Saltar ao contido

Mirror Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mirror Ball
Álbum de Neil Young
Publicado27 de xuño de 1995
Gravaciónxaneiro - febreiro de 1995
Estudio(s)Bad Animals Studio, Seattle
Duración55:14
Xénero(s)rock, rock alternativo, grunge
Selo(s)Reprise Records
ProdutorBrendan O'Brien
Cronoloxía
Sleeps with Angels Mirror Ball Dead Man
Na rede
Spotify: 6ae2GvnIQqf0oUf3AQiebC Discogs: 38666 Allmusic: mw0000177187 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mirror Ball é o vixésimo segundo álbum de estudio do músico canadense Neil Young, publicado o 27 de xuño de 1995 a través do selo Reprise Records. O disco conta coa presenza de membros da banda Pearl Jam e foi certificado ouro pola RIAA nos Estados Unidos.

Gravación

[editar | editar a fonte]

As sesións de gravación do álbum tiveron lugar en xaneiro e febreiro de 1995 no Bad Animals Studio, en Seattle, Washington. O traballo foi producido por Brendan O'Brien, que anteriormente traballara nos discos de Pearl Jam Vs. (1993) e Vitalogy (1994).

Neil Young uniuse a Pearl Jam no estudio en Seattle en xaneiro de 1995, once días despois de actuar co grupo nun concerto benéfico polo dereito ao aborto en Washington, D.C.[1] O álbum foi gravado en catro días de tempo de estudio (26 de xaneiro, 27 de xaneiro, 7 de febreiro e 10 de febreiro).[2][3] Young decidiu gravar as cancións ao vivo no estudio. Young trouxo "Song X", "Act of Love" e outros cinco temas ao estudo para gravar nas primeiras sesións de xaneiro.[1][3] Para as sesións de febreiro Young trouxo dous novos temas e compuxo outros dous neses días.[3] Young dixo que todas as cancións, agás "Song X" e "Act of Love", foron compostas no período no que se gravou o disco.[3]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Neil Young, agás "Peace and Love" por Young e Eddie Vedder

N.º Título Duración
1. "Song X"   4:40
2. "Act of Love"   4:54
3. "I'm the Ocean"   7:05
4. "Big Green Country"   5:08
5. "Truth Be Known"   4:39
6. "Downtown"   5:10
7. "What Happened Yesterday"   0:46
8. "Peace and Love"   7:02
9. "Throw Your Hatred Down"   5:45
10. "Scenery"   8:50
11. "Fallen Angel"   1:15
  1. 1,0 1,1 The New York Times (ed.). "The Predictably Unpredictable Neil Young". Consultado o 12 de maio de 2017. 
  2. Libreto do álbum
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Entrevista a Neil Young da revista Mojo". Consultado o 12 de maio de 2017.