Menachem Begin
(1978) | |
Nome orixinal | (he) מנחם בגין |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de agosto de 1913 Brest (Imperio Ruso) |
Morte | 9 de marzo de 1992 (78 anos) Tel Aviv, Israel |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio xudeu do Monte das Oliveiras |
Minister of Agriculture and Rural Development (en) | |
19 de xuño de 1983 – 10 de outubro de 1983 ← Simha Erlich (pt) – Pesah Grupper (pt) → Gabinete ministerial: Nineteenth government of Israel (en) | |
Minister of Defense (en) | |
14 de febreiro de 1983 – 23 de febreiro de 1983 ← Ariel Sharon – Moshe Arens (pt) → Gabinete ministerial: Nineteenth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
20 de xullo de 1981 – 13 de agosto de 1984 Lexislatura: 10th Knesset (en) | |
Minister of Defense (en) | |
28 de maio de 1980 – 5 de agosto de 1981 ← Ezer Weizman – Ariel Sharon → Gabinete ministerial: Eighteenth government of Israel (en) | |
6º Primeiro ministro de Israel | |
20 de xuño de 1977 – 10 de outubro de 1983 ← Yitzhak Rabin – Yitzhak Shamir → | |
Minister of Communications (en) | |
20 de xuño de 1977 – 24 de outubro de 1977 ← Aharon Uzan (pt) – Meir Amit (pt) → Gabinete ministerial: Eighteenth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
13 de xuño de 1977 – 20 de xullo de 1981 Lexislatura: 9th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
21 de xaneiro de 1974 – 13 de xuño de 1977 Lexislatura: 8th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
17 de novembro de 1969 – 21 de xaneiro de 1974 Lexislatura: 7th Knesset (en) | |
Minister without portfolio (en) | |
5 de xuño de 1967 – 6 de agosto de 1970 Gabinete ministerial: Thirteenth government of Israel (en) , Fifteenth government of Israel (en) , Fourteenth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
22 de novembro de 1965 – 17 de novembro de 1969 Lexislatura: 6th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
25 de maio de 1965 – 22 de novembro de 1965 Lexislatura: 5th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
4 de setembro de 1961 – 25 de maio de 1965 Lexislatura: 5th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
30 de novembro de 1959 – 4 de setembro de 1961 Lexislatura: 4th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
15 de agosto de 1955 – 30 de novembro de 1959 Lexislatura: 3rd Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
20 de agosto de 1951 – 15 de agosto de 1955 Lexislatura: 2nd Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
14 de febreiro de 1949 – 20 de agosto de 1951 Lexislatura: First Knesset (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Facultade de Dereito e Administración da Universidade de Varsovia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xerusalén |
Ocupación | político |
Partido político | Likud Gahal (en) Herut |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Anders (pt) |
Rango militar | cabo (pt) |
Conflito | segunda guerra mundial Invasión de Polonia |
Familia | |
Cónxuxe | Aliza Begin (1939–1982), morte |
Fillos | Benny Begin |
Pais | Zeev Dov e Hassia Biegun |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Menachem Begin, nado en Brest, Belarús o 16 de agosto de 1913 e finado en Xerusalén o 9 de marzo de 1992, foi un político israelí e 6º primeiro ministro de Israel en maio de 1977. Baixo o acobillo do entón presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, Begin negociou en 1978 os acordos de Camp David co presidente de Exipto, Anwar Sadat, polos que Israel devolveu a península de Sinaí a Exipto. Por estes acordos Begin e Sadat recibiron o Premio Nobel da Paz en 1978.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Beguin naceu en Brest-Litovsk (entón en Polonia, hoxe en Belarús), educado no sionismo polo seu pai. Estudou nun colexio hebreo e nun liceo polaco, e aos 16 anos entrou no movemento sionista Betar, creado por Vladimir Jabotinski. Dende 1939 foi líder da organización polaca de Betar.
Ao comezo da segunda guerra mundial refuxiouse en Vilnius, ata que en 1940 a NKVD soviética arrestouno e enviouno a un campo de traballo de Siberia. Liberado en 1941, despois do acordo Sikorski-Mayski, uniuse ás forzas polacas libres establecidas na URSS e baixo o mando de Wladyslaw Anders, en 1942 como soldado desa unidade chega a Palestina. Alí incorpórase ao Irgún, o brazo armado e clandestino do sionismo revisionista, converténdose no seu líder en 1947. Coma tal foi o máximo responsable da destrución do hotel Rei David, cuartel xeral das forzas británicas en Palestina, no que morreron case 100 persoas, así coma do ataque á aldea palestina de Dir Yassin. Trala creación do Estado de Israel funda o partido político Herut, que máis tarde se convertería no partido dominante do Likud, que quedou fóra da corrente xeral do sionismo, defendendo un Israel antisocialista e territorialmente máis grande.
Como primeiro ministro, Begin, foi o artifice do acordo de paz con Exipto que supuña a devolución do Sinaí a Exipto e do desmantelamento dos asentamentos xudeus da zona. A pesar do que o plan de paz establecera unha autonomía palestina, Begin non a aplicou, o que supuxo a dimisión dos ministros Moshé Dayán e Ezer Weizman.
En 1982 Begin autorizou a entrada das Forzas de Defensa Israelís no Líbano. Esta incrusión dividiu fondamente á opinión pública israelí, e propicióu a dimisión de Begin en agosto de 1983, xunto coa morte da súa dona, Aliza.