María López Sández
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1973 (51 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Membro de | |
Premios | |
María López Sández, nada en Lugo o 17 de setembro de 1973, é unha filóloga e ensaísta galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o bacharelato no IES Lucus Augusti e fixo a licenciatura en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada por esta universidade coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego ("Cantares gallegos", "Arredor de si" e o ciclo textual de "Tagen Ata"). Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.[2] Impartiu docencia no ensino secundario (no CPI Fonte Díaz de Touro e no IES Xulián Magariños de Negreira),[3] sendo tamén profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC.[4] O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, así como no estudo da cartografía como semiótica do espazo.[5]
É autora de artigos e estudos sobre Rosalía de Castro (Rosalía e a paisaxe galega, Os efectos da aculturación en “El cadiceño” de Rosalía de Castro”). Participou en Congresos Internacionais con relatorios sobre Rosalía (O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, novas perspectivas de análise).[6]
En 2022 foi escollida académica de número da Real Academia Galega.[7] Pronunciou o seu discurso de ingreso (Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego) o 11 de marzo de 2023.[8]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio (2008). Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9865-130-0.[9]
- Movendo os marcos do patriarcado en coautoría con Marilar Aleixandre. 2021[10] Traducido ao castelán polas propias autoras.[11]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- A forma das nubes (2012). Galaxia. 98 paxs. 2ª Ed. en 2014. ISBN 978-84-9865-469-1.[12] En castelán La forma de las nubes (2015). Mar Maior. Tradución Xosé Antonio López Silva.[13]
- O faro escuro (2015). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-591-9.[14]
- A noite da deusa (2020). Galaxia, Costa Oeste. 220 páxs. ISBN 978-84-9151-469-5.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[15]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2007, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio.
- Premio Narrativa Breve Repsol no 2012, por A forma das nubes.[16]
- Finalista do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia por O faro escuro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María López Sández". www.aelg.gal. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "PoesiaGalega: María López Sández". web.archive.org. 2011-05-19. Archived from the original on 19 de maio de 2011. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "María López Sández". www.ub.edu (en inglés). Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Horario do profesor - Facultade de Ciencias da Educación - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Galaxia de autores". web.archive.org. 2012-06-29. Archived from the original on 29 de xuño de 2012. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "María López Sández". mar.maior.com (en castelán). Consultado o 2019-05-19.
- ↑ Real Academia Galega (9 de xullo de 2022). "No pleno da RAG de hoxe tamén se acordou que a filóloga e escritora María López Sández ocupe a vacante producida polo pasamento Darío Xohán Cabana". Twitter.
- ↑ "María López Sández ingresará como membro de número da Real Academia Galega o 11 de marzo en Lugo". 2 de marzo de 2023. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2012-06-29. Archived from the original on 29 de xuño de 2012. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ Triñáns, Ana. "Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán". Nós Diario. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "Moviendo Los Marcos Del Patriarcado". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ "A forma das nubes". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "María López Sández: La forma de las nubes". Libros Prohibidos (en castelán). 2016-04-13. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "O faro escuro". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ "María López Sández recibiu o VI Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. 2012-12-18. Consultado o 2019-05-19.