Minas Xerais
Estat de Minas Gerais (pt) | |||||
Himno | Hino de Minas Gerais (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | mina | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Belo Horizonte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.869.101 (2015) (35,58 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua puri (pt) Lingua pataxó Xakriabá (en) Guaraní mbyá Língua maxacali (pt) Língua koropó (pt) Língua crenaque (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 586.514 km² | ||||
Altitude | 1.193 m | ||||
Punto máis alto | Pico da Bandeira (pt) (2.891,32 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Santo padrón | Virxe das Dores | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo de Minas Gerais (pt) | ||||
• Governador (pt) | Romeu Zema (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Minas Gerais (pt) , (Escano: 77) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-MG | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | mg.gov.br | ||||
Minas Xerais (en portugués, Minas Gerais) é o cuarto maior estado do Brasil, cunha extensión semellante á de Francia: 588 384,30 km². Localízase no Sueste e ten coma límites ó norte e nordeste a Baía, ó leste o Espírito Santo, ó sursueste o Estado do Río de Xaneiro, ó sur e suroeste o estado de São Paulo, ó oeste o Mato Groso do Sur e ó noroeste o estado de Goiás.
Historia
[editar | editar a fonte]A exploración da rexión iniciouse no comezo do século XVI, por bandeirantes (exploradores) orixinarios de San Paulo, que buscaban ouro e pedras preciosas. En 1693 as primeiras descubertas importantes de ouro na Serra do Sabaraçu provocaron un grande afluente de persoas. En 1696 fundouse a primeira freguesía, Nosa Señora do Ribeirão do Carmo, que en 1711 tornouse a primeira vila da rexión e actualmente chámase Mariana.
Durante a primeira metade do século XVIII, Minas Xerais tornouse a máis importante rexión económica do Brasil. En 1720 foi separada de San Paulo e tornouse capitanía. Entre tanto, a produción de ouro comezou a caer despois de 1750, o que levou Portugal a buscar medios de aumentar a recadación de impostos, xerando a mecha dunha conspiración coñecida na historia como Inconfidencia Mineira.
Coa independencia do Brasil en 1822, a capitanía volveuse provincia do Imperio. Despois da proclamación da república en 1889, tornouse estado.
Durante o século XIX e comezos do século XX, o café e o gando foron dous importantes produtos na súa economía. Despois da segunda metade do século XX, a minería de ferro, a produción de enerxía hidroeléctrica en Furnas e Tres Marías, a siderurxia e o crecemento de parques industriais en varias cidades (especialmente na rexión metropolitana da capital, ó sur do estado, en Juiz de Fora e no Triângulo Mineiro ó oeste) trouxeron unha acentuada diversificación económica. Hoxe é o terceiro estado en actividade económica do Brasil, despois de San Paulo e case superando o Río de Xaneiro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Minas Xerais esta sita entre os paralelos de 14º13'58" e 22º54'00" de latitude sur, e entre os meridianos de 39º51'32" e 51º02'35" ó oeste de Greenwich. É o segundo Estado brasilleiro en poboación total, con 18 millóns de habitantes. É tamén o Estado brasileiro co maior número de municipios, 853, ou sexa, 15,5% do total de municipios do Brasil.
A súa capital e a cidade máis poboada é Belo Horizonte, con 2,4 millóns de habitantes (máis de 5 millóns na súa rexión metropolitana, chamada Grande Belo Horizonte ou Grande BH). Outras cidades importantes son: Contagem (situada na Grande BH), Uberlândia, Juiz de Fora e Itabira.
Relevo
[editar | editar a fonte]As maiores altitudes están nas serras de Mantiqueira, de Espinhaço, de Canastra e no Parque Nacional do Caparaó, onde hai terreos localizados por riba dos 1700 metros. O punto culminante do estado é o Pico da Bandeira, con 2.891,9 metros de altitude, situado en divisa co estado do Espírito Santo.
Clima
[editar | editar a fonte]Os climas predominantes en Minas Xerais son o tropical e o tropical de altitude. As rexións máis altas e o sur do estado presentan as temperaturas máis baixas, chegando próximas de 0 °C en invernos rigorosos na rexión da Serra da Mantiqueira. Ó sur, sursueste, leste e centro do estado son rexistrados os maiores índices pluviométricos.
Noutro extremo, nas porcións norte e nordeste (parte do sertão brasileiro), as choivas escasas e as altas temperaturas fan esas rexións moi susceptibles á seca.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]O principal río do estado é o São Francisco, que nace na Serra da Canastra a 1200 m de altitude e corta boa parte do estado. Outros ríos importantes son o Paranaíba e o Grande, que forman parte da conca hidrográfica do río Paraná.
Economía
[editar | editar a fonte]O Estado é un importante produtor de café, soia, leite, carne e outros produtos agropecuarios, e tamén de produtos de minería: ferro, aluminio, calcario e outros. Actualmente tamén a industria é moi importante: transformación mineral, siderurxia (aceiro), electrónica, automóbiles (FIAT, Iveco e Mercedes Benz posúen fábricas no estado), ademais de téxtiles, alimentos e bebidas.
Outra actividade importante é o turismo. O Estado, dentre outros, ten como atractivos:
- cidades históricas do período colonial, como Ouro Preto, Mariana, Sabará, Congonhas, São João del Rei, Tiradentes e Diamantina, con súas igrexas, predios públicos e casas ben conservadas
- estáncias de augas minerais, como Araxá, Poços de Caldas, Lambari, Caxambu e outras
- paisaxes naturais preservadas, en seus Parques Nacionais e reservas: Parque Nacional do Caparaó, Parque Nacional da Serra do Cipó, e outros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minas Xerais |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 23 de xuño de 2014 en Wayback Machine.