Massaua
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
ምጽዋዕ (ti) ባጸዕ (tig) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Eritrea | |||
Rexión | Semien-Keih-Bahri (pt) | |||
Lista (pt) | Massawa Subregion (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 39.758 (2006) (83,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 477 km² | |||
Altitude | 6 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Massaua (ምጽዋዕ en tigriña; مصوع en árabe), é unha cidade de Eritrea, capital do distrito homónimo, na rexión de Semenawi Keyih Bahri (Costa Norte do Mar Vermello).
É o principal porto de Eritrea e está xeralmente considerada como a segunda cidade por importancia do país, despois da capital, Asmara.
Foi a capital da Eritrea italiana de 1890 a 1897.
Xurdida de dúas illas, Massaua e Taulud, está unida a terra firme por dúas presas.
A poucas millas de distacia das illas do porto de Massaua encóntrase a illa Dahlak caracterizada por un ambiente natural virxe; está o suficientemente cerca como para chegar a ela facilmente cos sambuquis (antigos barcos de pesca locais).
A cidade tiña 39 758 habitantes segundo o censo de 2007.
Localización: as rexións de Eritrea
[editar | editar a fonte]Eritrea está dividida en seis rexións administrativas, subdivididas á súa vez en provincias e entidades locais. As seis rexiónes son as seguintes:
- Anseba
- Maakel (Centro)
- Gash-Barka
- Semenawi Keyih Bahri (Costa Norte do Mar Vermello)
- Debub (El Sur)
- Debubawi Keyih Bahri (Costa Sur do Mar Vermello)
No mapa, na rexión Semenawi Keyih Bahri (Costa Norte do Mar Vermello), pódese ver o arquipélago das illas Dahlak.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Temperatura media: 29,5 °C (máxima 46.5 °C)
- Precipitacións anuais: menos de 200 mm (novembro-febreiro)
- Solo: dunas de aena, dunas de coral e evaporitas (solo permeábel)
- Nivel freático: 5–13 m [1]
Actividades económicas
[editar | editar a fonte]- Porto
- Salinas
- Fábrica de cemento
- Canteiras
- Fontes de enerxía: electricidade, madeira e carbón
- Actividades agrícolas: millo, sorgo, millo miúdo, sandía, tomate.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Massaua |