Saltar ao contido

Marina Bay, Singapur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marina Bay, con Marina Centro no fondo.

Marina Bay é unha baía próxima á zona central de Singapur. É unha baía artificial, e formouse cun recheo de terra que creou o Marina Centro e a área Marina Sur; durante o proceso de recuperación, a dársena Telok Ayer foi eliminada do mapa, e o río de Singapur desemboca agora na baía, en vez do facelo directamente ó mar. En 2008 rematouse unha barreira que fixo de Marina Bay unha reserva de auga potable (o Singapur Marina Reservoir).

Plan Director

[editar | editar a fonte]

O Plan Director URA para Marina Bay ten como obxectivo fomentar a mestura de usos comercial, residencial, hoteleiro e de lecer para esta zona.

O goberno de Singapur tamén gastou 35 millóns de dólares para completar os 3,5 quilómetros de paseo marítimo fronte ao mar ao redor de Marina Bay.[1] Inclúese un novo centro de visitantes ecolóxico e a "Helix" que une o paseo co Marina Center onde se atopa o Parque Olímpico da Mocidade. O Promontory @ Marina Bay (antes Central Promontory Site) utilizarase como un espazo provisional para eventos e como espazo público utilizado para actividades teatrais e espectáculos.[2]

Vista aérea de Marina Bay no serán
Vista de Marina Bay pola noite

En 1970, levouse a cabo o recheo de terras en Marina Bay, formando o que hoxe en día son as áreas de Marina Centro e Marina Sur. No proceso de recuperación, Telok Ayer Basin e Inner Roads elimináronse do mapa co recheo de terras, mentres que a boca do río Singapur agora desemboca na baía no canto de directamente no mar. En 2008, foi construída a Marina Barrage, unha barreira para facer no centro da cidade unha reserva de auga doce, para o abastecemento de auga, control de inundacións e un novo e atractivo estilo de vida.

Marina Bay vista desde o Flyer Singapur á tardiña

A presentación do Gran Premio de Singapur levouse a cabo o 28 de setembro de 2008 sobre un circuíto urbano a través de Marina Bay.[3] Foi a primeira vez que un Gran Premio de Fórmula Un se disputou de noite, coa pista totalmente iluminada. Desde a súa creación, The Float@Marina Bay foi sede de eventos como o Desfile do Día Nacional, despedidas de ano,[4] e tamén serviu como bancada de pé para a primeira edición do Gran Premio de Singapur de Fórmula 1. O estadio flotante máis grande do mundo foi a sede da apertura e clausura da primeira edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade de 2010.[5]

  1. “$35m for Marina Bay waterfront promenade”. Asiaone. 2008-09-19. http://www.asiaone.com/Travel/News/Story/A1Story20080918-88574.html Arquivado 10 de abril de 2011 en Wayback Machine. Retrieved 2010-06-03.
  2. "Downtown @ Marina Bay". URA. http://www.ura.gov.sg/cudd/cawebsite/downtown-map.htm Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine. Retrieved 2010-07-08.
  3. "Singapore to host F1 Grand Prix next year". Channel NewsAsia. 2006-05-11. http://www.channelnewsasia.com/stories/singaporelocalnews/view/275566/1/.html Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 2007-05-11.
  4. "Marina Bay Singapore Countdown 2010/11". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2013. 
  5. "Singapore YOG 2010 Fan Site". http://www.singaporeyoutholympicgames.com/yog-venues/marina-bay-floating-stadium/ Arquivado 09 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 2010-07-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]