmáns conseguiron o permiso para facer a peregrinación á Meca no próximo ano. O casamento de Mahoma con Habiba, filla de Abu Sufyan (antigo inimigo de Mahoma) cimentou aínda máis o tratado.
Despois dun certo período, o acordo extinguiuse e a guerra rebentou. En novembro de 629, aliados da Meca atacaron un aliado de Mahoma, o que levou a este a romper o tratado de al-Hudaybiyah. Despois de planeamento secreto, Mahoma marchou sobre a Meca en xaneiro de 630 con 10.000 combatentes. Non houbo derramamento de sangue. Abu Sufyan e outros líderes da Meca sometéronse formalmente. Mahoma prometeu unha amnistía xeral (con algunhas persoas especificamente excluídas). A pesar de non os ter forzado, moitos habitantes de Meca convertéronse ao islam. Na Meca e noutros pequenos santuarios, Mahoma destruíu os ídolos na Kaaba.
Unificación da Arabia
[editar | editar a fonte]Despois da héxira Mahoma comezou a establecer alianzas con tribos nómades. A medida que a súa forza e influencia creceu, Mahoma insistiu que as tribos potencialmente aliadas se tornasen musulmás.
Cando estaba na Meca, Mahoma foi informado de que había unha gran concentración de tribos hostís e partiu para as enfrontar. A batalla tivo lugar en Hunain, e os inimigos foron derrotados. Algúns viron agora a Mahoma como o home máis poderoso da Arabia e a maioría da tribos enviou delegacións para Medina, en busca dunha alianza. Antes da súa morte, houbo rebelións nalgunhas partes de Arabia mais o estado islámico tiña forza suficiente para lidar con elas.
Mahoma foi a Medina (daquela coñecida como "Yathrib") onde foi convidado a converterse no intermediario na disputa entre as dúas tribos rivais de Medina (os Aws e Khasrax). Organizou un sistema social, fixo colecta de impostos, organizou a defensa da cidade contra numerosas incursións da Meca e outros lugares, e contraíu varios acordos comerciais. Mahoma construíu mesquitas e estableceu unha cultura relixiosa baseada no respecto por outras relixións e a súa liberdade de práctica relixiosa.
Morte e legado
[editar | editar a fonte]Pouco antes da súa morte, Mahoma dirixiuse pola última vez aos seus seguidores no que ficou coñecido como o sermón final do profeta. A súa morte en xuño de 632 en Medina, por mor dunha curta enfermidade á idade de 63 anos[8], deu orixe a unha gran crise entre os seus seguidores. En realidade, esta disputa acabou por orixinar a división do islam entre as seitas sunitas e xiítas. Os xiítas afirman que o profeta designou a Alí ibn Abu Talib como o seu sucesor, neste sermón público na súa última hax, nun lugar chamado Ghadir Khon, en canto que os sunitas discordan disto.
Milagres atribuídos
[editar | editar a fonte]No islam preséntase a Mahoma simplemente como un home que recibe a misión de transmitir a revelación de Deus; polo que o monoteísmo radical do islam sempre evitou a divinización de Mahoma, quen proclamaba que o seu único milagre fora a transmisión do Corán. Aínda así, a tradición popular atribúelle unha serie de milagres e feitos de tipo sobrenatural:
- Co seu dedo dividiu a lúa.
- Intentaron asasinalo dándollee un cacho de carne envelenada, mais o propio cacho de carne faloulle para avisalo que non o tocara.
- O toro dunha palmeira suspirou ao velo.
- Unha gacela falou con el.
- Non tiña sombra e da súa suor creouse o orballo.
- Durante a Làylat al-Miraj ('Noite da viaxe'), Mahoma ascendeu ao Ceo montado nun cabalo con ás chamado Buraq en compaña do arcanxo Gabriel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mahometano.
- ↑ Nome completo: Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim (árabe: ابو القاسم محمد ابن عبد الله ابن عبد المطلب ابن هاشم, literalmente: Pai de Qasim Muhammad fillo de Abd Allah fillo de Abdul-Muttalib fillo de Hashim)
- ↑ Elizabeth Goldman (1995), p. 63 indica o 8 de xuño de 632 como a data do seu pasamento, a dominante na tradición islámica. Outras tradicións temperás non islámcas indican que Mahoma aínda estaba vivo no tempo da invasión de Palestina. Véxase Stephen J. Shoemaker, The Death of a Prophet: The End of Muhammad's Life and the Beginnings of Islam, University of Pennsylvania Press, 2011.
- ↑ Smith, P. (1999). A Concise Encyclopedia of the Bahá'í Faith. Oxford, UK: Oneworld Publications. p. 251. ISBN 1-85168-184-1.
- ↑ Richard Bell (1988) Introducción al Corán. Encuentro, p. 43-46 (edición orixinal en inglés de 1970 de Edinburgh University Press)
- ↑ Ali Sultaan Ali Asani, Kamal Abdel-Malek, Annemarie Schimmel, Celebrating Muḥammad, University of South Carolina Press, 1995, p. 2.
- ↑ Mathieu Tillier et Thierry Bianquis, « De Muhammad à l'assassinat de 'Alî », in Thierry Bianquis, Pierre Guichard et Mathieu Tillier (dirs.), Les débuts du monde musulman, viie ‑ xe siècle. De Muhammad aux dynasties autonomes, éd. P.U.F./Nouvelle Clio, 2012, p. 80.
- ↑ Muhammad Hamidullah, "Le Prophète de l'islam", ed. El Najah, 1998, p. 986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mahoma |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armstrong, Karen (2005). Mahoma, biografía del Profeta (en castelán). Barcelona: Tusquets. ISBN 84-8310-432-6.
- Al-Mubarakfuri, Safi Urrahman (2003). El Néctar Sellado. Riyadh: Dar-us-Salam. ISBN 9960-897-55-9.
- Vernet, Juan (1994). Mahoma (en castelán). Barcelona: Planeta De Agostini. ISBN 9788439540496.
- Cansinos Assens, Rafael (2006). Mahoma y el Koran (en castelán). Madrid: Arca Ediciones. ISBN 9788493497637.
- Gruber, Christiane J., The Prophet's ascension: cross-cultural encounters with the Islamic mi'rāj tales, Christiane J. Gruber, Frederick Stephen Colby (eds), Indiana University Press, 2010, ISBN 0-253-35361-0, ISBN 978-0-253-35361-0,
- Ibn Ishaq, The life of Muhammad, a translation of Ishaq’s Sirat Rasul Allah, with introduction and notes, by A. Guillaume (1955). La vida de Mahoma, tradución de Sirat Rasul Allah, por Ishaq. Oxford University Press. 19-636033-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Mahoma en EspañolArquivado 20 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
- Biografía de Mahoma en "Islam en castellano"
- la vida del Mensajero de Allah, Historia del Islam Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- "Este es Muhammad", biografía completa en Islamway.com
- Sección acerca de Mahoma en webislam.com
- "Muhammad, el Mensajero de Allah"
- "Muhammad, su vida basada en las fuentes más antiguas"
- "Historia del Profeta Mahoma" 1772. Sacada de S. Eulogio, Juan Sagrero, Fray Jayme Bleda y otros.