Aeroporto de Milán-Malpensa
Aeroporto de Milán-Malpensa
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | SEA Aeroporti di Milano | ||
Cidade/Illa | Milán | ||
Localización | Ferno | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17L/35R | 3 920 | 12 861 | asfalto |
17R/35L | 3 920 | 12 861 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 19 320 546 |
O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio,[1] é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes da Lombardía, Piemonte e a Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.
No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros[2] e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.
O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ mxpairport.it (ed.). "Breve storia di Malpensa". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Assaeroporti (ed.). "Statistiche". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Milano-Malpensa (ed.). "Orario stagionale". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ easyJet (ed.). "Voli economici da Milano Malpensa a Fuerteventura". Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ easyJet (ed.). "Mapa delle rotte MXP". Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ http://www.airliners.de/flybe-hannover-verbindung/41250
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/271685/ryanair-w17-new-routes-as-of-05mar17/
- ↑ Liu, Jim (12 September 2017). "UTair plans Milan launch in Dec 2017". Routesonline. Consultado o 12 September 2017.
- ↑ "Qatar Airways to Start Milan-Chicago Freighter Service". Consultado o 2 June 2015.
- ↑ "Swiftair". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 2 June 2015.
- ↑ "Turkish Airlines Cargo Winter Schedule" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2017.